DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2007 Páx. 1.999

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, pola que se fai pública a resolución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se desestima o recurso contencioso-administrativo interposto polo Sindicato de Administración Pública de Pontevedra da Confederación General del Trabajo (CGT) contra o Decreto 13/2005, do 3 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade.

O artigo 72.2º en, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, dispón que as sentenzas firmes que anulen unha disposición xeral producirán efectos desde a súa publicación.

Para dar cumprimento a este precepto, dítase a presente resolución pola que se fai pública a resolución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso contencioso-administrativo 0000338/2005 que a continuación se transcribe:

«Que debemos desestimar e desestimamos o recurso contencioso-administrativo interposto polo Sindicato de Administración Pública de Pontevedra da Confederación General del Trabajo (CGT) contra o Decreto 13/2005, do 3 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, sen facer expresa imposición en custas».

O que se comunica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2007.

José Manuel Peña Penabad

Secretario xeral da Consellería de Sanidade