DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2007 Páx. 2.163

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2007, da Dirección Xeral da División de Recursos Económicos, pola que se lles dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 30 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia número 116, do 19 de xuño) e se fai pública a modificación dos créditos recollidos nela.

Por orde da Consellería de Sanidade do 30 de maio de 2006 (DOG nº 116, do 19 de xuño), regúlase a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para o mantemento de puntos de atención continuada e zonas especiais de urxencias que funcionen en centros de saúde de titularidade municipal.

O artigo 13º da orde reguladora dispón:

«As subvencións que se concedan en execución desta orde serán financiadas con cargo á aplicación 50 01 2121 460.0 dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2006, na que existe un crédito inicial de 610.000 euros. A citada cantidade poderase incrementar en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de crédito».

Na súa virtude

RESOLVE:

Primeiro.-De acordo co previsto no artigo 13º da orde reguladora, modifícanse os créditos asignados ás seguintes aplicacións orzamentarias, incrementándoos nas contías que se indican:

AplicaciónContíaAno

50 01 2121 460.015.513 A2006

Segundo.-En cumprimento do disposto no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 12 da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, procédese por esta resolución á publicación das axudas concedidas.

Programa e crédito orzamentario de imputación: 50 01 2121 460.0 dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2006.

Finalidade das subvencións: axuda para gastos derivados do normal funcionamento dos puntos de atención continuada e zonas especiais de urxencia que funcionen en centros de saúde de titularidade municipal.

Concellos beneficiarios e importes concedidos:

Nome do concelloImporte total en euros

Arteixo26.368

Arzúa20.397

Boiro34.577

Cambre15.182

Cariño 2.676

Cedeira14.764

Nome do concelloImporte total en euros

Culleredo22.187

Curtis 8.138

Fene 4.163

A Laracha18.093

Melide19.366

Negreira15.279

Oleiros27.663

Ortigueira 7.274

Padrón12.042

Ponteceso22.053

As Pontes de García Rodríguez17.262

Sada22.963

San Sadurniño12.256

Santa Comba26.152

Vimianzo15.513

Becerreá15.574

Cervantes 2.770

O Corgo12.850

Folgoso do Courel 5.331

Guntín 8.207

Meira 6.155

Outeiro de Rei 7.548

Palas de Rei21.182

Pedrafita do Cebreiro 4.898

Vilalba12.489

Bande 7.403

Barbadás 5.062

O Bolo 2.686

Castro Caldelas11.896

Coles 5.502

A Gudiña 3.883

Maceda13.098

A Mezquita 4.883

A Pobra de Trives 9.312

Viana do Bolo 6.415

A Veiga 3.184

Bueu16.651

Caldas de Reis 7.903

Cambados14.983

Cerdedo 9.367

A Guarda19.677

Silleda15.876

Valga 6.360

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2007.

Ana Fernández Pulpeiro

Directora xeral da División

de Recursos Económicos

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA