DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2007 Páx. 1.862

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 31 de xaneiro de 2007 pola que se clasifica como de interese ambiental a Fundación José Luis Taboada.

Visto o expediente de clasificación da Fundación José Luis Taboada, con domicilio en Carballedo (Lugo).

Supostos de feito.

1. Juan José Gómez Fernández, na súa condición de patrón da fundación, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Ourense, o día dezaseis de novembro de dous mil seis, ante a notaria María José Rodríguez Tourón, co número de protocolo dous mil cento catro, por José Luis Taboada García, Ramón Taboada de Zúñiga Salgado, Constantino González Fernández e Juan José Gómez Fernández; interveñen todos no seu propio nome e dereito, facéndoo ademais Juan José Gómez Fernández, en nome e representación de Magdalena Fernández Soto.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, a fundación ten por obxecto:

a) Manter e conservar o primitivo Couto Xurisdicional do Señorío de Cartelos, vixente ata o século XIX, axustada esta conservación á lexislación e normativa vixente.

b) Axustar as distintas accións, plans, proxectos e decisións á normativa vixente que regula a presenza, actuación e desenvolvemento de espazos naturais protexidos.

c) Conservar, manter e promover técnica e cientificamente o espazo natural é misión prioritaria da fundación conforme a normativa aplicable ás normas de bo criterio que, desde o punto de vista técnico e científico aconsellen actuar en cada momento.

d) No espazo natural protexido atópanse tamén parcelas agrícolas nas cales ao longo do tempo se veñen realizando distintos cultivos. Figuran outras áreas que non están incluídas no perímetro do espazo natural protexido, que se vén actuando nelas con fins de investigación e produción que se iniciaron na primeira metade do século XX, e nos cales participaron organismos da Administración central, periférica, autonómica e provincial.

e) Colaborar coa Administración provincial, autonómica, periférica, central, Unión Europea e outras en traballos que teñan como finalidade o mantemento e conservación do medio rural.

f) Estes fins concretos teñen que adecuarse ás catro unidades ben diferenciadas que son: unidade forestal, unidade agrícola, unidade pecuaria e centro de estudos.

4. O padroado da fundación estará integrado por José Luis Javier Taboada García como presidente, Ramón Taboada de Zúñiga Salgado como vicepresidente, Magdalena Fernández Soto como secretaria, Constantino González Fernández como tesoureiro e Álvaro Taboada de Zúñiga e Romero, José Luis Benedito Castellote, Juan Piñeiro Andión, José Antonio Quiroga Díaz e Juan José Gómez Fernández como vogais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese ambiental a Fundación José Luis Taboada, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese ambiental e a súa adscrición á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola comisión de secretarios xerais na súa reunión do día vinte e nove de xaneiro de dous mil sete.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril), a Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese ambiental a Fundación José Luis Taboada, adscribíndoa á Consellería de

Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2007.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza