DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2007 Páx. 2.231

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 9 de xaneiro de 2007 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2007.

Advertidos erros na Orde do 9 de xaneiro de 2007, publicada no DOG nº 11, do 16 de xaneiro de 2007, pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2007, é necesario facer as oportunas correccións:

Artigo 1º.-Autorizacións marisqueiras.

-Na páxina 617.

* Confraría de pescadores de Miño.

Onde di: «Zona de traballo: a pé: Castelo Souto-Láncara, Castelo Pedrido, Lombo Espiñeira, praia pequena-porto».

Debe dicir: «Zona de traballo: a pé: Castelo Souto-Láncara, Castelo Pedrido, Lombo Espiñeira, praia pequena-porto, praia grande de Miño-punta Allo».

-Na páxina 618.

* Confraría de pescadores da Coruña.

Onde di: «Épocas probables de extracción: desde embarcación: de xaneiro a abril, outubro a decembro».

Debe dicir: «Épocas probables de extracción: desde embarcación: de xaneiro a abril, de agosto a decembro».

* Confraría de Camariñas.

Onde di: «Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho».

Debe dicir: «Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho e caramuxo».

* Confraría de pescadores de Muros (desde embarcación).

Onde di: «Días máximos de extracción: 7».

Debe dicir: «Días máximos de extracción: 70».

-Na páxina 622:

* Confraría de pescadores de Baiona (desde embarcación).

Onde di: «Días máximos de extracción: 60.

Puntos de venda: lonxa de Baiona.

Especies: ameixa rubia, ameixa babosa, ameixa xaponesa, cornicha, marolo, carneiro, chirla e reloxo».

Debe dicir: «Días máximos de extracción: 80.

Puntos de venda: lonxas de Baiona e Vigo.

Especies: ameixa rubia, ameixa babosa, cornicha, marolo, carneiro, chirla e reloxo».

Artigo 2º.-Zonas de libre marisqueo.

Onde di: «1. De acordo co previsto no artigo 5 do Decreto 423/1993 modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, autorízase como norma xeral a extracción de moluscos nas zonas de libre marisqueo, non suxeitas a plan específico desde o 2 de xaneiro ao 30 de marzo e desde o 1 de outubro ata o 28 de decembro».

Debe dicir: «1. De acordo co previsto no artigo 5 do Decreto 423/1993 modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, autorízase como norma xeral a extracción de moluscos nas zonas de libre marisqueo, non suxeitas a plan específico desde o 2 de xaneiro ao 30 de marzo e desde o 1 de outubro ata o 31 de decembro».

-Na páxina 623:

Onde di: «Ameixa rubia: 10 kg/tripulante/día cun máximo de 30 kg, establecéndose como equivalencia para os efectos de topes a relación 1kg/2kg entre babosa e rubia».

Debe dicir: «Ameixa rubia: 15 kg/tripulante/día cun máximo de 45 kg, establecéndose como equivalencia para os efectos de topes a relación 1kg/2kg entre babosa e rubia».

Artigo 3º.-Plans específicos en zonas de libre marisqueo.

-Na páxina 624:

* Confraría de pescadores de Espasante.

Onde di: «Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro».

Debe dicir: «Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xuño a setembro, novembro e decembro».

-Na páxina 627:

* Confraría de pescadores da Illa de Arousa (a pé).

Onde di: «Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, berberecho e reloxo».

Debe dicir: «Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, berberecho, reloxo e caramuxo».

-Na páxina 628:

* Plan conxunto das confrarías de Bueu e Portonovo (desde embarcación).

Onde di: «Plan conxunto das confrarías de Bueu e Portonovo (desde embarcación)».

Debe dicir: «Plan conxunto das confrarías de Bueu, Portonovo e Aldán (desde embarcación)».

* Plan de ameixa rubia da confraría de pescadores de Bueu.

Onde di: «Zona de traballo: entre punta Faxilda e punta Samieira (Raxó), entre punta de Debaixo dos Pintos (Marín) e punta Preguntoiro, e entre punta Alada e punta Couso».

Debe dicir: «Zona de traballo: entre punta Faxilda e punta Samieira (Raxó), entre punta de Debaixo dos Pinos (Marín) e punta Preguntoiro, e entre punta Alada e punta Couso».

* Plan de ameixa rubia da Confraría de Cangas.

Onde di: «Épocas probables de extracción: de xaneiro a e decembro».

Debe dicir: Épocas probables de extracción: xaneiro e decembro».

-Na páxina 629.

Artigo 4º

Onde di: «Aquelas embarcacións que conten no seu permiso de explotación coas artes de bou de vara ou bou de man, poderán realizar as capturas con carácter xeral desde o 2 de xaneiro de 2007 ata o 30 de marzo, e desde o 23 de novembro ao 29 de decembro e sempre de acordo co previsto no Decreto 424/1993, do 17 de decembro. Para a extracción de moluscos bivalvos no período autorizado axustaranse ao contido do disposto no Decreto 423/1993, do 17 de decembro, artigo 2.2º».

Debe dicir: «Aquelas embarcacións que conten no seu permiso de explotación coas artes de bou de vara ou bou de man poderán realizar as capturas con carácter xeral desde o 2 de xaneiro de 2007 ata o 30 de marzo, e desde o 2 de novembro ao 31 de decembro e sempre de acordo co previsto no Decreto 424/1993, do 17 de decembro. Para a extracción de moluscos bivalvos no período autorizado axustaranse ao contido do disposto no Decreto 423/1993, do 17 de decembro, artigo 2.2º».

Artigo 5º.-Percebe.

-Na páxina 630.

* Confraría de pescadores da Coruña-Mera-Ares-Lorbé.

Onde di: «Punto de control: porto de O Portiño, San Amaro, Mera e Ares».

Debe dicir: «Puntos de control: portos de Suevos, O Portiño, Mera, Ares, San Amaro e Dársena de Oza».

-Na páxina 632.

* Confraría de pescadores de Bueu.

Onde di: «Zona de traballo: de Punta Lapamán a Punta Morcegos».

Debe dicir: «Zona de traballo: de Punta Lapamán a Punta Morcegos, Illas Ons e Onza».

* Confraría de pescadores de Baiona.

Onde di: «Puntos de control: a pé: zona 1 porrido; zona 2: porto Castro; zona 3: pedra Rubia».

Debe dicir: «Puntos de control: a pé: zona 1 Salgueira; zona 2: porto Castro; zona 3: pedra Rubia».

Artigo 6º.-Outros crustáceos.

Onde di: «1. De acordo co establecido no artigo 14 do Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, os períodos autorizados en 2007 para a captura doutras especies de crustáceos establécense como segue:

Nécora (Necora puber): do 2 ao 5 de xaneiro e do 23 de xullo ao 28 de decembro.

Lumbrigante (Homarus gammarus): do 2 de xullo ao 31 de agosto.

Santiaguiño (Scyllarus arctus): do 1 de outubro ao 28 de decembro.

Lagosta (Palinurus elephas): do 2 de xullo ao 31 de agosto.

Cangrexo (Carcinus maenas): todo o ano.

Conguito (Macropipus corrugatus) e patulate (Macropipus depurator): do 2 de xaneiro ao 30 de marzo e do 2 de xullo ao 28 de decembro.

Centola (Maia squinado) e boi (Cancer pagurus): do 2 de xaneiro ao 29 de xuño, e do 23 de novembro ata o 28 de decembro. Nas zonas sinaladas no anexo I, soamente se poderá extraer desde o 1 de febreiro ata o 29 de xuño».

Debe dicir: «1. De acordo co establecido no artigo 14 do Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, os períodos autorizados en 2007 para a captura doutras especies de crustáceos establécense como segue:

Nécora (Necora puber): do 2 ao 5 de xaneiro e do 23 de xullo ao 31 de decembro.

Lumbrigante (Homarus gammarus): do 2 de xullo ao 31 de agosto.

Santiaguiño (Scyllarus arctus): do 1 de outubro ao 31 de decembro.

Lagosta (Palinurus elephas): do 2 de xullo ao 31 de agosto.

Cangrexo (Carcinus maenas): todo o ano.

Conguito (Macropipus corrugatus) e patulate (Macropipus depurator): do 2 de xaneiro ao 30 de marzo e do 2 de xullo ao 31 de decembro.

Centola (Maia squinado) e boi (Cancer pagurus): do 2 de xaneiro ao 29 de xuño, e do 23 de novembro ata o 31 de decembro. Nas zonas sinaladas no anexo I, soamente se poderá extraer desde o 1 de febreiro ata o 29 de xuño».

Artigo 7º.-Equinodermos.

-Na páxina 633.

Onde di:

* «Plan conxunto das confrarías de Cedeira, Cariño, Espasante, O Barqueiro e Bares.

Puntos de control: zona de produción e peiraos de Cedeira, Cariño, Espasante e O Barqueiro».

Debe dicir:

* Plan conxunto das confrarías de Cedeira, Cariño, Espasante e O Barqueiro-Bares.

Puntos de control: zona de produción e peiraos de Cedeira, Cariño, Espasante e O Barqueiro-Bares».

-Na páxina 635.

* Confrarías de pescadores de Bueu, Portonovo e Sanxenxo.

Onde di: «Zona de traballo: de punta Faxilda a punta Centolo; e de punta Galera a punta Couso; de punta Couso a punta Morcegos».

Debe dicir: «Zona de traballo: interior da liña imaxinaria que une punta Faxilda a punta Centolo; de punta Galera a punta Couso; de punta Couso a punta Morcegos. Illas Ons e Onza».

Artigo 8º.-Navalla e longueirón.

-Na páxina 638.

* Plan de navalla, longueirón e longueirón vello da Confraría de pescadores da Illa de Arousa.

Onde di: «Zona de traballo: zonas de autorización: de Sepeiras de Terra ata punta Quilme, Areoso, Camallón, Roncadeiras, punta Testos, punta Niña do Corvo, Área Secada e punta Cabalo».

Debe dicir: «Zona de traballo: de Sepeiras de Terra ata punta Quilme, Areoso, Camallón, Roncadeiras, punta Testos, punta Niña do Corvo, Área Secada e punta Cabalo».

* Plan de navalla e longueirón da Confraría de pescadores de Aldán.

Onde di: «Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro cunha veda para a navalla do 13 de xaneiro ao 18 de maio e para o longueirón do 15 de abril ao 15 de xuño».

Debe dicir: «Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro cunha veda para a navalla do 13 de xaneiro ao 18 de marzo e para o longueirón do 15 de abril ao 15 de xuño».