DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2007 Páx. 2.823

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2007 pola que se convoca un seminario de normativa sobre armas, explosivos e artificios pirotécnicos.

Dentro das actividades programadas para o ano 2007, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a celebración dun seminario de normativa sobre armas, explosivos e artificios pirotécnicos, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer a normativa relacionada coa temática de armas, explosivos e artificios pirotécnicos.

-Actualizarse na temática que afecta as forzas e corpos de seguridade e en especial a Policía Local.

Destinatarios.

O seminario vai dirixido aos membros das forzas e corpos de seguridade e colectivos interesados na súa temática.

Inscrición e admisión.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta. A admisión realizarase por rigorosa orde de entrada de solicitudes no rexistro da Academia Galega de Seguridade Pública.

Prazas.

80 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste seminario deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 14 de marzo de 2007, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviárselle á Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entre

38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O seminario realizarase o día 22 de marzo.

O horario será das 9.30 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.00 horas, cunha duración de 8 horas lectivas.

Contido.

1. Armas e explosivos, introdución e concienciación.

2. Consideracións de interese policial e análises de casuística operativa sobre armas para a Policía Local.

3. Conceptos básicos sobre o Regulamento de explosivos.

4. Ideas xerais sobre o Regulamento de armas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 19 de marzo a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade Pública e na páxina web http://agasp.xunta.es, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41.

Lugar.

O seminario desenvolverase na Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do seminario entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento do seminario para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 13 de febreiro de 2007.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

Pública