DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2007 Páx. 2.801

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

ORDE do 31 de xaneiro de 2007 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2007, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria.

A Comunidade Autónoma de Galicia, desde o 1 de xaneiro de 1998, mediante o Decreto 289/1997, ten asumida a transferencia da xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, o emprego e a formación, e a través dos Decretos 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia e mais o Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a súa estrutura orgánica, a Consellería de Traballo asume o exercicio das competencias e funcións, entre outras materias, no relativo ás políticas activas de emprego.

A aplicación das políticas activas de emprego segue as directrices europeas de emprego elaboradas pola Comisión Europea co fin de lograr unha estratexia de acción común. Estas directrices poñen especial fincapé na importancia da creación de postos de traballo a nivel local desde a perspectiva de que existen novos viveiros de emprego susceptibles de xerar novos postos de traballo, sendo no ámbito local onde se atopan as maiores posibilidades de detección e aproveitamento en beneficio do emprego.

Consecuentemente con estas previsións e á espera da implantación e do desenvolvemento do novo modelo de Servizo Público de Emprego acordado entre a Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a UGT-Galicia e o S.N. de CC.OO., no marco do Diálogo Social en Galicia, os programas de cooperación tratan de dar un enfoque global ás liñas de fomento do emprego público ou institucional, desde a dobre perspectiva de dinamización e xeración de novas actividades no medio local e rural e de servir de ferramenta para a mellora da empregabilidade, a través da adquisición de experiencia profesional das persoas traballadoras desempregadas que participen neles, en coherencia co segundo grande obxectivo fixado para o novo modelo de Servizo Público de Emprego, cal é a mellora das posibilidades de colocación das persoas desempregadas. Nesa mesma liña de trasladar ás ordes de convocatoria de 2007 os acordos acadados no marco do Diálogo Social en Galicia, priorizaranse aqueles

programas de cooperación que xurdan como consecuencia da aparición de pactos territoriais de emprego, entendidos como un terceiro ámbito de par

ticipación para a planificación e xestión coordinada do conxunto dos recursos públicos que se destinan ao emprego nunha área xeográfica determinada.

Tendo en conta o exposto, nesta convocatoria recóllense aquelas liñas de axuda que, integradas nos anteditos programas, se dirixen tanto ás entidades locais como ás administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro. Así, a orde estrutúrase en tres capítulos: o capítulo I recolle as disposicións comúns ás distintas liñas de axuda obxecto desta orde; o capítulo II, as normas específicas que rexen o outorgamento das subvencións dirixidas ás entidades locais -contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as e fomento do desenvolvemento local-; mentres que o capítulo III, dirixido ás administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, recolle aquelas liñas de axuda que se dirixen especificamente a este tipo de entidades -contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as e de axentes de emprego e unidades de apoio para a creación de emprego-.

Continuando coa liña iniciada en 2006 e en cumprimento da planificación presentada ante o Comité Autonómico de Emprego, na súa reunión do día 21 de novembro de 2006, mantéñense criterios obxectivos para a distribución territorial dos fondos e establécense as porcentaxes indicativas dos colectivos prioritarios de beneficiarios/as das políticas activas de emprego, en coherencia co Acordo sobre Obxectivos e Medidas de Emprego de Galicia subscrito como resultado do Diálogo Social en Galicia, que establece os obxectivos que hai que acadar en materia de emprego, na liña da converxencia coa media do Estado e coa de Europa, e as medidas e recursos que se implementarán cara á consecución dos obxectivos.

Como novas máis salientables cómpre sinalar que no texto articulado se inclúen medidas tendentes a garantir o cumprimento das disposicións previstas no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006 e no artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, no relativo á publicación das axudas concedidas.

Noutra orde de cousas, esta convocatoria axústase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia; no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e, en concreto, no relativo aos principios de concorrencia, publicidade, transparencia, igualdade e non-discriminación na concesión das axudas.

De conformidade co previsto no citado texto refundido, o financiamento das axudas previstas no capítulo II desta orde realizarase con cargo ás aplicacións orzamentarias 16.02.322A.460 da Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, por un importe global de 34.242.829 A e as previstas no capítulo III financiaranse de igual xeito, con cargo ás aplicacións 16.02.322A.400, 16.02.322A.402, 16.02.322A.403, 16.02.322A.439, 16.02.322A.440, 16.02.322A.442, 16.02.322A.443, 16.02.322A.444, 16.02.322A.445 e 16.02.322A.481 deste, por un importe de 50.000, 50.000, 480.240, 463.880, 500.000, 50.000, 375.000, 3.586.890, 100.000 e 13.632.726 A, respectivamente.

Estes créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que establezan a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Consecuentemente con todo o anterior, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo do informe favorable da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas e da Intervención Delegada, e, en exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións comúns

Artigo 1º.-Obxecto e financiamento.

1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto a convocatoria pública en réxime de concorrencia competitiva como a execución dos programas de axudas da Consellería de Traballo sinalados nos parágrafos seguintes, que, baixo a rúbrica xeral de programas de cooperación, están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego por parte das entidades locais, administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro.

2. No ámbito dos programas de cooperación con entidades locais establécense as seguintes liñas de axuda:

a) Subvencións para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as e mulleres vítimas de violencia para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social.

b) Subvencións para a realización de estudos de mercado e campañas para o desenvolvemento local.

3. No ámbito dos programas de cooperación con administracións públicas distintas da local, univer

sidades e entidades sen ánimo de lucro establécense as seguintes liñas de axuda:

a) Subvencións para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as e mulleres vítimas de violencia para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social.

b) Subvencións para a contratación ou prórroga da contratación de axentes de emprego e unidades de apoio.

4. O financiamento destes programas efectuarase con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2007, a través dos créditos consignados nas aplicacións 16.02.322A.400, 16.02.322A.402, 16.02.322A.403, 16.02.322A.439, 16.02.322A.440, 16.02.322A.442, 16.02.322A.443, 16.02.322A.444, 16.02.322A.445, 16.02.322A.460 e 16.02.322A.481, polos importes globais de 50.000, 50.000, 480.240, 463.880, 500.000, 50.000, 375.000, 3.586.890, 100.000, 34.242.829 e 13.632.726 A, respectivamente.

5. A distribución de créditos para o financiamento das axudas e subvencións previstas na sección I do capítulo II desta orde será directamente proporcional ao número de persoas paradas e á evolución do paro rexistrado no período 2002-2006 e inversamente coa evolución da poboación no citado período.

6. As axudas concedidas ao abeiro desta orde están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, debéndose someter as entidades ao cumprimento das obrigas relacionadas coas medidas de publicidade impostas polo Regulamento da Comisión (CE) número 1159/2000, do 30 de maio.

7. A concesión e gozo destas axudas non suporá, en ningún caso, relación contractual ou laboral coa Xunta de Galicia.

Artigo 2º.-Entidades beneficiarias.

1. Poderán ser beneficiarias das axudas e subvencións previstas no capítulo II desta orde as entidades locais ou entidades públicas dependendentes ou vinculadas a unha Administración local que dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos.

2. Poderán ser beneficiarios/as das axudas e subvencións previstas no capítulo III desta orde, os órganos e organismos das entidades públicas dependentes ou vinculadas ás administracións públicas distintas da local e ás universidades, así como as entidades sen ánimo de lucro que dispoñan de recoñecida solvencia e capacidade técnica e de xestión suficientes para a correcta execución dos correspondentes proxectos.

En ningún caso serán obxecto de subvención aquelas solicitudes presentadas polas entidades sen ánimo de lucro coa finalidade de executar obras.

3. Non poderán ser beneficiarias as entidades que esten incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 3º.-Presentación de solicitudes e procedemento.

1. As solicitudes formalizaránse no modelo oficial que figura como anexo I desta orde, que a todos os efectos se entenderá como parte integrante desta, e dirixiranse aos órganos competentes para a súa resolución de conformidade co disposto no artigo 4.1º, podendo presentarse no Rexistro Xeral da Consellería de Traballo e das súas delegacións provinciais, así como en calquera outro rexistro da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, da Administración Xeral do Estado, dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan subscrito o oportuno Convenio (portelo único) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os modelos de solicitude, independentemente da súa publicación como anexos a esta orde, poden atoparse na páxina web institucional da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na páxina de emprego.

2. Para os efectos do disposto na disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006 e no artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, mediante a presentación da solicitude de subvención e a sinatura do anexo I, a entidade interesada presta expresamente o seu consentimento á Consellería de Traballo para incluír e facer públicos nos referidos rexistros e páxina web os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como as sancións impostas. De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, poderán exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, consulta, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido á Consellería de Economía e Facenda.

3. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, agás as solicitudes de axudas e subvencións para a contratación de mulleres vítimas de violencia, que poderán presentarse ao longo de todo o ano.

4. As solicitudes, que en todo caso deberán ser subscritas pola persoa titular ou representante legal da entidade beneficiaria, coa debida acreditación, deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

I. Axudas reguladas no capítulo II. Programas de cooperación con entidades locais:

A) Documentación común:

-Fotocopia compulsada da tarxeta de identificación fiscal da entidade solicitante.

-Ficha de transferencia bancaria, no modelo que se publica como anexo VI.

-Declaración en que se recolla o conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes, no modelo que se publica como anexo VII.

-Declaración responsable de cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no modelo que se publica como anexo VIII.

B) Documentación específica:

B.1) Sección I. Contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as:

a) Certificación do secretario ou secretaria da entidade local en que consten os seguintes extremos:

-A representación que desempeña a persoa que asina a solicitude.

-A aprobación da solicitude de subvención.

-A disposición de financiamento para as partidas orzamentarias que sexan financiadas por aquela.

-As retribucións salariais brutas dos traballadores e traballadoras, en cómputo mensual, desagregadas por conceptos, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e mais as cotizacións empresariais á Seguridade Social, con referencia da publicación oficial do convenio colectivo que resulte de aplicación.

b) Memoria explicativa, redactada polo/a axente de emprego e desenvolvemento local da entidade local, se o hai, en que necesariamente debe figurar:

-Un estudo actualizado da estrutura do paro por colectivos do seu ámbito territorial.

-A vinculación dos programas de cooperación solicitados coa estrutura do paro do ámbito territorial, cos colectivos a que van dirixidos e cos recursos e potencialidades da zona, apuntando os aspectos positivos que, previsiblemente, terá a posta en práctica dos programas no desenvolvemento económico e social do territorio.

c) Unha memoria de cada obra ou servizo, no modelo que se publica como anexo II, xunto co proxecto e planos cando o tipo de obra así o exixa.

B.2) Sección II. Estudos de mercado e campañas para o desenvolvemento local:

a) Certificación do secretario ou secretaria da entidade solicitante en que conste:

-A representación que desempeña a persoa que asina a solicitude.

-A disposición de financiamento para custear a parte do estudo, informe ou campaña non subvencionada pola Consellería de Traballo.

-A aprobación, polo órgano competente, do proxecto para o que se solicita a subvención.

b) Memoria descritiva, no modelo que se publica como anexo V do estudo, informe ou campaña obxecto de subvención, na que se fará constar:

-Denominación concreta do estudo, informe ou campaña.

-Obxectivos que se pretenden.

-Custo total.

II. Axudas reguladas no capítulo III. Programas de cooperación con administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro:

A) Documentación común:

a) Acreditación da representación que desempeña a persoa que asina a solicitude, fotocopia compulsada do seu documento nacional de identidade e, no caso de entidades sen ánimo de lucro, ademais fotocopia compulsada da documentación do apoderamento.

b) Fotocopia compulsada da tarxeta de identificación fiscal da entidade solicitante.

c) Fotocopia compulsada da escritura pública e/ou dos estatutos de constitución da entidade solicitante en que resulte acreditada a ausencia de ánimo de lucro, para os supostos en que tivese esa natureza.

d) Ficha de transferencia bancaria, no modelo que se publica como anexo VI.

e) Unha declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes, no modelo que se publica como anexo VII.

f) Declaración responsable de cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no modelo que se publica como anexo VIII.

B) Documentación específica:

B.1) Sección I. Contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as:

-Unha memoria de cada obra ou servizo que se vai realizar, no modelo que se publica como anexo II, acompañada do proxecto e planos cando o tipo de obra así o exixa.

B.2) Sección II. Contratación de axentes de emprego e unidades de apoio:

-Unha memoria, no modelo que se publica como anexo III e/ou IV, segundo proceda, fundamentando a solicitude, incluíndo unha descrición dos obxectivos perseguidos coa contratación, as tarefas que

teña que desempeñar o/a axente de emprego e, se é o caso, a composición e funcións que vai desempeñar a unidade de apoio.

5. Cando os documentos exixidos xa estivesen en poder da Dirección Xeral de Promoción do Emprego e non se producisen modificacións no seu contido, a entidade solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar esta circunstancia e non transcorreran máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que corresponda.

6. Se do exame do expediente se comproba que non reúne os requisitos necesarios ou non achega a totalidade da documentación esixida, requirirase a persoa solicitante para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, de acordo co disposto no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se considerará que desistiu a súa petición, logo da correspondente resolución que deberá dictarse nos termos previstos no artigo 42 da mesma lei.

Artigo 4º.-Competencia e resolución.

1. A competencia para coñecer e resolver as solicitudes de axudas e subvencións presentadas ao abeiro desta orde, por delegación do conselleiro de Traballo, corresponderalles:

a) Aos delegados e ás delegadas provinciais cando se refiran á contratación, por parte das entidades locais, de traballadores e traballadoras desempregados/as e mulleres vítimas de violencia.

b) Ao director xeral de Promoción do Emprego cando se refiran á contratación, por parte de administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, de traballadores e traballadoras desempregados/as, mulleres vítimas de violencia, axentes de emprego e unidades de apoio, así como no caso das subvencións a entidades locais para a realización de estudos de mercado e campañas para o desenvolvemento local.

2. O procedemento de concesión de axudas será o de concorrencia competitiva.

3. O órgano instrutor dos expedientes será o servizo competente en materia de emprego da respectiva delegación provincial ou da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, segundo o ámbito de competencia establecido no parágrafo primeiro.

4. Revisados os expedientes e completados, de ser o caso, remitiranse á comisión de valoración para a súa avaliación e informe no que se concretará o resultado da avaliación efectuada, tendo en conta

que, con carácter xeral, as solicitudes se tramitarán en dúas fases que se completarán nos meses de abril e xuño, respectivamente, en función das datas de inicio previstas nas correspondentes solicitudes.

Para estes efectos a comisión de valoración estará composta por:

a) Axudas reguladas na sección I do capítulo II desta orde:

-O secretario ou a secretaria provincial da respectiva delegación, que a presidirá

-Como vogais:

* O xefe ou a xefa de servizo de Promoción do Emprego

* Un xefe ou unha xefa de sección deste servizo, que actuará como secretario ou secretaria.

B) Axudas reguladas na sección II do capítulo II e no capítulo III desta orde:

-O subdirector xeral de Escolas Obradoiro e Programas de Cooperación da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, que a presidirá

-Como vogais:

* A xefa de servizo de Programas de Cooperación

* Un funcionario ou unha funcionaria deste servizo, que actuará como secretario ou secretaria.

5. O órgano instrutor elevará o informe da comisión de valoración xunto coa proposta de resolución ao delegado/a provincial ou director xeral de Promoción do Emprego, segundo proceda, quen resolverá a concesión ou denegación da axuda mediante resolución motivada e individualizada.

Aqueles proxectos dos que na primeira fase non se formule proposta de resolución favorable á súa aprobación non se considerarán desestimados e teranse en consideración polo órgano instrutor en futuras propostas de concesión de conformidade co informe da comisión de valoración.

6. O prazo de resolución será de seis meses contados a partir da entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para resolver. Se no prazo indicado non existe resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude por silencio administrativo, de acordo co disposto no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7. A resolución pola que se conceda a subvención determinará, como mínimo, a denominación do proxecto aprobado, se é o caso, a referencia á porcentaxe de cofinanciamento polo Fondo Social Europeo, a data de inicio, o tempo de realización da

obra ou servizo, a contía da subvención que se vai outorgar, e demais requisitos exixibles para a súa percepción e seguimento.

8. A determinación da contía da subvención correspondente ao incentivo á mobilidade xeográfica das beneficiarias do programa de fomento da inserción laboral de mulleres vítimas de violencia que reúnan os requisitos para percibilo realizarase mediante resolución complementaria do órgano competente segundo o disposto polo punto primeiro deste artigo.

9. As resolucións dos expedientes instruídos ao abeiro do disposto nesta orde esgotan a vía administrativa, polo que, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra elas poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se fose expresa; se non o fose, o prazo será de seis meses e contarase, para quen solicite e outras persoas ou entidades posibles interesadas, a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto. Nos casos en que proceda o requirimento regulado nos tres primeiros punto do artigo 44 da devandita lei, o prazo contarase desde o día seguinte a aquel en que se reciba a comunicación do acordo expreso ou se entenda presuntamente rexeitado.

10. Os incrementos de crédito, así coma o crédito liberado polas renuncias ou revogacións das subvencións outorgadas, destinarase á concesión de subvencións, se é o caso, para a contratación de mulleres vítimas de violencia solicitadas con posterioridade ao remate do prazo sinalado no artigo 3.3º, sempre que se cumpran as condicións previstas na disposición adicional quinta, e daquelas obras e servizos que, por insuficiencia de crédito, non chegaron a obter subvención.

11. As subvencións concedidas ao abeiro desta orde publicaranse, con expresión da entidade beneficiaria, a contía e a finalidade, na forma que determine o órgano competente de acordo co disposto na Lei xeral de subvencións, na Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na administración pública galega e no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

Artigo 5º.-Modificación da resolución de concesión.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou inter

nacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 6º.-Xustificación e pagamento.

O aboamento da subvención farase efectivo unha vez cumprido o obxecto para o que foi concedida, o que se xustificará mediante a presentación, nos prazos que se indican, da seguinte documentación:

1. Para o caso da contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social, polas entidades locais e polos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio:

a) Orixinais ou copias compulsadas dos contratos de traballo, na modalidade de contrato de duración determinada de interese social, agás no caso de axentes de emprego e unidades de apoio, formalizados e debidamente comunicados á oficina de emprego.

b) Orixinais ou copias compulsadas dos partes de alta na Seguridade Social.

c) Un certificado do órgano competente da entidade beneficiaria en que conste a formulación da correspondente oferta de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, especificando o número identificador desta e a relación nominal dos traballadores e traballadoras desempregados/as facilitados/as por aquel, así como das persoas candidatas finalmente seleccionadas e contratadas.

d) Certificado do órgano competente da entidade beneficiaria en que consten as retribucións salariais brutas dos traballadores e traballadoras, en cómputo mensual, desagregadas por conceptos, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e mais as cotizacións empresariais á Seguridade Social.

e) Unha declaración complementaria do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.

f) Unha fotografía do cartel informativo e a súa situación, nos termos sinalados no artigo 7.2º b) facendo mención expresa ao cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.

O prazo para remitir a documentación esixida será dun mes desde o inicio da obra ou servizo, agás autorización expresa de ampliación deste polo órgano competente para resolver, logo da solicitude motivada da entidade beneficiaria, e, en todo caso, antes do 28 de decembro de 2007.

2. Para o caso de realización de estudos de mercado e campañas para o desenvolvemento local:

a) Aceptación ou conformidade da entidade local solicitante da realización do estudo, informe ou campaña e dos servizos prestados polo/a adxudicatario/a.

b) Orixinais ou copias compulsadas das facturas ou documentos análogos acreditativos do custo total deste servizo, que necesariamente deberán expedirse dentro do ano natural en que se concede a subvención, así como o comprobante bancario do pagamento das mesmas.

c) Copia completa do estudo ou informe obxecto de subvención, así como dos documentos ou informe escrito, que acrediten a realización das campañas, de ser o caso.

d) Unha declaración complementaria do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.

A documentación xustificativa deberá remirtirse á dirección xeral de Promoción do Emprego antes do 28 de decembro de 2007.

3. O aboamento da subvención correspondente ao incentivo á mobilidade xeográfica das traballadoras contratadas beneficiarias do programa de fomento da inserción laboral de mulleres vítimas de violencia farase efectivo unha vez comprobado que reúnen os requisitos para acceder a el e ditada a correspondente resolución complementaria de concesión de subvención, logo de fiscalización da proposta pola respectiva intervención.

Artigo 7º.-Incompatibilidades e obrigas dos/as beneficiarios/as. Revogación.

1. Con carácter xeral, o importe das subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver a entidade beneficiaria ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza.

2. As entidades beneficiarias das axudas previstas nesta orde estarán obrigadas a:

a) Para efectos do cumprimento do artigo 4 do Regulamento (CE) 438/2001, da Comisión, do 2 de marzo de 2001, no prazo de dous meses desde o remate da obra ou servizo, remitirlle á Dirección Xeral de Promoción do Emprego ou á delegación provincial da Consellería de Traballo, segundo proceda, a seguinte documentación:

* Unha memoria final sobre as actividades realizadas e práctica profesional adquirida polos traballadores e traballadoras contratados/as. No caso dos e das axentes de emprego, esta memoria presentarase antes do 31 do mes de xaneiro do ano seguinte e, en todo caso, con anterioridade á finalización do contrato.

* Un certificado de fin de obra segundo o modelo que facilite a Dirección Xeral de Promoción do Emprego para o caso das entidades locais, universidades e outros entes públicos.

* Copias compulsadas das nóminas aboadas aos traballadores e traballadoras que se contraten e dos boletíns de cotización á Seguridade Social (modelo TC-2), así como o documento bancario correspondente (extracto ou cargo bancario).

b) Para efectos de difusión pública, no lugar onde se realicen as obras ou servizos, deberá figurar, de forma visible, cartel informativo, en modelo normalizado que facilitará a Dirección Xeral de Promoción do Emprego, en que constará o cofinanciamento pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.

c) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

d) Realizar, cando proceda e por requirimento dos órganos competentes da Consellería de Traballo, unha valoración do nivel de competencia profesional, así como un informe global onde se describan tanto os puntos fortes como as carencias dos mozos e mozas demandantes de emprego sen titulación de tipo profesional que se incorporen ao mercado de traballo a través dos programas regulados nesta orde.

e) Acreditar perante a Consellería de Traballo a realización da actividade ou a adopción do comportamento, así como o cumprimento dos requisitos ou condicións que determinan a concesión ou desfrute da axuda.

f) Sometemento ás actuacións de comprobación e control que poida efectuar a Consellería de Traballo e a Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas e ás que poidan corresponder, se é o caso, á Comisión e ao Tribunal de Contas da Unión Europea.

g) Comunicarlle á Consellería de Traballo a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou ente público nacional ou internacional.

h) Cando proceda, satisfacer, ao seu vencemento, as obrigas económicas que deriven do funcionamento das obras ou servizos subvencionados, especialmente as de carácter salarial, con independencia de que se percibise con anterioridade a subvención concedida.

i) Cumprir as demais obrigas que poidan derivar da normativa de desenvolvemento desta orde.

3. O incumprimento total ou parcial de calquera das obrigas, condicións ou finalidades establecidas nesta orde ou na normativa que a desenvolva orixinará, á vista da natureza e causas do incumprimento, o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas xunto cos xuros de demora, nas condicións e de conformidade co establecido no texto refundido da

Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Artigo 8º.-Colectivos prioritarios.

Con carácter orientativo, e na medida en que o permita o paulatino establecemento dos itinerarios de inserción profesional, que permitan relacionar as persoas demandantes coas respectivas medidas e programas, de acordo coa finalidade de cada medida establecerase unha orde de preferencia coa seguinte proporción:

a) As mulleres deberán supoñer, no seu conxunto, o 64% das persoas beneficiarias.

b) As persoas demandantes de primeiro emprego serán un 15%, das que serán mulleres o 77%.

c) As persoas paradas de longa duración serán o 42% das persoas beneficiarias, das cales o 70% serán mulleres.

d) Os e as demandantes sen formación de tipo profesional serán o 82% das persoas beneficiarias, das que serán mulleres o 61%.

Capítulo II

Programas de cooperación con entidades locais

Sección I

Das subvencións para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social.

Artigo 9º.-Definición.

Este programa ten por obxecto o fomento do emprego, no ámbito da colaboración coas entidades locais, a través da subvención da contratación, para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social, de traballadores e traballadoras desempregados/as e de mulleres vítimas de violencia.

Artigo 10º.-Contía

1. A contía da subvención que percibirán as entidades beneficiarias será:

a) Para efectos salariais, a equivalente á necesaria para sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, por cada traballador ou traballadora desempregado/a contratado/a. En ningún caso será subvencionable o importe da indemnización prevista polo artigo 49.1º c) do Estatuto dos traballadores.

b) Para efectos de incentivo á mobilidade xeográfica será de 180 A mensuais por cada beneficiaria do programa de fomento da inserción laboral de

mulleres vítimas de violencia contratada que reúna os requisitos para percibilo.

2. A contía da subvención prevista na letra a) do punto anterior reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada cando os contratos se concerten a tempo parcial.

Artigo 11º.-Requisitos e criterios para a selección das obras ou servizos.

1. As obras ou servizos a realizar deberán ser de interese xeral e social e competencia das entidades locais e cumprir os seguintes requisitos:

a) Que sexan executados polas entidades locais en réxime de administración directa ou polas empresas ás que se adxudique a súa execución.

b) Que na súa execución ou prestación se favoreza a formación e práctica profesionais das persoas desempregadas.

c) Que a porcentaxe mínima de traballadores e traballadoras desempregados/as que se vaian ocupar na realización da obra ou servizo sexa do 75%.

d) Que a entidade local dispoña de asignación orzamentaria suficiente para facerse cargo das partidas orzamentarias non subvencionadas para a realización das obras ou servizos.

2. De entre as obras e servizos que cumpran os anteditos requisitos farase unha selección co obxecto de outorgarlles as correspondentes subvencións, dándolles preferencia aos proxectos que:

a) Se axusten ás características das persoas demandantes de emprego do territorio e teñan en conta, se é o caso, os seus itinerarios de inserción. Ata 10 puntos.

b) A elaboración do seu contido e posterior desenvolvemento conten coa participación dos axentes económicos e sociais con presenza no territorio, ou cando estivesen vinculados ou xurdisen en aplicación dun pacto local ou territorial de emprego. Ata 10 puntos.

c) Sendo de maior interese xeral e social, se realicen preferentemente nalgunha das seguintes actividades relacionadas cos novos viveiros de emprego. Ata 10 puntos:

-Servizos de utilidade colectiva, tales como mellora da vivenda, vixilancia e seguridade, revalorización de espazos públicos urbanos, transportes colectivos, comercios de proximidade, así como actividades que afecten a xestión de residuos, xestión de augas, protección e mantemento de zonas naturais, así como aquelas que incidan, directa ou indirectamente, no control da enerxía.

-Servizos de ocio ou culturais, tales como promoción do turismo, desenvolvemento cultural local, promoción do deporte e sector audiovisual.

-Servizos personalizados de carácter cotián, tales como coidado de nenos e nenas, prestación de axuda a domicilio a persoas con discapacidade ou maiores,

axuda a familias e mozos en dificultade e/ou con desarraigamento social.

d) Establezan servizos dirixidos aos mozos e ás mulleres tendentes a favorecer a súa participación social e laboral. Ata 10 puntos.

e) Vaian dirixidos á contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as pertencentes a algún dos colectivos con especiais dificultades de inserción laboral. Ata 10 puntos. Cando vaian dirixidos á contratación de mulleres, esta puntuación incrementarase en 5 puntos, e en 10 puntos cando estas sexan vítimas de violencia.

f) Aos proxectos que na súa realización permitan e apoien a creación permanente de maior número de postos de traballo estables. Ata 10 puntos.

g) Aos proxectos que acrediten un maior nivel de inserción laboral, ben mediante a incorporación directa dos traballadores e traballadoras á entidade local á finalización do proxecto ou no prazo que se acorde entre a entidade beneficiaria e o órgano competente para resolver, ou calquera outra fórmula de previsión para a inserción laboral que, sendo obxectivable, este considere suficiente. Ata 10 puntos.

h) Aos proxectos que conten, se é o caso, co financiamento das entidades solicitantes para realizar accións complementarias que melloren a eficacia deste programa. Para estes efectos terase en conta o esforzo investido para cada suposto. Ata 10 puntos.

3. Para a comparación das solicitudes presentadas establécese unha puntuación máxima de 90 puntos, co fin de establecer unha prelación entre estas de acordo cos criterios de valoración previamente fixados nas bases reguladoras e na convocatoria, e adxudicar, co límite fixado na convocatoria dentro do crédito dispoñible, aquelas que obtivesen maior valoración en aplicación dos citados criterios.

Artigo 12º.-Selección dos traballadores e das traballadoras.

1. Os traballadores e traballadoras que se contraten para a realización das obras e servizos e polos/as que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Con carácter xeral, os traballadores e traballadoras que sexan parte nestes contratos non poderán repetir a súa participación ata transcorridos tres anos desde finalizar o anterior contrato subvencionado no marco dos programas previstos nesta sección, sempre e cando o traballador ou a traballadora se contratase por un período superior a nove meses nos últimos tres anos.

2. As entidades beneficiarias da subvención solicitarán os traballadores e traballadoras desempregados/as que se necesiten mediante a presentación de oferta de emprego na oficina de emprego correspondente, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos e características

que deben reunir os traballadores e as traballadoras que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados, debendo presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación.

A oferta, na súa formulación, non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios preferenciais establecidos no parágrafo seguinte.

3. Recibida a oferta, realizarase unha sondaxe de demandantes en función das características dela atendendo á maior adecuación ao posto de traballo ofertado, proporcionando, de ser posible, o número de persoas candidatas por posto de traballo que solicite a entidade beneficiaria, que en ningún caso poderá ser inferior a dúas, tendo preferencia, en todo caso, os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral e, se é o caso, aqueles que teñan previsto a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional, tales como:

a) Mulleres, en especial, mulleres que teñan acreditada a condición de vítimas de violencia.

b) Menores de 30 anos, en especial, as persoas demandantes do primeiro emprego, demandantes con máis de seis meses en desemprego ou aqueles e aquelas sen cualificación profesional.

c) Persoas en paro de longa duración.

d) Persoas con discapacidade.

e) Persoas desempregadas maiores de 45 anos.

f) Integrantes doutros colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente beneficiarios/as da renda de integración social de Galicia e mulleres que abandoasen o exercicio da prostitución como medio de vida.

4. Así mesmo, teranse en conta os seguintes criterios:

a) O nivel de protección por desemprego das posibles persoas beneficiarias.

b) Existencia de responsabilidades familiares, entendéndose por estas ter a cargo da persoa traballadora desempregada que se contrata o/a cónxuxe, fillos e fillas menores de vinte e seis anos, persoas maiores incapacitadas ou menores acollidos/as.

5. Excepcionalmente, e logo de autorización expresa da delegación provincial, poderán utilizarse ofertas especiais cando se trate de seleccionar a mulleres vítimas de violencia.

6. As persoas candidatas serán remitidas á entidade beneficiaria co fin de que esta realice a selección definitiva, tendo en conta que, con carácter xeral, o 64 % das persoas traballadoras desempre

gadas seleccionadas e a contratar polas entidades beneficiarias para cada obra ou servizo deberán ser mulleres.

Só excepcionalmente e logo de correspondente xustificación da imposibilidade de chegar a esa porcentaxe, por non existir no ámbito territorial correspondente desempregadas cun perfil adecuado ao posto de traballo ofertado, por renuncia, pola súa indispoñibilidade para o emprego ou por outras causas debidamente argumentadas, poderá esta diminuírse para unha obra ou servizo concreto, procurando sempre que, no cómputo total de persoas beneficiarias seleccionadas e contratadas no conxunto de obras ou servizos de cada entidade local, as mulleres acaden a citada porcentaxe.

Para os efectos de determinar o cumprimento ou non da porcentaxe do 64%, seguirase o criterio de aplicar esta porcentaxe ao número total de persoas traballadoras que se vai contratar, tomando como resultado o número enteiro máis próximo ao número decimal que resulte.

7. O resultado da selección deberá ser notificado á correspondente oficina de emprego con carácter previo á contratación, para a comprobación do cumprimento ou non da porcentaxe de mulleres previsto no apartado anterior, expedindo para o efecto a correspondente certificación.

Artigo 13º.-Contratación dos traballadores e traballadoras.

1. Efectuada a selección dos traballadores e traballadoras desempregados/as e cumpridos os trámites e procedementos previstos no artigo anterior, a entidade beneficiaria procederá á súa contratación utilizando necesariamente a modalidade de contrato de duración determinada de interese social, tendo en conta que, en todo caso, os contratos deberán formalizarse dentro do exercicio 2007, nos termos expresados na resolución de concesión.

2. Os contratos de traballo subscritos cos traballadores e traballadoras seleccionados/as comunicaránselle á oficina de emprego correspondente coa indicación de Programas de Cooperación Xunta de Galicia-Entidades locais.

Artigo 14º.-Inicio das obras ou servizos.

1. Con carácter xeral, a obra ou servizo iniciarase no prazo dun mes, contado a partir da data de inicio prevista na resolución, tendo en conta o prazo máximo para a remisión da documentación xustificativa previsto no artigo 6º.

2. Excepcionalmente, cando concorran causas debidamente xustificadas, o delegado ou a delegada provincial da Consellería de Traballo poderá autorizar o inicio da obra ou servizo con posterioridade ao devandito prazo, logo da solicitude para o efecto da entidade beneficiaria, tendo en conta os límites establecidos no parágrafo primeiro do artigo anterior.

Sección II

Da realización de estudos de mercado e campañas para o desenvolvemento local

Artigo 15º-Definición e liñas de axuda.

1. Este programa ten por obxecto o fomento do emprego no ámbito local, fomentando a realización de estudos de mercado e campañas de promoción do contorno local.

2. Será subvencionable, parcialmente, o custo da realización dos estudos e informes, realizados con medios alleos, que teñan por obxecto coñecer as posibilidades de desenvolvemento e implantación de empresas na súa zona.

3. Igualmente, será subvencionable, parcialmente, o custo daquelas campañas de carácter técnico, realizadas con medios alleos, que poidan levarse a cabo para atraer investimentos xeradores de emprego no ámbito xeográfico da entidade solicitante, tales como intercambios de coñecementos e experiencias de promoción económica local que estimulen a creación de actividade empresarial.

4. O prazo para a execución dos estudos, informes e campañas previstos nos parágrafos anteriores coincidirá co do exercicio orzamentario.

Artigo 16º.-Contía.

1. A contía total da subvención, que se pagará dunha soa vez, poderá ascender ata o 70% do custo total dos estudos e campañas, sumadas ambas as dúas, cun tope máximo de 12.020,24 A por entidade. Cando varias corporacións locais presenten conxuntamente unha solicitude, este límite elevarase proporcionalmente ata un máximo de 60.101,21 A.

