DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2007 Páx. 2.542

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2007, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2005 destinadas a entidades locais de Galicia para o transporte de residuos a estacións de transferencia ou plantas de xestión.

De conformidade co disposto no artigo 18 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e no artigo 78.8º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, procédese pola presente á publicación do extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Medio Ambiente ao abeiro da Orde de 8 de abril de 2005, destinadas a entidades locais de Galicia para o transporte de residuos sólidos urbanos a estacións de transferencia ou plantas de xestión máis próximas, cuxo importe é igual ou superior a 3.000 euros.

Deste xeito, cómpre sinalar, polo que atinxe ás axudas concedidas con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005, o seguinte:

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 8 de abril de 2005, pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas destinadas a entidades locais de Galicia para o transporte de residuos sólidos urbanos a estacións de transferencia ou plantas de xestión máis próximas (DOG nº 73, do 18 de abril de 2005).

b) Aplicación orzamentaria: 15.04.342A.760.0.

c) Crédito orzamentario: 425.000 euros.

d) Finalidade da axuda: contribuír a abaratar os custos de transporte que teñen que sufragar os concellos polo transporte dos seus residuos sólidos urbanos ata a estación de transferencia ou planta de selección correspondente cando esta dista máis de 25 quilómetros da casa do concello.

e) Destinatarios: concellos, mancomunidades e agrupacións de municipios legalmente constituídas na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpren os requisitos fixados pola orde da convocatoria.

f) Entidades beneficiarias e importe das axudas:

Concello de Monfero: 3.889 euros.

Concello de Lobios: 4.884 euros.

Concello de Marín: 16.082 euros.

Concello de Outes: 3.697 euros.

Concello de Xermade: 3.167 euros.

Concello de Vilaboa: 3.160 euros.

Concello de Guitiriz: 7.392 euros.

Concello de Curtis: 5.481 euros.

Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense: 8.007 euros.

Concello da Pastoriza 5. 211 euros.

Concello da Pontenova: 5.867 euros.

Concello de Covelo: 4.113 euros.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2007.

Joaquín Lucas Buergo del Río

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental