DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2007 Páx. 2.658

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 31 de xaneiro de 2007 pola que se declara a alienabilidade dun predio rústico situado no p.k. 63,328 da estrada C-552, A Coruña-Fisterra, no concello de Vimianzo.

O Concello de Vimianzo, o 28 de xuño de 2006, solicitou a cesión en propiedade dun predio rústico situado no p.k. 63,328 da estrada C-552, A Coruña-Fisterra, coa finalidade de destinalo a área de descanso, incluíndo a realización de traballos de adecentamento dunha caseta de legoeiro en ruínas.

O ben atópase inscrito no Rexistro da Propiedade, polo que é procedente declarar a súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento.

En virtude do exposto,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade do ben inmoble que se describe a seguir:

Predio rústico sito no punto quilométrico 63,328 da estrada C-552, A Coruña-Fisterra, lugar de Reparada, no termo municipal de Vimianzo (A Coruña), que ten unha superficie aproximada de 365,80 m. Estrema: ao norte, coa estrada C-552 e María Lavandeira Maceiras; ao sur, con José Antonio Suárez Graíño; ao leste, con José Antonio Suárez Graíño e María Lavandeira Maceiras; e ao oeste, coa estrada C-552, A Coruña-Fisterra, valorado en 3.550,20 euros.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Corcubión no tomo 885, libro 171 de Vimianzo, folio 16, predio nº 20.910, inscrición 1ª.

Referencia catastral: 15093A503050190000MU.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2007.

P.D. (Orde 18-9-2006)

Inmaculada Viña Carregal

Secretaria xeral e do Patrimonio