DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2007 Páx. 2.874

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2007, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, para a realización dunha convocatoria especial de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica para militares profesionais de tropa e mariñeiría da Comunidade Autónoma de Galicia.

Consonte o artigo 2 da Orde do 1 de abril de 2002 (DOG do 12 de abril) pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica, e a Orde do 30 de xaneiro, pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2002, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocará, polo menos unha vez por ano, unha proba para o acceso aos ciclos formativos que se impartan na Comunidade Autónoma de Galicia. A esta proba unicamente poderán concorrer aquelas persoas que non reúnan os requisitos académicos que permitan o acceso directo aos ciclos formativos.

O artigo 4 da citada Orde do 1 de abril de 2002 establece que, para atender á demanda de colectivos específicos de traballadores e traballadoras que non reúnan as condicións académicas necesarias, as delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderanlle solicitar a realización de convocatorias especiais á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

Recibida a solicitude de convocatoria especial da Delegación Provincial da Coruña, coa finalidade de facilitar o acceso de militares profesionais de tropa e mariñeiría na Comunidade Autónoma de Galicia, e tendo en conta que nas datas ordinarias os buques están a navegar, polo que unha porcentaxe moi elevada do alumnado que está a preparar as probas non se podería presentar, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Convocatoria.

Anunciar a convocatoria especial de proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica para militares profesionais de tropa e mariñeiría con destino nos acuartelamentos da Comunidade Autónoma de Galicia que na actualidade están a preparar este exame de acceso nos cursos que se imparten neses cuarteis, e que terá lugar o día 13 de abril no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, de Ferrol.

Segundo.-Contidos da proba.

A proba de acceso consta de dúas partes:

Parte xeral: neste exercicio a persoa aspirante deberá acreditar a madureza en relación cos obxectivos do bacharelato, nomeadamente en contidos procedementais de:

Lingua galega e literatura.

Lingua castelá e literatura.

Lingua estranxeira (opción de inglés ou francés).

Matemáticas.

A cualificación da área lingüística determinarase mediante o cálculo da media aritmética das puntuacións acadadas en cada unha das tres materias que a integran: lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e lingua estranxeira (opción de inglés ou francés).

A cualificación da parte xeral será a media aritmética das cualificacións obtidas nas áreas lingüística e de matemáticas.

Parte específica: a persoa aspirante deberá acreditar a súa capacidade de formación profesional de base relacionada co campo profesional do ciclo formativo a que solicita acceder. Esta parte avaliará os coñecementos en relación coas materias que se indican na segunda columna do anexo II desta resolución. A persoa aspirante realizará a materia ou as materias que lle permitan o acceso ao ciclo formativo que desexe cursar dentro dos ofrecidos nesta comunidade autónoma. A cualificación desta parte específica determinarase calculando a media aritmética das puntuacións obtidas en cada unha das materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo para o cal se solicitara a proba de acceso.

A proba de acceso cualificarase numericamente entre cero e dez para cada unha das partes. A nota final da proba calcularase sempre que se obteña polo menos unha puntuación de catro en cada unha das partes e será a media aritmética destas, expresada con dous decimais. Será positiva a cualificación de cinco puntos ou superior.

Non se terá en conta para o cálculo da nota final a exención da materia de lingua galega e literatura, nin a exención da materia ou das materias da parte específica da proba. No caso de exención total da proba a cualificación final será de 5,00.

Terceiro.-Exencións das probas de acceso.

A solicitude de exención parcial ou total deberase formular no momento da inscrición para a proba. Quen a solicite farao constar no anexo VII da Orde do 30 de xaneiro de 2007, pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2002, pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica, e achegará xunto coa súa solicitude a documentación que corresponda.

1. Quedarán exentas da realización da proba as persoas que acrediten ter superadas totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Para solicitar esta exención, deberanse inscribir previamente para a proba e facelo constar na súa folla de inscrición. A documentación achegada debe acreditar que se superaron totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

2. Poderán quedar exentas da parte específica as persoas que acrediten, polo menos, un ano de experiencia laboral en campos profesionais que se correspondan cos estudos que se pretenda cursar. A solicitude desta exención deberase formular no momento da inscrición e irá acompañada da seguinte documentación:

-Certificación da empresa, segundo o anexo III, onde se fagan constar especificamente as actividades laborais desenvolvidas pola persoa interesada relacionadas co campo profesional que se corresponda

cos estudos que pretenda cursar, e número de horas dedicadas a elas. En caso de traballadores e traballadoras por conta propia, certificación de alta no imposto de actividades económicas e, de ser o caso, xustificantes do seu pagamento.

Certificación da Tesouraría da Seguridade Social ou da mutualidade laboral en que se estivese afiliado ou afiliada, onde conste a empresa e o período de contratación. No caso de persoal das Forzas Armadas, certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual, en que consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio.

A resolución sobre a exención correspóndelle ao tribunal avaliador que se indica na epígrafe sexta, punto dous, da Orde do 1 de abril de 2002. Deberáselle incorporar ao expediente do alumno ou da alumna unha copia da resolución (anexo V da devandita orde).

3. Consonte o Decreto 79/1994, do 8 de abril (DOG do 15 de abril), sobre exención da materia de lingua galega, e a Orde do 30 de xuño de 1994 (DOG do 4 de agosto), que o desenvolve, o alumnado que se incorpore ao sistema educativo de Galicia procedente doutras comunidades autónomas ou do estranxeiro poderá obter a exención das probas de avaliación da materia de lingua galega.

En virtude do Decreto 239/1997, do 10 de setembro (DOG do 12 de setembro), sobre desconcentración e delegación de competencias en determinados procedementos para a implantación do Servizo de Resposta Inmediata (creado e regulado polo Decreto 216/1997, do 30 de xullo), delegaranse nos directores e nas directoras dos centros públicos de ensino primario e de ensino secundario as competencias sobre exención da materia de lingua galega que ata agora lles correspondían ás delegación provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Con base na normativa anteriormente exposta, o alumnado que se presente ás probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica e que solicite a exención de lingua galega deberao facer constar expresamente no momento de realizar a inscrición para as probas, e presentar a seguinte documentación:

-Anexo I da Orde do 30 de xuño de 1994, asinado polo alumno ou a alumna, no cal se exporán as razóns polas que se solicita a exención.

-Fotocopia compulsada do expediente académico ou do libro de escolaridade da persoa solicitante correspondente aos catro últimos anos académicos en que estivese matriculada, ou informe da dirección do centro en que se explique a súa situación durante ese período.

-Fotocopia compulsada das páxinas do libro de escolaridade onde consten as altas e as baixas en centros nos catro últimos anos académicos cursados, ou informe da dirección do centro que acredite tal aspecto.

-Acreditación do traslado de residencia do alumno ou a alumna, e dos seus proxenitores ou titores para fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, se a soli

citude se basea no establecido no artigo 2.4º do Decreto 79/1994.

-Certificación do organismo oficial correspondente en que se acredite o grao de deficiencia da persoa solicitante, se a solicitude se basea no disposto no artigo 4 do Decreto 79/1994 e no artigo 12.1º da Orde do 30 de xuño de 1994.

O director ou a directora do centro onde se presentase a documentación deberá resolver sobre esta exención e enviala, xunto co resto das solicitudes de exención, á Subdirección Xeral de Formación Profesional nos prazos previstos para a súa incorporación á aplicación informática de xestión das probas de acceso.

Cuarto.-Probas de acceso adaptadas ás persoas que acrediten discapacidades.

As persoas solicitantes de proba adaptada deberán cubrir o anexo I desta resolución e presentar o correspondente certificado acreditativo de minusvalidez emitido polos equipos de valoración e orientación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, ademais do seu ditame técnico facultativo. O tribunal único da avaliación de probas, nomeado pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, avaliará o grao de discapacidade e, de ser o caso, adaptará a proba de acceso que deban superar as persoas aspirantes, que, en todo caso, deberá respectar o esencial dos obxectivos fixados nos decretos que regulan os currículos das materias da proba.

Quinto.-Inscrición e realización das probas de acceso.

1. A inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica farase na secretaría do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, de Ferrol, no prazo comprendido entre os días 1 e 9 de marzo de 2007, ambos os dous incluídos. Como modelo de folla de inscrición para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, empregarase o anexo VII da Orde do 30 de xaneiro, pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2002. Ademais de recoller a documentación, o centro cargará os datos de inscrición na aplicación informática facilitada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais ata as 12.00 horas do 12 de marzo.

2. As persoas que soliciten proba adaptada deberán cubrir o anexo I e presentarán a documentación indicada no artigo 4º desta resolución.

3. A relación provisional de persoas inscritas para a proba exporase no taboleiro de anuncios do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro o día 13 de marzo de 2007. Poderase presentar documentación complementaria e reclamacións contra a listaxe provisional os días 14 e 15 de marzo, ambos os dous incluídos. A relación definitiva de persoas inscritas farase pública o día 16 de marzo.

4. Na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp poderase consultar información personalizada en calquera momento do proceso, cunha identificación previa.

5. De detectárense erros no número do documento de identificación (DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade da Unión Europea), poderase soli

citar a súa corrección en calquera momento a través dunha reclamación, segundo o modelo de solicitude dispoñible no anexo IV desta resolución e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp. Esta solicitude deberá ir acompañada dunha fotocopia do documento de identificación e estar asinada polo director ou a directora do centro, quen enviará por vía de urxencia a reclamación orixinal presentada na secretaría do centro á Subdirección Xeral de Formación Profesional. Non cumprirá que o centro realice trámite adicional ningún coa aplicación informática.

6. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria elaborará as probas de acceso aos ciclos formativos, consonte o establecido na Orde do 1 de abril de 2002.

7. As probas de acceso terán lugar o día 13 de abril no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, de Ferrol, no horario que se indica a seguir:

Parte xeral da proba:

Ás 9.00 horas: presentación.

Das 9.30 ás 11.30 horas: área lingüística (lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e lingua estranxeira, coa opción de francés ou inglés).

Das 12.00 ás 13.30 horas: área de matemáticas.

Parte específica da proba:

A partir das 16.00 horas, materias específicas da opción vinculada co ciclo formativo para o que se solicitou a proba de acceso, segundo o anexo II desta resolución.

A duración máxima para cada materia desta parte será de dúas horas.

Sexto.-Tramitación de solicitudes.

1. O CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro cargará os datos de inscrición na aplicación informática facilitada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais á medida que se presenten as solicitudes. Haberá de prazo ata as 12.00 horas do día 12 de marzo para resolver as incidencias da carga de datos na aplicación. O día 13 de marzo publicarase a listaxe provisional de persoas admitidas no taboleiro de anuncios do centro e no enderezo http://www.edu.xunta.es/fp.

2. O prazo de reclamación abranguerá desde o día 14 ao 15 de marzo. O centro introducirá as modificacións das solicitudes como consecuencia da presentación de documentación complementaria no mesmo momento en que se presenten. Terá de prazo ata o día 16 ás 14.00 horas para resolver as incidencias na carga de datos na aplicación. O día 16 de marzo publicarase a listaxe definitiva de alumnado admitido no taboleiro de anuncios do centro e no enderezo http://www.edu.xunta.es/fp.

3. No caso do alumnado que solicite exención total, exención de lingua galega ou proba adaptada, a documentación correspondente ás persoas solicitantes deberase remitir á Subdirección Xeral de Formación Profesional pola vía de urxencia, e a dirección do centro garantirá a súa recepción o día 20 de marzo. A documentación das persoas que non soliciten exención arquivarase no propio centro educativo.

Sétimo.-Resolución de exencións e proba adaptada, cualificación da proba e reclamacións.

1. A resolución provisional de exencións e proba adaptada publicarase o día 22 de marzo de 2007 no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro e no enderezo http://www.edu.xunta.es/fp.

2. Contra a resolución provisional de exencións e proba adaptada poderase presentar reclamación ante o presidente ou a presidenta do tribunal único no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, os días 23 e 26 de marzo. O centro enviará as reclamacións presentadas contra a resolución provisional das exencións da proba e proba adaptada, por vía de urxencia, á Subdirección Xeral de Formación Profesional, e asegurará a súa recepción o día 29 de marzo. A resolución definitiva publicarase o día 30 de marzo no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro e no enderezo http://www.edu.xunta.es/fp.

3. O resultado das cualificacións provisionais das probas de acceso a ciclos formativos publicarase no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, e na internet, no enderezo http://www.edu.xunta.es/fp, o 18 de abril de 2007.

4. Contra a cualificación provisional da proba de acceso o alumnado poderá presentar reclamación ante o presidente ou a presidenta do tribunal único os días 19 e 20 de abril. O centro enviará por vía de urxencia á Subdirección Xeral de Formación Profesional as reclamacións presentadas contra a cualificación provisional, e asegurará a súa recepción antes das 12.00 horas do 24 de abril.

5. A cualificación definitiva publicarase o 25 de abril no taboleiro de anuncios do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro e no enderezo http://www.edu.xunta.es/fp.

6. Contra as resolucións de exención, proba adaptada e cualificacións definitivas da proba de acceso poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, no xeito previsto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. A resolución deste recurso, que pon fin á vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

7. A superación da proba acreditarase mediante unha certificación, segundo o modelo que figura no anexo II da Orde do 1 de abril de 2002, que será expedida pola secretaría do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro. A certificación de ter superada a proba terá validez como requisito de acceso en todo o Estado, e manterá a súa vixencia sempre que non se modifique o título e as ensinanzas correspondentes ao ciclo formativo.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2007

Antonio Vázquez Vázquez

Director xeral de Formación Profesional

e Ensinanzas Especiais

ANEXO II

Materias da parte específica da proba das cales

cómpre examinarse para o acceso a cada ciclo

formativo de grao superior

CICLOS FORMATIVOSMATERIAS DA PARTE ESPECÍFICA

DA PROBA

ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOSECONOMÍA E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS

ADMINISTRACIÓN E FINANZASECONOMÍA E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS

ALOXAMENTOECONOMÍA E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS

ANÁLISE E CONTROLQUÍMICA

BIOLOXÍA

FÍSICA

ANATOMÍA PATOLÓXICA E CITOLOXÍABIOLOXÍA

ANIMACIÓN DE ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVASBIOLOXÍA

ANIMACIÓN SOCIOCULTURALHISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO

ANIMACIÓN TURÍSTICAECONOMÍA E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA

ASESORÍA DE IMAXE PERSOALHISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO

AUDIOPRÓTESEFÍSICA

AUTOMOCIÓNELECTROTECNIA

MECÁNICA

AXENCIAS DE VIAXESXEOGRAFÍA

ECONOMÍA E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS

COMERCIO INTERNACIONALECONOMÍA E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS

CONSTRUCIÓNS METÁLICASDEBUXO TÉCNICO

MECÁNICA

CURTIDOSDEBUXO TÉCNICO

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

QUÍMICA

DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS INFORMÁTICASMATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS II

DESENVOLVEMENTO DE PRODUTOS ELECTRÓNICOSELECTROTECNIA

DESENVOLVEMENTO DE PRODUTOS EN CARPINTARÍA E MOBLEDEBUXO TÉCNICO

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE INSTALACIÓNS DE FLUÍDOS, TÉRMICAS E DE MANUTENCIÓNELECTROTECNIA

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS MECÁNICOSDEBUXO TÉCNICO

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

CICLOS FORMATIVOSMATERIAS DA PARTE ESPECÍFICA

DA PROBA

DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS URBANÍSTICOS E OPERACIÓNS TOPOGRÁFICASDEBUXO TÉCNICO

DESENVOLVEMENTO E APLICACIÓN DE PROXECTOS DE CONSTRUCIÓNDEBUXO TÉCNICO

MECÁNICA

DESENVOLVEMENTO E FABRICACIÓN DE PRODUTOS CERÁMICOSQUÍMICA

DESEÑO E PRODUCIÓN EDITORIALDEBUXO TÉCNICO

DIETÉTICABIOLOXÍA

DOCUMENTACIÓN SANITARIABIOLOXÍA

EDUCACIÓN INFANTILBIOLOXÍA E XEOLOXÍA

ESTÉTICABIOLOXÍA

FABRICACIÓN DE PRODUTOS FARMACÉUTICOS E AFÍNSQUÍMICA

BIOLOXÍA

FÍSICA

FABRICACIÓN E TRANSFORMACIÓN DE PRODUTOS DE VIDROQUÍMICA

HIXIENE BUCODENTALBIOLOXÍA

IMAXEFÍSICA

IMAXE PARA O DIAGNÓSTICOBIOLOXÍA

INDUSTRIA ALIMENTARIAQUÍMICA

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

INDUSTRIAS DE PROCESO DE PASTA E PAPELQUÍMICA

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

FÍSICA

INDUSTRIAS DE PROCESO QUÍMICOQUÍMICA

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

FÍSICA

INFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN TURÍSTICAXEOGRAFÍA

HISTORIA DA ARTE

INSTALACIÓNS ELECTROTÉCNICASELECTROTECNIA

INTEGRACIÓN SOCIALHISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO

INTERPRETACIÓN DA LINGUA DE SIGNOSSEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA (INGLÉS)

LABORATORIO DE DIAGNÓSTICO CLÍNICOBIOLOXÍA

MANTEMENTO AEROMECÁNICOELECTROTECNIA

MECÁNICA

MANTEMENTO DE AVIÓNICAELECTROTECNIA

MANTEMENTO DE EQUIPAMENTO INDUSTRIALELECTROTECNIA

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

MANTEMENTO E MONTAXE DE INSTALACIÓNS DE EDIFICIO E PROCESOELECTROTECNIA

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

NAVEGACIÓN, PESCA E TRANSPORTE MARÍTIMODEBUXO TÉCNICO

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

CICLOS FORMATIVOSMATERIAS DA PARTE ESPECÍFICA

DA PROBA

ÓPTICA DE ANTEOLLOSFÍSICA

ORTOPROTÉSICADEBUXO TÉCNICO

PATRONAXEDEBUXO TÉCNICO

PLÁSTICOS E CAUCHODEBUXO TÉCNICO

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

QUÍMICA

PREVENCIÓN DE RISCOS PROFESIONAISBIOLOXÍA

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

PROCESOS DE CONFECCIÓN INDUSTRIALDEBUXO TÉCNICO

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

PROCESOS DE ENNOBRECEMENTO TÉXTILDEBUXO TÉCNICO

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

QUÍMICA

PROCESOS TÉXTILES DE FIADURA E TECEDURA DE CALADADEBUXO TÉCNICO

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

PROCESOS TÉXTILES DE TECEDURA DE PUNTODEBUXO TÉCNICO

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

PRODUCIÓN ACUÍCOLAQUÍMICA

BIOLOXÍA

PRODUCIÓN DE AUDIOVISUAIS, RADIO E ESPECTÁCULOSECONOMÍA E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS

PRODUCIÓN DE MADEIRA E MOBLEDEBUXO TÉCNICO

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

PRODUCIÓN EN INDUSTRIAS DE ARTES GRÁFICASDEBUXO TÉCNICO

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

PRODUCIÓN POR FUNDICIÓN E PULVIMETALURXIADEBUXO TÉCNICO

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

PRODUCIÓN POR MECANIZADODEBUXO TÉCNICO

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

CICLOS FORMATIVOSMATERIAS DA PARTE ESPECÍFICA

DA PROBA

PRÓTESES DENTAISDEBUXO TÉCNICO

QUÍMICA AMBIENTALQUÍMICA

BIOLOXÍA

FÍSICA

RADIOTERAPIABIOLOXÍA

REALIZACIÓN DE AUDIOVISUAIS E ESPECTÁCULOSFÍSICA

REALIZACIÓN E PLANS DE OBRADEBUXO TÉCNICO

MECÁNICA

RESTAURACIÓNECONOMÍA E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS

SAÚDE AMBIENTALBIOLOXÍA

CIENCIAS DA TERRA E DO AMBIENTE

SECRETARIADOECONOMÍA E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA

SERVIZOS AO CONSUMIDORECONOMÍA E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS

SISTEMAS DE REGULACIÓN E CONTROL AUTOMÁTICOSELECTROTECNIA

SISTEMAS DE TELECOMUNICACIÓN E INFORMÁTICOSELECTROTECNIA

SONFÍSICA

SUPERVISIÓN E CONTROL DE MÁQUINAS E INSTALACIÓNS DO BUQUEELECTROTECNIA

MECÁNICA

XESTIÓN COMERCIAL E MÁRKETINGECONOMÍA E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS

XESTIÓN DO TRANSPORTEECONOMÍA E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS

XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS AGROPECUARIASBIOLOXÍA

CIENCIAS DA TERRA E DO AMBIENTE

XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DE RECURSOS NATURAIS E PAISAXÍSTICOSBIOLOXÍA

CIENCIAS DA TERRA E DO AMBIENTE