DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2007 Páx. 2.705

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2007, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria (tratamentos DDD).

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6º que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na comunidade autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria. Nivel básico.

2. Entidade organizadora.

Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

3. Data.

Do 26 ao 29 de marzo de 2007.

4. Lugar de celebración.

Antiga Cámara Agraria. Rúa Castelo, 10. Casal-San Xoán. Poio (Pontevedra)

5. Número de prazas.

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a.

Todo o persoal auxiliar dos servizos de aplicación de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo o modelo do anexo I.

9. Programa.

Día 26

16.00-18.30 horas1. Praguicidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación I.

Pausa 15 min.

18.45-21.15 horas2. Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

Día 27

16.00-18.30 horas3. Riscos para o home derivados do uso dos praguicidas. Lexislación II.

4. Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de praguicidas.

Pausa 15 min.

18.45-21.15 horas5. Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por praguicidas

6. Praguicidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases

Día 28

16.00-18.30 horas7. Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación.

Pausa 15 min.

18.45-21.15 horas8. Métodos químicos (DDD). Técnicas de aplicación de praguicidas. Desinfección ambiental. Legionella.

Día 29

16.00-18.30 horas9. Prácticas.

9.1. Preparación de disolucións de produtos.

9.2. Exercicios prácticos.

9.3. Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

Pausa 15 min.

18.45-22.15 horas9.3. Uso adecuado dos medios de protección persoal.

9.4. Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

9.5. Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente, co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de praguicidas de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel básico.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2007.

Ramón Medina González-Redondo

Director xeral de Saúde Pública

ANEXO I

Ficha de solicitude de inscrición

Curso de capacitación para aplicadores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria. Nivel básico.

Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

Datas: 26, 27, 28 e 29 de marzo de 2007.

Lugar de celebración do curso: antiga cámara agraria, rúa Castelo, 10. Casal-San Xoán, Poio (Pontevedra).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de exame.

Horario: das 16.00 ás 21.15 horas.

Nº de prazas: 25 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase a ficha de inscrición por correo avda. Fernández Latorre, 5-9, 2º, oficina 7. 15006 A Coruña. Teléfono: 981 24 54 18. Fax: 981 16 81 59 ou por correo electrónico biocontrol*biocontrolbcl.com, a Biocontrol, S.L., acompañada de:

* Xustificante de ingreso de 290 euros/alumno na conta Biocontrol, S.L. do BBVA co número 0182-2201-47-0201553579.

Data límite de presentación de solicitudes: ata o 23 de marzo de 2007.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento:

Empresa:

CIF:

Enderezo:

CP:

Localidade:

Teléfono:

Fax:

Correo electrónico:

Apelidos:

Nome: