DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2007 Páx. 2.659

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2007, conxunta da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se inclúen novos destinatarios na actividade formativa número 10 da convocatoria para o ano 2007 dos cursos de formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde e se amplía o prazo para a presentación de solicitudes.

Con data 3 de xaneiro de 2007 (DOG nº 9, do 12 de xaneiro), publicouse a resolución conxunta da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se convocan cursos de formación continua para o personal do Servizo Galego de Saúde para o ano 2007.

Non obstante, na actividade nº 10 dos cursos inicialmente convocados, denominada Bases anatómico-fisiolóxicas do SNS, enfocadas á patoloxía neurolóxica, non se incluíron como destinatarios dela os diplomados/as en logopedia.

Como consecuencia do anterior, a División Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde e a Escola Galega de Administración Sanitaria acordan o seguinte:

Primeiro.-Incluír os diplomados/as en logopedia como colectivo destinatario da actividade nº 10 do plan de formación continua para o personal do Servizo Galego de Saúde para o ano 2007.

Segundo.-Ampliar o prazo de presentación de solicitudes para participar nesta concreta actividade docente durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. O prazo indicado anteriormente substitúe para esta actividade o establecido na base 3.II. letra a) da convocatoria.

Terceiro.-No resto dos aspectos que rexerán a selección que se vai efectuar neste curso de formación continua será plenamente aplicable o previsto nas súas bases reguladoras publicadas con data 3 de xaneiro de 2007 (DOG nº 9, do 12 de xaneiro).

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2007.

Antonio José Fernández Paniagua Mª Berta Rivera Castiñeira

Director xeral da División Directora da Escola

de Recursos Humanos Galega de Administración

y Desenvolvemento Profesional Sanitaria

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA