DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2007 Páx. 2.884

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 26 de xaneiro de 2007 pola que se fixa o prezo de venda ao público da publicación: Manual de soporte vital avanzado en urgencias prehospitalarias.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que

os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato, e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, de ser o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2007.

Mª José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO

* Manual de soporte vital avanzado en urgencias prehospitalarias: 21 euros.