DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2007 Páx. 1.689

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 15 de xaneiro de 2007, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se convocan probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de formación profesional específica, así como de acreditación de unidades de competencia.

Advertido erro no anexo I da citada resolución, publicada no DOG do 29 de xaneiro de 2007, é necesario publicar e corrixir o seguinte:

-Na páxina 1.201, no cadro correspondente á familia profesional de hostalaría e turismo, ciclo formativo de cociña, na columna correspondente ao módulo profesional, módulo de «técnicas básicas de servizo e de preparación de alimentos e bebidas á vista do cliente», engadirase unha cruz á cela correspondente a «susceptible de validar coa práctica laboral».

-Na páxina 1.203, no cadro correspondente á familia profesional de mantemento de vehículos autopropulsados, ciclo formativo de carrozaría, na columna correspondente ao módulo profesional, módulo de «preparación de superficies», engadiranse dúas cruces, unha cruz á cela correspondente a «susceptible de validar coa formación profesional ocupacional», e outra, á cela correspondente a «susceptible de validar coa práctica laboral».

-Na páxina 1.203, no cadro correspondente á familia profesional de mantemento de vehículos autopropulsados, ciclo formativo de carrozaría, na columna correspondente ao módulo profesional, módulo de «embelecemento de superficies», engadiranse dúas cruces, unha cruz á cela correspondente a «susceptible de validar coa formación profesional ocupacional» e outra, á cela correspondente a «susceptible de validar coa práctica laboral».

-Na páxina 1.203, no cadro correspondente á familia profesional de mantemento de vehículos autopropulsados, ciclo formativo de carrozaría, na columna correspondente ao módulo profesional, módulo de «formación en centros de traballo», engadirase unha cruz, á cela correspondente a «susceptible de validar coa práctica laboral».