De conformidade co disposto no artigo 18 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e no artigo 78.8º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, procédese pola presente á publicación do extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Medio Ambiente ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2005, destinadas a entidades locais de Galicia para o transporte de residuos sólidos urbanos a estacións de transferencia ou plantas de xestión máis próximas, cuxo importe é igual ou superior a 3.000 euros.
Deste xeito, cómpre sinalar, polo que atinxe ás axudas concedidas con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o período comprendido entre o 1 de novembro de 2005 ata o 31 de outubro de 2007, o seguinte:
a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 23 de decembro de 2005, pola que se convocan as axudas destinadas a entidades locais de Galicia para o transporte de residuos sólidos urbanos a estacións de transferencia ou plantas de xestión máis próximas (DOG nº 249, do 29 de decembro).
b) Aplicación orzamentaria: 15.03.342A.760.0.
c) Crédito orzamentario:
-662.500 euros con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2006.
-662.500 euros con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2007.
d) Finalidade da axuda: contribuír a abaratar os custos de transporte que teñen que sufragar os concellos polo transporte dos seus residuos sólidos urbanos ata a estación de transferencia ou planta de selección correspondente cando esta dista máis de 25 quilómetros da casa do concello.
e) Destinatarios: concellos, mancomunidades e agrupacións de municipios legalmente constituídas na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpren os requisitos fixados pola orde da convocatoria.
f) Entidades beneficiarias e importe das axudas:
Entidade Axuda concedida orzamentos 2006 Axuda concedida orzamentos 2007
Concello de Paderne 11.738 A 8.385 A
Concello de Carballo 63.682 A 45.487 A
Concello de Cerdedo 3.133 A 2.238 A
Concello de Xermade 6.163 A 4.402 A
Concello de Frades 3.387 A 2.419 A
Concello de Muíños 4.918 A 3.513 A
Concello de Mesía 3.610 A 2.579 A
Concello de Viana do Bolo 13.492 A 9.637 A
Concello de Curtis 11.459 A 8.185 A
Concello de Toques 5.281 A 3.772 A
Concello das Neves 3.173 A 2.795 A
Concello de Arbo 18.863 A 13.474 A
Concello de Guitiriz 14.938 A 10.670 A
Concello de Carballeda de Avia 3.410 A 2.436 A
Concello de Trazo 5.075 A 3.625 A
Concello de Riotorto 4.575 A 3.268 A
Mancomunidade Voluntaria de Concellos de Ourense 10.458 A 7.470 A
Concello de Sada 16.143 A 11.531 A
Concello de Covelo 8.472 A 6.051 A
Concello de Oza dos Ríos 3.755 A 2.682 A
Concello das Pontes de García Rodríguez 43.100 A 30.785 A
Concello de Chandrexa de Queixa 3.455 A 2.468 A
Concello de Boimorto 5.818 A 4.156 A
Concello de Cedeira 8.369 A 5.978 A
Concello de Melide 30.188 A 21.563 A
Consorcio das Mariñas 31.974 A 22.839 A
Concello de Irixoa 3.065 A 2.189 A
Concello de Ortigueira 20.515 A 14.654 A
Concello de Outes 7.166 A 5.119 A
Concello de Campo Lameiro 3.785 A 2.703 A
Concello de Valga 4.060 A 2.900 A
Concello de Aranga 7.149 A 5.106 A
Concello de Lobios 10.120 A 7.229 A
Concello de Vilar de Barrio 6.007 A 4.291 A
Concello de Monfero 6.913 A 4.938 A
Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza 54.301 A 38.787 A
Concello da Pontenova 14.958 A 10.684 A
Concello da Pastoriza 9.534 A 6.810 A
Concello de Láncara 10.053 A 7.181 A
Concello de Abadín 9.587 A 6.848 A
Concello de Palas de Rei 9.174 A 6.553 A
Concello de Vilalba 41.010 A 29.293 A
Concello de Castro de Rei 6.317 A 4.512 A
Concello de Entrimo 3.800 A 3.476 A
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2007.
Joaquín Lucas Buergo del Río
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
E XUSTIZA