DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2007 Páx. 2.000

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 16 de xaneiro de 2007 pola que se fixan os criterios de cálculos para a determinación da fianza nas actividades determinadas no Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Galicia.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 18, do 25 de xaneiro de 2007, cómpre facer a seguinte corrección:

-Na páxina 1.083, en concreto, no artigo 6º, na terceira liña, onde di: «... no momento da solicitude da actividade os documentos que xustifiquen a súa aplicación», debe dicir: «... no momento da solicitude da autorización ou inscrición da actividade os documentos que xustifiquen a súa aplicación».

-Nas páxinas 1.084 e 1.085, na letra d) do anexo I, referente á produción de residuos non perigosos, onde di: «A contía base calcularase segundo a fórmula seguinte, fixándose en todo caso unha cantidade mínima de 10.000 A.

T/Ano; contía sen redución:

10.000: 10 euros/t.

10.000-60.000: 5 euros/t.

Máis de 60.000: 2 euros/t.

No caso de existir... ».

Debe dicir: «A contía base calcularase segundo a fórmula seguinte, fixándose en todo caso unha cantidade mínima de 10.000 A.

T/Ano; contía sen redución:

10.000: 10 euros/t.

10.000-60.000: 5 euros/t.

Máis de 60.000: 2 euros/t.

No caso de existir...».

-Na páxina 1.085, no anexo II, fanse as seguintes correccións: no parágrafo segundo referente ao aval, nas liñas 2, 3 e 4, onde di: «... (actividade para a que se exixe a constitución da fianza, así como referencia do número de expediente) ...», debe dicir: «... (actividade para a que se exixe a constitución da fianza)...; na liña 18 deste mesmo parágrafo, onde di: «... actividade obxecto de autorización ...», debe dicir: «... actividade obxecto de autorización ou inscrición»; e finalmente, na liña 5 do parágrafo terceiro, onde di: «... con renuncia expresa ao beneficio de exclusión ...», debe dicir: «... con renuncia expresa ao beneficio de excusión...».