2. As entidades beneficiarias só poderán percibir esta axuda unha vez, agás que concorran causas excepcionais, apreciadas polo órgano competente para conceder a subvención, sempre que se trate de estudos e informes, ou campañas imprescindibles ou complementarios dos xa subvencionados.

3. Se a entidade solicitante percibise algunha outra subvención para o mesmo concepto, outorgada por outras administracións ou entes públicos ou privados, a cantidade resultante, obtida en concorrencia, non poderá superar o 70% do custo total dos estudos e campañas.

Artigo 17º.-Criterios de valoración.

1. De entre as solicitudes presentadas, farase a selección o obxecto de outorgarlle as correspondentes subvencións, dándolles preferencia a aqueles estudos, informes e, de ser o caso, campañas que:

a) Se proxecten sobre territorios menos favorecidos e cun maior índice de desemprego. Ata 10 puntos.

b) Teñan un ámbito de actuación superior ao municipal e impliquen, no seu deseño e execución, a outras entidades locais do contorno. Ata 5 puntos.

c) Aqueles proxectos en que a elaboración do seu contido e posterior desenvolvemento conten coa par

ticipación dos axentes económicos e sociais con presenza no territorio, ou cando estivesen vinculados ou xurdisen en aplicación dun pacto territorial de emprego. Ata 5 puntos.

2. Para a comparación das solicitudes presentadas, establécese unha puntuación máxima de 20 puntos, co fin de establecer unha prelación entre estas de acordo cos criterios de valoración previamente fixados nas bases reguladoras e na convocatoria, e adxudicar, co límite fixado na convocatoria dentro do crédito dispoñible, aquelas que obtivesen maior valoración en aplicación dos citados criterios.

Capítulo III

Programas de cooperación con administracións

públicas distintas da local, universidades e

entidades sen ánimo de lucro

Sección I

Das subvencións para a contratación de

traballadores e traballadoras desempregados/as

para a realización de obras ou servizos de

interese xeral e social.

Artigo 18º.-Definición.

Este programa ten por obxecto o fomento do emprego, no ámbito da colaboración coas administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, a través da subvención, para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social, da contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as e de mulleres vítimas de violencia.

Artigo 19º.-Contía.

1. A contía da subvención que percibirán as entidades beneficiarias será:

a) Para efectos salariais, a equivalente aos custos salariais e de Seguridade Social dos traballadores e das traballadoras que se van contratar nos termos previstos nas seguintes epígrafes.

b) Para efectos de incentivo á mobilidade xeográfica, será de 180 A mensuais por cada beneficiaria do programa de fomento da inserción laboral de mulleres vítimas de violencia contratada que reúna os requisitos para percibilo.

2. A contía máxima da subvención que percibirán para efectos salariais as entidades beneficiarias será igual ao resultado de multiplicar o número de traballadores e traballadoras desempregados/as contratados/as polo número de meses de duración do contrato e polo importe do módulo que lle corresponda en función do grupo de cotización á Seguridade Social do traballador ou traballadora que se contrate, conforme o establecido no parágrafo seguinte, ou a cantidade prevista no convenio colectivo que resulte de aplicación, de ser esta inferior. En ningún caso será subvencionable o importe da indemnización prevista polo artigo 49.1º c) do Estatuto dos traballadores.

3. A citada contía máxima reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, cando os contratos se concerten a tempo parcial.

4. Os módulos correspondentes a cada grupo de cotización das persoas traballadoras contratadas serán os seguintes:

Módulo A: os custos salariais totais que se van subvencionar ascenderán a unha vez e media o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), vixente cada ano, máis a parte proporcional das pagas extraordinarias -por importe, cada unha delas, dunha mensualidade do IPREM- e a correspondente cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos por cada persoa traballadora contratada nos grupos de cotización da Seguridade Social 10 e 11.

Módulo B: os custos salariais totais que se van subvencionar ascenderán a dúas veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), vixente en cada ano, máis a parte proporcional das pagas extraordinarias -por importe, cada unha delas, dunha mensualidade do IPREM- e a correspondente cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos por cada persoa traballadora contratada dentro do grupo de cotización da Seguridade Social 9 ao 5, ambos inclusive.

Módulo C: os custos salariais totais que se van subvencionar ascenderán a tres veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), vixente en cada ano, máis a parte proporcional das pagas extraordinarias -por importe, cada unha delas, dunha mensualidade do IPREM- e a correspondente cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos por cada persoa traballadora contratada dentro do grupo de cotización da Seguridade Social 4 ao 1, ambos inclusive.

Artigo 20º.-Requisitos e criterios para a selección das obras ou servizos.

1. As obras ou servizos que se van realizar deberán ser de interese xeral e social e deberán cumprir os seguintes requisitos

a) Que sexan executados ou prestados polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa.

b) Que, na súa execución ou prestación, se favoreza a formación e práctica profesionais das persoas desempregadas.

2. De entre as obras e servizos que cumpran os anteditos requisitos, farase unha selección dando maior preferencia aos proxectos que:

a) Os proxectos de maior interese xeral e social. Ata 10 puntos.

b) Os proxectos que acrediten un maior nivel de inserción laboral, ben mediante a incorporación directa dos traballadores e das traballadoras á entidade beneficiaria á finalización do proxecto ou no prazo que se acorde entre a entidade beneficiaria e o órgano competente para resolver ou calquera

outra fórmula de previsión para a inserción laboral que, sendo obxectivable, este considere suficiente. Ata 10 puntos.

c) Os proxectos que teñan un ámbito de actuación superior ao municipal e impliquen, no seu deseño e execución, outros organismos ou entidades do contorno, así como os actores sociais presentes no territorio, ou xurdan en aplicación dun pacto territorial de emprego. Ata 10 puntos.

d) Correspondan a entidades cunha mellor valoración en relación ás actuacións levadas a cabo ao abeiro das axudas e subvencións para o fomento do emprego, en anos anteriores. Ata 10 puntos.

3. Para a comparación das solicitudes presentadas, establécese unha puntuación máxima de 40 puntos, coa fin de establecer unha prelación entre estas de acordo cos criterios de valoración previamente fixados nas bases reguladoras e na convocatoria, e adxudicar, co límite fixado na convocatoria dentro do crédito dispoñible, aquelas que obtivesen maior valoración en aplicación dos citados criterios.

Artigo 21º.-Requisitos e criterios para a selección dos traballadores e traballadoras.

1. Os traballadores e as traballadoras que sexan contratados/as para a realización das obras e servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser, en todo caso, persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Con carácter xeral, os traballadores e traballadoras que sexan parte nestes contratos non poderán repetir a súa participación ata transcorridos tres anos desde finalizar o anterior contrato subvencionado no marco dos programas previstos nesta sección, sempre e cando o traballador ou a traballadora se contratase por un período superior a nove meses nos últimos tres anos.

2. As entidades beneficiarias da subvención solicitarán os traballadores e as traballadoras que se necesiten mediante a presentación de oferta de emprego nas oficinas de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos e características que deben reunir os traballadores e traballadoras que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados, debendo presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación.

A oferta, na súa formulación non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios preferenciais establecidos no parágrafo seguinte.

3. Recibida a oferta, realizarase unha sondaxe de demandantes en función das características dela atendendo á maior adecuación ao posto de traballo ofertado, proporcionando, de ser posible, o número de persoas candidatas por posto de traballo que solicite a entidade beneficiaria, que en ningún caso

poderá ser inferior a dúas, tendo preferencia, en todo caso, os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral, e, se é o caso, aqueles que teñan previsto a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional, tales como:

a) Mulleres; en especial, aquelas que acrediten a condición de vítimas de violencia.

b) Menores de 30 anos, en especial, as persoas demandantes do primeiro emprego, demandantes con máis de seis meses en desemprego ou aqueles e aquelas sen cualificación profesional.

c) Persoas en paro de longa duración.

d) Persoas con discapacidade.

e) Persoas desempregadas maiores de 45 anos.

f) Integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente beneficiarios/as da renda de integración social de Galicia e mulleres que abandoasen o exercicio da prostitución como medio de vida.

Así mesmo, teranse en conta os seguintes criterios:

a) O nivel de protección por desemprego das posibles persoas beneficiarias.

b) Existencia de responsabilidades familiares, entendéndose por estas ter a cargo da persoa traballadora desempregada que se contrate o/a cónxuxe, fillos e fillas menores de vinte e seis anos, persoas maiores incapacitadas ou menores acollidos/as.

4. Excepcionalmente e, logo de autorización expresa da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, poderán utilizarse ofertas especiais cando se trate de seleccionar a mulleres vítimas de violencia.

5. As persoas candidatas serán remitidas á entidade beneficiaria co fin de que esta realice a selección definitiva, que lle deberá ser notificada, para o seu coñecemento, á correspondente oficina de emprego.

Artigo 22º.-Contratación dos traballadores e traballadoras.

1. Efectuada a selección dos traballadores e traballadoras na forma prevista no artigo anterior, a entidade beneficiaria procederá á súa contratación utilizando necesariamente a modalidade de contrato de duración determinada de interese social, tendo en conta que, en todo caso, os contratos deberán formalizarse dentro do exercicio 2007, nos termos expresados na resolución de concesión.

2. Os contratos de traballo subscritos cos traballadores e traballadoras seleccionados/as comunicaránselle á oficina de emprego correspondente coa indicación de Programas de Cooperación Xunta de Galicia-Outras administracións ou entidades.

Artigo 23º.-Inicio das obras ou servizos.

1. Con carácter xeral, a obra ou servizo iniciarase no prazo dun mes, contado a partir da data de inicio prevista na resolución, tendo en conta o prazo máxi

mo para a remisión da documentación xustificativa prevista no artigo 6º.

2. Excepcionalmente, cando concorran causas debidamente xustificadas, o director xeral de Promoción do Emprego poderá autorizar o inicio das obras ou servizos con posterioridade ao devandito prazo, logo da solicitude para o efecto da entidade beneficiaria, tendo en conta os límites establecidos no parágrafo primeiro do artigo anterior.

Sección II

Das subvencións para a contratación de axentes

de emprego e unidades de apoio

Artigo 24º-Definición.

1. Este programa ten por obxecto o fomento do emprego a través da concesión de axudas e subvencións para a contratación, durante doce meses, de axentes de emprego e unidades de apoio que colaborarán na implantación das políticas activas de emprego e na realización de funcións relacionadas coa dinamización e coa creación de actividade empresarial, desenvolvéndose a antedita colaboración no marco das directrices da Consellería de Traballo e da colaboración acordada coa entidade contratante.

2. Os e as axentes de emprego na súa colaboración na implantación das políticas activas de emprego realizarán, entre outras, as seguintes funcións:

a) Xestionar axudas para favorecer o emprego, centrándose sobre todo naqueles colectivos con maiores dificultades á hora de conseguir emprego.

b) Informar as empresas dos instrumentos de promoción e fomento da competitividade empresarial dispoñibles, así como facilitar o acceso a estes.

c) Promover a cultura emprendedora fomentando iniciativas empresariais e apoiando novos proxectos de autoemprego individual ou colectivo informando das medidas de apoio existentes e poñendo en relación persoas emprendedoras e recursos.

d) Comunicar a empresas e persoas emprendedoras as subvencións para a formación e o emprego, así como facilitar o acceso a estas.

e) Facilitar a inserción laboral das persoas demandantes de emprego, en especial das participantes en políticas activas de emprego, identificando as necesidades de persoal das empresas a curto e medio prazo e propoñendo accións de mellora da empregabilidade da poboación desempregada.

f) Observación estratéxica do territorio e realización de estudos co fin de detectar necesidades formativas e educativas da poboación desempregada.

g) Contribuír ao desenvolvemento socioeconómico do territorio mediante:

-A prospección de recursos ociosos ou infrautilizados e de proxectos empresariais de promoción económica e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego.

-A difusión e estímulo das potenciais oportunidades de creación de actividades entre persoas desempregadas, promotores e promotoras, persoas emprendedoras e institucións colaboradoras.

-O acompañamento técnico na iniciación de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e, en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas.

-O apoio aos promotores e ás promotoras das empresas, unha vez constituídas estas, acompañándoos/as tecnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento.

3. Para o adecuado exercicio das súas funcións e actividades os e as axentes de emprego poderán contar coa axuda e asistencia de unidades de apoio que, compostas polo persoal necesario, serán coordinadas por aqueles/as.

Artigo 25º.-Contía

1. A subvención que percibirán as entidades beneficiarias será a equivalente aos custos salariais e de Seguridade Social dos e das axentes de emprego e unidades de apoio que se van contratar, nos termos expresados no parágrafo seguinte.

2. A contía máxima da subvención que percibirán as entidades beneficiarias será igual ao resultado de multiplicar o número de traballadores e traballadoras desempregados/as que se contraten por doce meses e polo importe do módulo que lle corresponda en función do grupo de cotización á Seguridade Social da persoa traballadora contratada, conforme o establecido no artigo 19º.

Artigo 26º.-Criterios de valoración.

1. Para efectuar a selección das entidades beneficiarias e das axudas a conceder, a comisión de valoración terá en conta os seguintes criterios de preferencia:

a) As prórrogas de subvencións concedidas en exercicios anteriores. Ata 10 puntos.

b) Os proxectos que acrediten un maior nivel de inserción laboral, ben mediante a incorporación directa dos traballadores e das traballadoras á entidade beneficiaria á finalización do proxecto ou no prazo que se acorde entre a entidade beneficiaria e o órgano competente para resolver ou calquera outra fórmula de previsión para a inserción laboral que, sendo obxectivable, este considere suficiente. Ata 10 puntos.

c) Os proxectos que teñan un ámbito de actuación superior ao municipal e impliquen, no seu deseño e execución, outros organismos ou entidades do contorno, así como os axentes sociais presentes no territorio. Ata 10 puntos.

d) A valoración das actuacións levadas a cabo polas ditas entidades, ao abeiro das axudas e subvencións para o fomento do emprego, en anos anteriores. Ata 10 puntos.

e) Os proxectos que, na súa realización, permitan e apoien a creación de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas. Ata 10 puntos.

2. Para a comparación das solicitudes presentadas, establécese unha puntuación máxima de 50 puntos, co fin de establecer unha prelación entre estas de acordo cos criterios de valoración previamente fixados nas bases reguladoras e na convocatoria, e adxudicar, co límite fixado na convocatoria dentro do crédito dispoñible, aquelas que obtivesen maior valoración en aplicación dos citados criterios.

Artigo 27º.-Selección dos/as axentes de emprego e dos/as integrantes das unidades de apoio.

1. Con carácter xeral, a selección dos/as axentes de emprego e dos/as traballadores e traballadoras que formen parte da unidade de apoio, que deberá realizarse no prazo de 15 días desde a notificación da resolución de concesión, corresponderalle á entidade beneficiaria da subvención, logo da presentación de oferta ante o Servizo Público de Emprego.

2. Para seren contratadas como axentes de emprego ou persoal integrante das unidades de apoio, cando proceda, as persoas candidatas deberán figurar como demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e, no caso dos e das axentes de emprego deberán, necesariamente, ter superado con éxito os estudos de segundo ou primeiro ciclo universitario.

Artigo 28º.-Contratación.

1. Unha vez seleccionada a persoa candidata, se é o caso, e, necesariamente antes de proceder á súa contratación, as entidades beneficiarias deberán remitirlle á Dirección Xeral de Promoción do Emprego, co obxecto de comprobar a súa idoneidade e o cumprimento dos requisitos previstos no artigo anterior, un certificado do órgano competente da entidade beneficiaria en que conste a formulación da correspondente oferta no Servizo Público de Emprego de Galicia, especificando o número identificador desta e a persoa candidata finalmente seleccionada de entre as remitidas por aquel.

2. En caso de que a persoa candidata seleccionada non fose considerada idónea pola Dirección Xeral de Promoción do Emprego ou non cumprise os requisitos exixidos, a entidade beneficiaria poderá presentar unha nova persoa candidata no prazo máximo de 15 días na forma prevista no parágrafo anterior.

3. Comprobada a idoneidade da persoa candidata seleccionada e o cumprimento dos requisitos exixidos, a entidade beneficiaria terá un prazo máximo de 15 días para proceder á súa contratación.

4. Os contratos de traballo subscritos cos traballadores e as traballadoras seleccionados/as comunicaranse á oficina de emprego correspondente coa indicación de Programas de Cooperación Xunta de Galicia-outras administracións ou entidades.

Artigo 29º.-Prórroga da subvención.

1. As entidades beneficiarias das axudas e subvencións previstas neste capítulo ao abeiro da Orde do 23 de marzo de 2006, poderán solicitar á Consellería de Traballo a prórroga da subvención concedida por cada axente contratado/a e/ou unidade de apoio, que competirán en réxime de concorrencia competitiva coas solicitudes novas.

2. A solicitude (anexo I) deberá ir acompañada dunha memoria das actividades desenvolvidas especificando os obxectivos a levar a cabo no período para o que se solicita a prórroga e o tempo estimado da súa execución (anexo IV).

3. A resolución que, se é o caso, aprobe a concesión da prórroga poderá ter efectos retroactivos, sempre que o remate do período subvencionado se produza dentro do ano 2007 e non se interrompese a contratación e a prestación de servizos.

Artigo 30º.-Publicidade.

1. Para os efectos de difusión pública, no lugar onde se realice o servizo, deberá figurar, de forma visible, cartel informativo, no modelo normalizado que se establece no Manual de Identidade Corporativa da rede de Técnicos de Emprego de Galicia, e que facilitará, de ser o caso, a Dirección Xeral de Promoción do Emprego, no que constará o cofinanciamento pola Consellería de Traballo e polo Fondo Social Europeo.

2. Para os efectos de ofrecer unha imaxe unificada e global da Rede de Técnicos e Técnicas de Emprego de Galicia, cara aos usuarios e ás usuarias dos seus servizos en toda a Comunidade Autónoma, que permita unha mellor e máis rápida identificiación dos mesmos, deberá utilizarse o conxunto de normas gráficas recollidas no Manual de Identidade Corporativa da Rede de Técnicos de Emprego de Galicia, para a utilización do logotipo da Rede, nos distintos elementos de comunicación, o que redundará nunha maior calidade das prestacións desenvolvidas polos e polas axentes.

Disposicións adicionais

Primeira.-A concesión das axudas e subvencións reguladas nesta orde estará supeditada á existencia de crédito orzamentario nas aplicacións 16.02.322A.400, 16.02.322A.402, 16.02.322A.403, 16.02.322A.439, 16.02.322A.440, 16.02.322A.442, 16.02.322A.443, 16.02.322A.444, 16.02.322A.445, 16.02.322A.460 e 16.02.322A.481 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.

As entidades sinaladas no artigo 2.2º desta orde poderán obter a concesión das referidas axudas e subvencións, previa existencia de crédito nas aplicacións orzamentarias que, polo carácter das ditas entidades, corresponda. Para tales fins, se é o caso, realizaranse as oportunas modificacións orzamentarias.

Segunda.-As axudas concedidas ao abeiro da sección I do capítulo II desta orde, están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, cunha taxa de cofinanciamento do 70 por cento, encontrándose dentro do Programa Operativo Fomento do Emprego (P.O. 2000 ES 051 P.O.017).

Terceira.-Apróbase a delegación de atribucións do conselleiro de Traballo nos delegados e nas delegadas provinciais e no director xeral de Promoción do Emprego, nos ámbitos competenciais respectivos, para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos.

Cuarta.-Se, por calquera causa, no momento no que a comisión de valoración teña que examinar as solicitudes, algúnha das persoas que a compoñen non puidese asistir, será substituída pola persoa que para o efecto se designe polo órgano competente para resolver.

Quinta.-As solicitudes de subvención para a contratación de mulleres vítimas de violencia non estarán suxeitas ao prazo de presentación previsto no artigo 3.3º e terán sempre unha duración de doce meses, debendo iniciarse dentro do exercicio 2007.

En todo caso, as solicitudes presentadas unha vez rematado o precitado prazo, estarán supeditadas á existencia de crédito orzamentario adecuado e suficiente e á existencia de mulleres vítimas de violencia cuxa contratación deba realizarse no ámbito territorial da solicitante.

Sexta.-Por resolución do director xeral de Promoción do Emprego poderánse establecer os criterios necesarios para que, a través da presente orde, en canto aos colectivos prioritarios, se poidan cumprir os obxectivos establecidos polo Servizo Público de Emprego de Galicia, de acordo coas directrices de emprego europeas e o Acordo sobre Obxectivos e Medidas de Emprego de Galicia subscrito como resultado do Dialogo Social en Galicia pola aXunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a UGT-Galicia e o S.N. de CC.OO. de Galicia e a demais normativa e acordos que, se é o caso, resulten de aplicación.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Promoción do Emprego para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2007.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo