DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2007 Páx. 1.690

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2007, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria (tratamentos DDD).

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6º que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo lles comunicarán aos organismos responsables, na comunidade autónoma, a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitados pola entidade Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso de aplicador/manipulador de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel cualificado.

2. Entidade organizadora.

Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

3. Data.

O curso impartirase dous días por semana nos meses de marzo e abril de 2007, polas tardes das 16.00 ás 21.30 h.

Os días 1, 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27 e 29 de marzo e 10, 12 e 17 de abril de 2007.

4. Duración.

60 horas (avaliación 1 hora).

5. Lugar de celebración.

Aula de formación da E.U. de Formación do Profesorado de EXB de Vigo.

Estrada de Madrid, 8, 36200 Vigo.

6. Número de prazas.

Máximo 30 alumnos.

7. Dirixido a:

Responsables técnicos dos establecementos e servizos de aplicación de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria.

8. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de solicitude de inscrición.

9. Presentación de solicitudes.

Segundo modelo do anexo I.

10. Data límite para a presentación de solicitudes.

Ata o 23 de febreiro de 2007.

11. Programa.

1-3-200716.00-21.30 h-Os praguicidas: concepto de praguicida. Utilización de praguicidas. Historia.-Lexislación aplicable aos praguicidas.-A etiqueta dos envases dos praguicidas. Clasificación dos praguicidas.

6-3-200716.00-21.30 h-Técnicas de aplicación de praguicidas. Descrición dos equipamentos mecánicos.-Precaucións durante o uso dos equipamentos. Preparación de praguicidas.-Práctica: exercicios de preparación de disolucións.

8-3-200716.00-21.30 h-As pragas. Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.-Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas. Praga de interese en Saúde Pública. Microorganismos produtores de enfermidades. Bacterias, fungos.-Práctica: claves de identificación.

13-3-200716.00-21.30 h-Pragas de roedores. Pragas de insectos e ácaros. Métodos de loita. Métodos físicos e mecánicos. Métodos biolóxicos.-Principais axentes de control biolóxico. Métodos químicos.-Práctica: técnicas de seguimento.

15-3-200716.00-21.30 h-Composición e formulación de praguicidas.-Praguicidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases. Residuos de praguicidas e contaminación.-Medidas preventivas de contaminación do medio. Alteracións do equilibrio ecolóxico.

20-3-200716.00-21.30 h-Lei de prevención de riscos laborais. Relación traballo-saúde.-Toxicidade dos praguicidas. Estudos de letalidade. Efectos tóxicos.-Poboación exposta ao risco. Exposición laboral. Exposición non laboral.

22-3-200716.00-21.30 h-Técnicas de tratamento ambiental. Desenvolvemento de programas de aplicación de praguicidas. Introdución a programas de APPCC.-Práctica: exercicio práctico. Implantación.

27-3-200716.00-21.30 h-Introdución aos biocidas. Lexislación de aplicación. Desinfección: produtos utilizados. Raticidas para ratas e ratos. Insecticidas e acaricidas.

29-3-200716.00-21.30 h-Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de praguicidas.-Vías de penetración dos praguicidas no organismo. Criterios de prevención de intoxicación por praguicidas. Condutas para seguir no caso de intoxicación.-Prácticas primeiros auxilios: como colocar o intoxicado, masaxe cardíaca.

10-4-200716.00-21.30 h-Saúde laboral. Riscos. Precaucións e normas de seguridade. Equipamentos de protección persoal (EPI). Protección dos pés, das mans. Protección do corpo e da cabeza.-Práctica: tipos de máscara, protectores oculares, luvas.

12-4-200716.00-21.30 h-Prácticas: preparación de disolucións de produtos. Uso adecuado dos medios de protección persoal. Boas prácticas de almacenamento de praguicidas. Interpretación de pictogramas e etiquetas. Tipos de boquillas. Tipos de cebos.-Funcionamento de equipamentos: nebulizadores, atomizadores, pulverizadores, empoadores.

17-4-200716.00-22.30 h-Manipulación de praguicidas. Transporte, almacenamento, distribución e venda. Lexislación de aplicación.-Práctica: caso práctico.-Proba de avaliación (1 h).

12. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Rematado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitarlle á Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de praguicidas de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2007.

Ramón Medina González-Redondo

Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

FICHA DE SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

Curso de aplicador/manipulador de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel cualificado.

Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

Data: 1, 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27 e 29 de marzo e 10, 12 e 17 de abril de 2007.

Lugar de realización: aula de formación da E.U. de Formación do Profesorado de EXB de Vigo. Estrada de Madrid, 8, 36200 Vigo.

Duración: 60 horas teórico/prácticas e 1 hora proba de avaliación.

Horario: das 16.00 ás 21.30 h.

Nº máximo de alumnos: 30.

Prezo: 560 A que se ingresarán na conta Biocontrol, S.L. do BBVA co número 0182-2201-47-0201553579.

Inscrición: enviar ficha de solicitude xunto co xustificante de pagamento a Biocontrol, avda. Fernández Latorre, 5-9, 2º oficinas 6-7, 15006 A Coruña ata o día 23 de febreiro de 2007.

Teléfono: 981 24 54 18.

Fax: 981 16 81 59. Correo electrónico: biocontrol*biocontrolbcl.com

As inscricións realizaranse por rigorosa orde de chegada de solicitudes.

Empresa

CIF

Enderezo

Localidade

Teléfono Fax

Correo electrónico

Apelidos

Nome

NIF