DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2007 Páx. 1.694

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2007 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas para o Programa Emprendedores.

Mediante Resolución do 1 de marzo de 2006 publicáronse as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o Programa Emprendedores (DOG nº 49, do 10 de marzo). As mencionadas bases teñen como obxectivo prioritario formentar a aparcición de empresasas promovidas por novos emprendedores e de novas iniciativas empresariais de carácter innovador.

Na súa base 15 establecen que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro das devanditas bases.

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 01.02.12/01/01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Darlle publicidade á relación de beneficiarios, que figura como anexo, das axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o Programa Emprendedores, concedidas durante os meses de novembro e de decembro de 2006.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2007.

José Antonio Delgado Arce

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO

Nº EXPEDIENTENOME/RAZON SOCIALDATA RESOLUCIONIMPORTE SUBVENCIONABLE (EUROS)SUBVENCION (EUROS)

AF010.2006.1.30UMANA INNOVA, S.L.7-11-200671.162,0515.321,60

AF010.2006.1.33TANATORIOS MOVILES POMBO LOURIDO, S.L. (EN CONSTITUCION)7-11-2006342.240,0099.249,60

AF010.2006.1.35ARRULLOS DEL AGUA, S.L. (EN CONSTITUCION)30-11-2006580.365,99162.502,48

AF010.2006.1.31HYDRA TECHNOLOGIES SPAIN, S.L. (EN CONSTITUCION)30-11-2006524.200,00157.260,00