DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2007 Páx. 1.999

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, pola que se fai pública a resolución da sentenza do Tribunal Supremo pola que se desestima o recurso de casación interposto pola Federación Española de Ortesistas e Protesistas contra a orde da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais do 18 de agosto de 2000, que modifica a do 23 de xullo de 1999, sobre regulación de establecementos de ortopedia na Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 72.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, dispón que as sentenzas firmes que anulen unha disposición xeral producirán efectos dende a súa publicación.

Para dar cumprimento a este precepto, dítase a presente resolución pola que se fai público o ditame da sentenza do Tribunal Supremo no recurso de casación 5470/2002 que a continuación se transcribe:

«Que estimando o único motivo de casación da litis, debemos declarar e declaramos que non procede o recurso de casación interposto pola Federación Española de Ortesistas e Protesistas, que actúa representada pola procuradora Esperanza Azpeitia Calvin, contra a sentenza de 29 de maio de 2002, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída no recurso contencioso-administrativo 957/2000, que queda firme. Con expresa condena en custas á parte recorrente, sinalándose como cantidade máxima para reclamaren los letrados das partes recorridas a cantidade de 1.300 euros cada un».

O que se comunica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2007.

José Manuel Peña Peñabad

Secretario xeral da Consellería de Sanidade