DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2007 Páx. 1.734

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 13/2007, do 1 de febreiro, polo que se autoriza a implantación de estudos oficiais de posgrao nas universidades do sistema universitario de Galicia para o curso 2007/2008.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro (BOE do 19 de xaneiro de 1988, DOG do 17 de febreiro de 1988), transferiulle á Comunidade Autónoma competencias en materia de universidades. Estas competencias foron asumidas pola Comunidade Autónoma e asignadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Decreto 62/1988, do 17 de marzo (DOG do 8 de abril).

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, no artigo 8.2º establece que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e a validez en todo o territorio nacional serán acordadas pola comunidade autónoma, ben por proposta do Consello Social ou ben por propia iniciativa co acordo do referido consello, en todo caso logo do informe do Consello de Goberno da universidade.

No uso da autorización outorgada ao Goberno polo artigo 88.2º da Lei orgánica 6/2001, de universidades, do 21 de decembro, ditouse o Real decreto 56/2005, do 21 de xaneiro, polo que se regulan os estudos universitarios oficiais de posgrao. Estes estudos de posgrao teñen como finalidade a especialización do estudante na súa formación académica, profesional ou investigadora e articúlanse en programas integrados polas ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de máster ou doutor. Este real decreto regula o marco xurídico das ensinanzas de posgrao, en consonancia coas liñas xerais emanadas do Espazo Europeo de Educación Superior. No artigo 5, modificado polo Real decreto 1509/2005, do 16 de decembro, se establece que a implantación dos programas oficiais de posgrao será acordada pola comunidade autónoma correspondente, de acordo co que establece o artigo 8.2º da Lei orgánica de universidades.

No ámbito autonómico esta materia está regulada no Decreto 259/1994, do 29 de xullo (DOG do 16 de agosto), polo que se establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia. No seu artigo 3.1º establécese que a autorización para a implantación de estudos no ámbito territorial propio da comunidade autónoma farase por decreto do Consello

da Xunta de Galicia, por proposta do Consello Social da universidade galega xa autorizada e logo do informe do Consello Galego de Universidades.

Baixo a formulación xeral exposta, neste decreto considérase a implantación de estudos conducentes aos títulos de máster e doutor no sistema universitario de Galicia, unha vez cumpridos xa todos os requisitos previos ao acto formal de autorización por parte da Xunta de Galicia.

A construción dun Espazo Europeo de Educación Superior, organizado polos principios de calidade, mobilidade, diversidade e competitividade oriéntase á consecución, entre outros obxectivos, dun sistema baseado fundamentalmente en dous niveis principais de ensino: grao e posgrao. Neste proceso de converxencia destaca a relevancia dos estudos europeos de posgrao como un dos principais elementos para reforzar a educación superior europea no contexto internacional e a acreditación dos estudos para asegurar un nivel de calidade adecuado.

A reforma do modelo iníciase coa regulación da estrutura das ensinanzas universitarias e a regulación dos estudos de grao dada polo Real decreto 55/2005, do 21 de xaneiro, polo que o proceso de implantación das novas ensinanzas oficiais de posgrao dependerá da configuración do novo catálogo de títulos oficiais de grao no marco do proceso de converxencia europea e dos prazos previsibles para súa posta en marcha, que se desenvolverá de forma progresiva ata o ano 2010.

A oferta de ensinanzas oficiais de posgrao ten que deseñarse co obxecto de atender fundamentalmente á demanda dos actuais titulados universitarios que desexen recibir unha especialización adicional ou formación investigadora e a de profesionais titulados universitarios que decidan actualizar os seus coñecementos e destrezas ou modificar o seu perfil. Así mesmo ten que responder ás necesidades de Galicia cunha oferta coordinada, integrada e complementaria no sistema universitario de Galicia.

Os programas de posgrao que se van implantar están pensados nunha oferta versátil que se adapta ao perfil do alumno actual e futuro, que responde ás necesidades socioeconómicas galegas, ás expectativas de formación dos alumnos e ás necesidades estruturais de funcionamento das universidades.

Por todo isto, en aplicación do artigo 8.2º da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, por proposta dos consellos sociais das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, cos informes dos consellos de goberno das respectivas universidades, logo do informe favorable do Consello Galego de Universidades, en exercicio das competencias sinaladas na Lei 2/2003, do 22 de maio, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria e logo da deli

beración do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do un de febreiro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Conceder autorización, no sistema universitario de Galicia, para a implantación dos estudos oficiais de posgrao para o curso 2007/2008 que se relacionan nos anexos I, II e III deste decreto.

Disposicións adicionais

Primeira.-Respecto da homologación dos plans de estudos, as universidades ateranse ao disposto no artigo 35 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e a regulación contida no Real decreto 49/2004, do 19 de xaneiro, sobre homologación de plans de estudos e títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

Segunda.-A efectiva impartición de estudos autorizados neste decreto queda condicionada ao procedemento ordinario que cumpra segundo o establecido no artigo 35.4º da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e no Real decreto 49/2004, do 19 de xaneiro, sobre homologación de plans de estudos e títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria para que, no ámbito das súas competencias, dite as disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, un de febreiro de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

PROGRAMAS OFICIAIS DE POSGRAO (POP) NO SISTEMA

UNIVERSITARIO DE GALICIA

POPTítuloUniv.

Dereito urbanístico e do medio ambienteMáster en dereito urbanístico e do medio ambienteUVigo

DereitoMáster en asesoramento xurídico empresarial. Esp. en dereito inmobiliario e da construción, dereito ambiental e dereito urbanísticoUDC

Educación, xénero e igualdadeMáster en educación, xénero e igualdade. Esp. en investigación e deseño de programas e intervención educativaUSC

Doutor

Economía e empresaMáster en xestión e políticas públicasUDC

Doutor

POPTítuloUniv.

Desenvolvemento rexional e integración económicaMáster en desenvolvemento rexional e integración económica. Esp. en desenvolvemento rexional e integración económicaUSC

Doutor

Lingua e usos profesionaisMáster en lingua e usos profesionais: español, galego e inglésUDC

Saúde, discapacidade, dependencia e sociedadeMáster en intervención na discapacidade e na dependenciaUDC

Doutor

Intervención logopédicaMáster en intervención logopédica na infancia e na adolescenciaUDC

Ciencias da saúdeMáster en asistencia e investigación sanitaria:-Esp. avances en medicina clínica-Esp. reeducación funcional, autonomía persoal e calidade de vida-Esp. fundamentos de investigación biomédicaUDC

Doutor

Enxeñaría marítimaMáster en enxeñaría marítimaUDC

Doutor

Enxeñaría industrialMáster en enxeñaría e tecnoloxía industrialUDC

Seguridade integralMáster en prevención de riscos laboraisUVigo

Prevención en riscos laborais e saúde medioambientalMáster en prevención en riscos laborais e saúde medioambientalUSC

Rehabilitación arquitectónicaMáster en rehabilitación arquitectónicaUDC

Enerxía e sustentabilidadeMáster en enerxía e sustentabilidadeUVigo

Enerxías renovables e sustentabilidade enerxéticaMáster en enerxías renovables e sustentabilidade enerxéticaUSC

Doutor

Enxeñaría para o desenvolvemento ruralMáster en enxeñaría para o medio ruralUSC

Industrias lácteasMáster en ciencia e tecnoloxía das industrias lácteasUSC

Química teórica e modelización computacionalDoutorUVigo

Ciencia e tecnoloxía ambientalMáster en ciencia e tecnoloxía ambientalUDC

Xestión e dirección laboralMáster en xestión e dirección laboral: esp. en seguridade social, xestión de recursos humanos, xestión sociolaboralUVigo, UDC, USC

Fotónica e tecnoloxías do láserMáster en fotónica e tecnoloxías do láserUVigo, UDC, USC

Doutor

Estatística e investigación operativaMáster en técnicas estatísticasUSC, UDC, UVigo

Doutor

Ciencia e tecnoloxía químicaMáster en química avanzada (transformación en interuniv. incorporación UVI)USC, UVigo

Doutor

ANEXO II

PROGRAMAS OFICIAIS DE POSGRAO INTERUNIVERSITARIOS

INTERCOMUNITARIOS

POPTítuloUniv.

Lóxica e filosofía da cienciaMáster en lóxica e filosofía da cienciaUSAL, UAM, USC, UVA, UCM, UV, ULL, UMA

Doutor

Ciencias da visiónMáster de investigación das ciencias da visión:-Esp. biomédica-Esp. físico-ópticaUVA, USC, UM, U. Coimbra, UCM, UMH

Doutor

Tecnoloxías da información e comunicacións en sistemas de telecomunicaciónMáster en tecnoloxías da información e comunicacións en redes móbilesUNIZAR, UDC, UPV, UNIOVI, UNICAN

Doutor

Ciencia e tecnoloxía químicaMáster interuniversitario en química orgánicaUB, UAM, UCM, USC

Química teórica e modelización computacionalMáster en Theoretical chemistry and computational modellingUAM, UVigo

ANEXO III

PROGRAMAS DE DOUTORAMENTO ENMARCADOS EN PROGRAMAS

OFICIAIS DE POSGRAO PRESENTADOS O ANO ANTERIOR

POPTítuloUniv.

XerontoloxíaDoutorUSC, UDC

NeurocienciaDoutorUSC, UDC, UVigo

Estudos de xéneroDoutorUVigo

Historia contemporáneaDoutorUAM, USC, UAB, UIMP

Urbanismo: plans e proxectos. Do territorio á cidadeDoutorUDC

Ciencia e tecnoloxía agroalimentariaDoutorUVigo

Enxeñaría biotecnolóxicaDoutorUSC

Métodos matemáticos e simulación numérica en enxeñaría e ciencias aplicadasDoutorUSC, UDC, UVigo

Física aplicadaDoutorUVigo, UDC

Química ambiental e fundamentalDoutorUDC

USAL: UNIVERSIDADE DE SALAMANCA

UCM: UNIVERSIDADE COMPLUTENSE DE MADRID

UVA: UNIVERSIDADE DE VALLADOLID

UB: UNIVERSIDADE DE BARCELONA

UNIZAR: UNIVERSIDADE DE ZARAGOZA

USC: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

UV: UNIVERSIDADE DE VALENCIA

UNIOVI: UNIVERSIDADE DE OVIEDO

ULL: UNIVERSIDADE DE LA LAGUNA

UM: UNIVERSIDADE DE MURCIA

UIMP: UNIVERSIDADE INTERNACIONAL MENÉNDEZ PELAYO

UAB: UNIVERSIDADE AUTÓNOMA DE BARCELONA

UAM: UNIVERSIDADE AUTÓNOMA DE MADRID

UPV: UNIVERSIDADE DO PAÍS VASCO

UNICAN: UNIVERSIDADE DE CANTABRIA

UMA: UNIVERSIDADE DE MÁLAGA

UDC: UNIVERSIDADE DA CORUÑA

UVigo: UNIVERSIDADE DE VIGO

UMH: UNIVERSIDADE MIGUEL HERNÁNDEZ

U COIMBRA: UNIVERSIDADE DE COIMBRA