DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2007 Páx. 2.824

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2007 pola que se convoca un curso sobre medición de ruídos.

Dentro das actividades programadas para o ano 2007, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, de creación da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a celebración dun curso sobre medición de ruídos, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer a normativa actualizada sobre protección acústica.

-Introducir os alumnos nos conceptos fundamentais sobre acústica e as súas características.

-Proporcionar a información suficiente para manexar e entender a terminoloxía relacionada coas medicións acústicas e o manexo e mantemento de sonómetros e aparellaxe técnica asociada ás medicións do ruído.

-Dotar os participantes dos coñecementos suficientes para avaliar unha situación acústica, facer medicións e elaborar informes.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos da policía local de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 12 de marzo de 2007, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberanse enviar á Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 21 ao 23 de marzo.

O horario será das 9.30 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.00 horas, excepto o día 23 que será das 9.30 ás 13.30 horas.

Contido.

-A protección acústica desde o punto de vista normativo e administrativo.

-Fundamentos básicos da acústica.

-Instrumentos de medición.

-Parámetros de avaliación acústica e elaboración de informes.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 15 de marzo a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade Pública e na páxina web http://agasp.xunta.es, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41.

Lugar.

O curso desenvolverase na Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nel.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 13 de febreiro de 2007.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

Pública