DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2007 Páx. 2.707

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

ORDE do 12 de febreiro de 2007 pola que se determina o importe máximo das axudas que se poderán outorgar no exercicio orzamentario de 2007 ao abeiro do Plan de Vivenda 2005-2008 regulado polo Real decreto 801/2005 e polo Decreto 18/2006.

O Decreto 18/2006, do 26 de xaneiro, constitúe o marco normativo polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 801/2005, do 1 de xullo, para o período 2005-2008.

O seu artigo 6 establece que as axudas se atenderán da forma que será establecida mediante ordes anuais da Consellería de Vivenda e Solo.

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos do disposto no artigo sexto do Decreto 18/2006, do 26 de xaneiro, e para

dar cobertura aos expedientes que acaden no presente exercicio a fase de concesión, determínanse as aplicacións do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, onde figuran os créditos con cargo aos que serán atendidas as axudas previstas no citado decreto:

1. Para a adquisición de vivenda protexida e usada e promoción para uso propio por parte de familias e institucións sen ánimo de lucro a aplicación é a 17.02.451B.780.1 por un importe máximo de 1.100.770 A.

2. Para as actuacións de urbanización protexida de solo e a promoción de vivendas protexidas de nova construción para alugar e de aloxamentos protexidos por empresas privadas corresponderá á aplicación 17.02.451B.770.0 por un importe máximo de 2.338.700 A.

3. Para rehabilitación de edificios e vivendas e reserva de recursos non territorializados por parte de familias e institucións sen ánimo de lucro corresponderá á aplicación 17.02.451A.780.1 por un importe máximo de 1.500.000 A.

4. Para a urbanización protexida de solo por organismos autónomos corresponderá á aplicación 17.02.451B.731.0 por un importe máximo de 2.000.000 A.

5. Para as actuacións de urbanización protexida de solo e a promoción de vivendas protexidas de nova construción para alugar e de aloxamentos protexidos por sociedades públicas locais corresponderá á aplicación 17.02.451B.760.2 por un importe máximo de 675.065 A.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2007.

Teresa Táboas Veleiro

Conselleira de Vivenda e Solo

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA