DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2007 Páx. 2.589

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2007 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2007 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

A aprobación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar xus

tifícase pola necesidade de adecuar esta aos cambios organizativos introducidos polo Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se estableceu a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e polo Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, modificado polos decretos 332/2005, do 18 de agosto, e 454/2005, do 1 de setembro. O devandito

Decreto 454/2005, do 1 de setembro, establece no artigo 1 a estrutura orgánica básica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, o cal se devenvolveu posteriormente polo Decreto 517/2005, do 6 de outubro.

En consecuencia, por proposta da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 10 de xaneiro 2007, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar a relación de postos de traballo da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 10 de xaneiro de 2007, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2007.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza