DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2007 Páx. 1.665

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 31 de xaneiro de 2007 pola que se regulan as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións destinadas á prestación de servizos sociais polas corporacións locais e se procede á súa convocatoria.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23º, atribúelle á comunidade autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social, en consonancia coa habilitación competencial outorgada ás comunidades autónomas polo artigo 148.1.20º da Constitución española.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais, recolle, no seu artigo 74, a obriga de incluír anualmente na redacción dos seus orzamentos as contías necesarias para atender os gastos derivados do exercicio das competencias que o artigo 26 desta lei lle atribúe á Administración autonómica. Os artigos 75, 76 e 77 establecen a obrigatoriedade por parte das corporacións locais de incluír nos seus orzamentos unha partida específica destinada ao mantemento dos servizos sociais.

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, de conformidade co establecido no Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e no Decreto 517/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia, é o departamento da Xunta de Galicia ao que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións en materia de política de servizos sociais, sen prexuízo das competencias expresamente atribuídas a outras consellerías.

Nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 existe crédito adecuado e suficiente para o financiamento das subvencións previstas nesta orde nos estados de gastos correspondentes á Dirección Xeral de Acción Social da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

Esta orde regula a convocatoria de subvencións ás corporacións locais para o financiamento de programas sociais de atención primaria incluídos no Plan Concertado de Prestacións Básicas de Servizos Sociais, dun primeiro nivel de atención a sectores de poboación con problemáticas diferenciadas, de proxectos destinados a garantir a accesibilidade e supresión de barreiras e de proxectos de desenvolvemento do pobo xitano executados polas corporacións locais de Galicia, de conformidade co establecido na normativa estatal básica da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, tendo en conta as modificacións de que foi obxecto esta norma (especialmente as introducidas polo artigo 12 da Lei 14/2004, de 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, a consecuencia da aprobación da nova normativa estatal básica da Lei 38/2003, do 17 de

novembro, xeral de subvencións), e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, normativa á que, en consecuencia, se adaptará a presente orde, atendendo, en todo caso, aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade e igualdade e non-discriminación.

En virtude do exposto anteriormente, e en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e o seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, e desenvol

vida polo Decreto 211/2005, do 3 de agosto, e mais o Decreto 517/2005, do 6 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto regular as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións ás corporacións locais para o financiamento total ou parcial de servizos sociais e proceder á súa convocatoria. Inclúese, tamén, dentro deste obxecto, o financiamento dos proxectos de desenvolvemento do pobo xitano executados polas corporacións locais.

Artigo 2º.-Servizos sociais subvencionables.

Terán o carácter de subvencionables os seguintes servizos sociais:

1. Servizos sociais de atención primaria que desenvolvan programas e presten axudas favorecedoras da participación, integración e benestar social das persoas ou grupos, dentro do medio máis próximo ao usuario e ao seu contorno. Os ditos servizos sociais comunitarios prestaranse nos seguintes equipamentos:

* Centros de servizos sociais.

* Centros de acollida.

* Albergues.

* Outros equipamentos de apoio ao traballo social de atención primaria (centros de día, centros ocupacionais, etc...).

Dentro das actividades que se desenvolvan nos centros de servizos sociais, serán obxecto de financiamento os seguintes programas básicos de actuación: información, orientación e asesoramento; de atención no fogar e apoio á unidade de convivencia; de prevención e inserción social; de aloxamento alternativo; de fomento de cooperación social e todos aqueles que se poidan levar a cabo desde o primeiro nivel de atención.

Financiarase, así mesmo, nun primeiro nivel, a atención a sectores de poboación con problemáticas diferenciadas, sendo enumerados os seguintes servizos, equipamentos e programas financiables a título enunciativo:

-Servizos, equipamentos e programas na área dos maiores.

-Servizos, equipamentos e programas nas áreas da discapacidade, incluíndo a intervención psicosocial e familiar nos programas de atención temperá.

-Servizos, equipamentos e programas favorecedores da inclusión social de colectivos vulnerables (drogodependencia, alcoholismo, ludopatía, anorexia, consumo compulsivo, etc...).

-Servizos, equipamentos e programas na área da prevención da marxinación e exclusión social.

-Proxectos destinados a garantir a accesibilidade e a supresión de barreiras.

-Aqueloutros que respondan a situacións carenciais de sectores de poboación con problemáticas diferenciadas.

2. Proxectos de desenvolvemento do pobo xitano executados polas corporacións locais de Galicia, que se financiarán de forma autónoma e separada respecto das actuacións enumeradas nas alíneas anteriores.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán solicitar as subvencións que se regulan nesta orde as corporacións locais galegas que desexen implantar ou teñan a titularidade dos centros ou servizos que se mencionan no artigo anterior, para o que deberán estar inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.

Artigo 4º.-Tipos de subvencións.

Os tipos de subvencións que se poderán solicitar son as seguintes:

1. Para financiamento de servizos sociais de atención primaria:

a) De mantemento de servizos sociais de atención primaria, comprendendo, fundamentalmente, o financiamento dos gastos de retribución do persoal adscrito aos ditos servizos. Queda excluído o financiamento dos gastos de mero mantemento de instalacións e equipamentos (auga corrente, enerxía eléctrica, subministracións de materiais consumibles, etc...) das oficinas de servizos sociais de atención primaria, por entender que deben correr por conta da corporación local titular delas; non obstante, como excepción á anterior exclusión, poderán ser subvencionados gastos de mero mantemento cando correspondan a gastos de desprazamento do persoal técnico (traballadores sociais e técnicos de grao medio ou superior) dos servizos de atención primaria no desenvolvemento das súas tarefas e a gastos de funcionamento de instalación directa e inmediatamente destinadas á prestación de servizos sociais, como albergues, casas de acollida, vivendas comunitarias, centros ocupacionais, etc...

b) De realización de programas básicos de actuación de carácter comunitario ou polivalente, destinados á poboación en xeral, e de carácter sectorial, destinados aos sectores de poboación con problemáticas diferenciadas.

c) De investimentos de capital:

* Adquisición de inmobles.

* Construción de nova planta.

* Reforma, ampliación, mellora ou acondicionamento de edificios e instalacións.

* Accesibilidade e supresión de barreiras.

* Equipamento, priorizándose o financiamento dos equipamentos directa e inmediatamente destinados á prestación de servizos sociais, sobre os equipamentos para oficinas de servizos sociais de atención primaria (mobiliario de oficina, equipamentos informáticos, material de arquivo, etc...), por entender que estes últimos deben ser asumidos polas corporacións locais titulares deles.

2. Para financiamento da execución de proxectos de desenvolvemento do pobo xitano.

Artigo 5º.-Renovación de subvencións.

Considérase obxectivo de financiamento prioritario para o exercicio de 2007 o da renovación das subvencións outorgadas ás corporacións locais durante o exercicio de 2006 para os conceptos de «persoal» e «axuda no fogar» dos servizos sociais de atención primaria, sempre que fosen adecuadamente xustificadas no seu día, e de conformidade coas seguintes condicións:

a) A contía referente aos gastos de persoal calcularase en función da concedida para o ano 2006, cun incremento igual ao sinalado no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2007, respecto ao persoal ao seu servizo.

b) A contía para o programa de axuda no fogar non será inferior en ningún caso á da concedida e adecuadamente executada e xustificada no pasado exercicio para esta finalidade.

Será condición indispensable para volver a obter a condición de beneficiario das subvencións correspondentes ás novas concesións de usuarios de axuda no fogar outorgadas no exercicio 2006, de acordo coa orde que regulou estas subvencións nese exercicio económico, dar conta do cumprimento do programa nunha relación específica que se incluirá na avaliación xustificativa de execución de programas realizados no ano 2006.

c) Para a concesión da subvención no exercicio 2007 será necesaria a presentación, con carácter previo, da avaliación do ano 2006, segundo o modelo que se facilitará. O dito modelo segue as clasificacións do Sistema de Información de Usuarios de Servizos Sociais (SIUSS), ficha social informatizada que deberán implantar de forma progresiva todas as corporacións locais galegas, para o que contarán co apoio técnico da Dirección Xeral de Acción Social.

Artigo 6º.-Implantación progresiva da prestación de axuda no fogar no marco do sistema para a autonomía persoal e atención á dependencia.

Para os efectos da incorporación ao programa de axuda no fogar de usuarios incluídos no Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia definido pola Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción

da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, teranse en conta, durante o ano 2007, os seguintes criterios:

a) Serán beneficiarios do referido sistema as persoas valoradas como grandes dependentes. En canto non se implante o novo sistema de valoración, terán para estes efectos o recoñecemento de grandes dependentes, aquelas persoas que acrediten os dous requisitos seguintes:

* Ser perceptor de pensión de grande invalidez, ou ter recoñecido, conxuntamente, de acordo co Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de minusvalidez, o grao de minusvalidez igual ou superior ao 75% e a necesidade de axuda de terceira persoa.

* Acreditar mediante informe médico do Sergas a situación de gran dependencia en que expresamente se indique que a persoa afectada pode permanecer residindo no seu domicilio sen requirir atención hospitalaria.

b) Os sistemas de copagamento dos servizos que se aproben no proceso de implantación do sistema para a autonomía e atención á dependencia serán aplicados directamente polas corporacións locais titulares do servizo de axuda no fogar e incluídos nas súas ordenanzas reguladoras do servizo.

c) A intensidade de atención ás persoas cualificadas como gran dependentes, no marco do citado sistema, será, como mínimo, de tres horas diarias, de luns a venres, de atención doméstica e persoal.

Artigo 7º.-Financiamento.

Para a concesión das subvencións reguladas nesta orde, existe crédito adecuado e suficiente previsto nos orzamentos xerais da comunidade autónoma:

a) Para o ano 2007, por un importe total de 22.428.862,18 A, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias, de conformidade coa seguinte distribución:

-Transferencias correntes, cap. IV (para financiamento de mantemento e realización de programas e para proxectos de desenvolvemento do pobo xitano):

05.31.313C.460.2 por importe de 19.392.937,38 A. (Servizos Sociais de Atención Primaria).

05.31.312F.460.2 por importe de 533.722,00 A. (Plan de Desenvolvemento Xitano).

-Transferencias de capital, cap. VII (para financiamento de investimentos de capital: obras, adquisición de inmobles, equipamento):

05.31.313C.760.2 por importe de 2.043.924,80 A. (Investimentos en Servizos sociais).

05.31.312E.761.0 por importe de 458.278,00 A. (Plan de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas).

b) Se é o caso, poderán adquirirse compromisos de gasto de carácter plurianual de acordo co establecido no artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, con cargo aos anos e aplicacións orzamentarias que se citan:

-Ano 2008:

05.31.313C.760.2 por importe de 1.556.011,80 A.

-Ano 2009:

05.31.313C.760.2 por importe de 1.901.153,40 A.

-Ano 2010:

05.31.313C.760.2 por importe de 1.584.294,50 A.

Artigo 8º.-Solicitudes.

1. As solicitudes de subvencións formularanse nos modelos oficiais normalizados que se publican como anexo I da presente orde, para o financiamento de servizos sociais de atención primaria, tanto de carácter polivalente (aberto á comunidade) como de carácter sectorial (centrados en grupos con problemáticas específicas), e como anexo II, para o financiamento dos proxectos de desenvolvemento do pobo xitano executados por corporacións locais.

2. As peticións de subvencións para servizos sociais de atención primaria, tanto de carácter polivalente como de carácter sectorial, realizaranse nunha única solicitude, incluídas as de renovación de subvencións concedidas no exercicio anterior reguladas no artigo 5º, á cal se xuntará unha memoria individualizada, asinada polo técnico competente, para cada un dos servizos, programas e investimentos para os cales se solicite a subvención, incluíndo a xustificación da subvención solicitada para gastos de mero mantemento, de ser o caso, de conformidade co previsto no artigo 4º.1.a).

3. As peticións de subvencións para a execución de proxectos de desenvolvemento do pobo xitano realizaranse nunha única solicitude, a que se xuntará unha memoria, asinada polo técnico competente, xustificativa das actuacións incluídas dentro do proxecto para o que se solicite a subvención.

4. As solicitudes e a documentación requirida presentaranse, de conformidade cos modelos oficiais normalizados, nas oficinas de rexistro da Administración autonómica ou en calquera rexistro público, sen prexuízo da resolución ulterior do expediente polo órgano competente, de conformidade co disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 9º.-Publicidade.

1. De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe

das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

2. De acordo coa disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, a corporación local solicitante consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como as sancións impostas, de ser o caso, no rexistro público de axudas, subvencións, convenios e sancións.

Artigo 10º.-Documentación.

1. As solicitudes para o financiamento dos servizos sociais de atención primaria, tanto de carácter polivalente como de carácter sectorial, deberán ir acompañadas da documentación seguinte.

1.1. Documentación xeral:

a) Certificacións do órgano correspondente da corporación local, en que conste o seguinte:

-A contía total dedicada pola corporación local (ou corporacións locais, no caso de compartir o servizo) ao mantemento e desenvolvemento dos servizos sociais de atención primaria, tanto de carácter polivalente como de carácter sectorial, e aos investimentos de capital en servizos sociais incluídos no proxecto presentado para a solicitude da subvención (segundo o modelo do anexo III).

Terase en conta, en todo caso, o disposto nos artigos 75 a 77 da Lei de servizos sociais.

-Acordo do órgano competente da corporación local para solicitar a subvención e, no caso de continuidade, de que se seguen a prestar os servizos nas mesmas condicións do ano anterior, para garantir a continuidade dos programas e prestacións dos servizos sociais.

-Se a dita solicitude se fixese mediante resolución da Alcaldía ou Xunta de Goberno Local, deberá achegarse certificación do acordo no que se lle dá conta ao Pleno da Corporación local do contido da citada petición.

b) Certificación do órgano correspondente da corporación local acreditativa da natureza da vinculación, laboral ou funcionarial, do persoal adscrito aos servizos sociais de atención primaria, e do seu grao de estabilidade, fixo ou temporal, no seu posto de traballo.

c) Declaración do peticionario da subvención en que figure o conxunto das subvencións e axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes para un mesmo proxecto, das administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (segundo o modelo do anexo IV).

d) Ficha de solicitude de transferencia bancaria xunto coa certificación bancaria das contas correntes en que se ingresará, de ser o caso, o importe da subvención concedida (segundo o modelo do anexo V).

e) Declaración do presidente ou representante legal da corporación local pola que se compromete a adoptar todas as medidas que sexan necesarias para a plena incorporación da ficha social SIUSS (Sistema de Información dos Usuarios de Servizos Sociais) á xestión dos servizos sociais de atención primaria da dita corporación (segundo o modelo do anexo VI).

f) Memoria individualizada, asinada polo técnico competente do departamento de servizos sociais da corporación, para cada un dos servizos, programas e investimentos para os que se solicite a subvención, incluíndo a xustificación da subvención solicitada para gastos de mero mantemento, de ser o caso, de conformidade co previsto no artigo 4º.1.a).

1.2 Documentación específica:

a) Para a subvención relativa á axuda no fogar, as corporacións locais deberán ter aprobado a correspondente normativa municipal, ao abeiro da Orde do 22 de xullo de 1996, pola que se regula o referido servizo.

b) No suposto de solicitudes en que se inclúan gastos de investimento de capital, xuntarase, ademais, a seguinte documentación:

Adquisición de bens inmobles:

-Certificado da corporación en que acredite a súa participación no orzamento da adquisición (segundo o modelo do anexo VII).

-Certificado do Rexistro da Propiedade en que se acredite que o inmoble obxecto da adquisición está libre de cargas, así como a titularidade deste por parte do vendedor.

-Documento de opción de compra, en que se indicará a data de caducidade da devandita opción, así como o seu prezo.

-Memoria, asinada polo técnico competente do departamento de servizos sociais da corporación, xustificativa da necesidade e viabilidade do equipamento solicitado para mellorar a prestación dos servizos sociais que lle competen.

Construción, reforma, ampliación, mellora ou acondicionamento (incluídos os proxectos destinados a garantir a accesibilidade e a supresión de barreiras):

-Certificado da corporación en que acredite a súa participación no orzamento da obra que se vaia realizar (segundo o modelo do anexo VII).

-Certificado da corporación que acredite o dominio do solicitante sobre o inmoble ou, se este é alugado ou cedido, certificado do propietario en que se fagan constar as condicións en que se efectuou esta, e

a súa conformidade coas obras que se pretendan realizar.

-Certificado da corporación en que se faga constar que os plans urbanísticos aprobados e as ordenanzas municipais en vigor permiten a realización da obra que se proxecta.

-Memoria e orzamento detallado das obras que se van realizar, asinados polo técnico competente da corporación en materia de proxectos de obras, xustificando a necesidade das obras e o cumprimento do disposto na Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, e do disposto no Decreto 243/1995, do 28 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación de centros de servizos sociais (fundamentalmente, do relativo aos requisitos xerais que deben cumprir os centros de servizos sociais). No caso de obras para centros de día, a Dirección Xeral de Acción Social, coa finalidade de facilitarlles a elaboración destes documentos, poñerá á disposición das corporacións solicitantes, como modelo de referencia, tanto na páxina web da Vicepresidencia como nas dependencias da propia Dirección Xeral de Acción Social, un programa funcional para a construción deste tipo de centros, elaborado conxuntamente polos arquitectos do

Servizo de Supervisión de Proxectos e os inspectores competentes da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Centros da Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, así como o proxecto de prototipo de centro de día redactado segundo as ditas prescricións. Cando a corporación solicitante careza de técnico propio poderá encargarlle a elaboración deste documento a un técnico externo á entidade, o que deberá ser acreditado mediante a correspondente certificación. Para o caso de que a corporación solicitante xa teña redactado o proxecto de execución material da obra, a documentación referida anteriormente neste punto será substituída por unha copia do dito proxecto, xunto cun informe asinado polo técnico competente da corporación en materia de proxectos de obras en que faga constar a súa conformidade con el, así como o cumprimento do disposto na Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade

Autónoma de Galicia, e do disposto no Decreto 243/1995, do 28 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación de centros de servizos sociais (fundamentalmente, do relativo aos requisitos xerais que deben cumprir os centros de servizos sociais). Neste último caso, cando a corporación solicitante careza de técnico propio igualmente deberá acreditalo mediante a correspondente certificación.

-Memoria, asinada polo técnico competente do departamento de servizos sociais da corporación, xustificativa da necesidade e viabilidade do equipamento solicitado para mellorar a prestación dos servizos sociais que lle competen.

Equipamento (incluída a adquisición de equipamentos destinados a garantir a accesibilidade e a supresión de barreiras):

* Certificado da corporación en que acredite a súa participación no orzamento do equipamento que proxecte adquirir (segundo o modelo do anexo VII).

* Orzamento das adquisicións que se pretendan realizar.

* Memoria, asinada polo técnico competente do departamento de servizos sociais da corporación, xustificativa da necesidade e viabilidade do equipamento solicitado para mellorar a prestación dos servizos sociais que lle competen.

2. As solicitudes para o financiamento de proxectos de desenvolvemento do pobo xitano deberán ir acompañadas da documentación seguinte:

a) Certificación do órgano correspondente da corporación local, en que conste a contía concreta da achega da corporación local (ou corporacións locais, no caso de compartir o servizo) destinada á execución de proxectos de desenvolvemento do pobo xitano, de ser o caso (segundo o modelo do anexo VIII).

b) Declaración do peticionario da subvención en que figure o conxunto das subvencións e axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes para un mesmo proxecto, das administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (segundo o modelo do anexo IV).

c) Memoria, asinada polo técnico competente do departamento de servizos sociais da corporación, xustificativa das actuacións incluídas dentro do proxecto para o que se solicite a subvención, que deberán adecuarse ás actuacións prioritarias para o 2007 relacionadas no anexo IX.

Artigo 11º.-Prazo de presentación das solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 12º.-Emenda da solicitude.

Os órganos responsables da tramitación comprobarán que as solicitudes reúnen todos os requisitos exixidos. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se achegase a documentación exixida, requirirase o interesado, para que nun prazo de dez días emende a falta ou presente os documentos preceptivos con indicación de que, se así non o fixese, teráselle por desistido da súa petición, e se procederá conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 13º.-Tramitación e comisión de valoración.

1. Unha vez revisados os expedientes e formalmente completos remitiranse, no caso de solicitudes relativas a servizos sociais de atención primaria en

xeral, á comisión de valoración de atención primaria, e no caso de solicitudes relativas a proxectos de desenvolvemento do pobo xitano comisión de valoración do plan xitano.

A composición da comisión de valoración será a seguinte:

a) Comisión de valoración das solicitudes para o financiamento de servizos sociais de atención primaria:

-Presidente: director xeral de Acción Social.

-Vicepresidente: subdirector xeral de Inclusión Social e Cooperación coas Corporacións Locais.

-Vogais: dous funcionarios da dirección xeral designados pola secretaria xeral do Benestar por proposta do director xeral de Acción Social, a ser posible, entre os funcionarios adscritos ao servizo de cooperación coas corporacións locais. Actuará como secretario un dos vocais.

b) Comisión de valoración dos proxectos para o desenvolvemento do pobo xitano:

-Presidente: director xeral de Acción Social.

-Vicepresidente: subdirector xeral de Inclusión Social e Cooperación coas Corporacións Locais.

-Vogais: dous funcionarios da dirección xeral designados pola secretaria xeral do Benestar por proposta do director xeral de Acción Social, a ser posible, entre os funcionarios adscritos ao servizo de inclusión social. Actuará como secretario un dos vocais.

Se, por calquera causa, no momento en que a comisión de valoración teña que examinar as solicitudes algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído polo funcionario que para o efecto designe o seu presidente e, sempre que fose posible, o dito nomeamento deberá recaer nun funcionario do mesmo servizo que o substituído.

Artigo 14º.-Criterios de valoración das solicitudes.

1. Para a valoración das solicitudes de subvencións para o financiamento de servizos sociais de atención primaria, a correspondente comisión de valoración aplicará os seguintes criterios, entre os que se inclúen as condicións establecidas polo artigo 7 do Decreto 240/1995, do 28 de xullo, regulador da atención primaria, para a participación da Xunta de Galicia no financiamento dos servizos sociais de atención primaria, despois de garantir o obxectivo prioritario de financiamento da renovación das subvencións outorgadas ás corporacións locais durante o exercicio de 2006 para os conceptos de «persoal» e «axuda no fogar» dos servizos sociais de atención primaria, segundo a súa importancia, sinalada en termos de porcentaxe:

* A adecuación dos servizos á planificación e ás ratios de cobertura da Xunta de Galicia: 50%.

* O cumprimento da normativa en materia de equipamentos e programas básicos: 10%. Para facilitar a valoración deste extremo, con anterioridade á reunión da comisión de valoración, o director xeral de Acción Social, como presidente dela, poderá solicitar informe da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Centros da Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar acerca do grao de cumprimento da normativa en materia de equipamentos e programas básicos de servizos sociais nas corporacións locais de Galicia. En particular, para a concesión de subvencións para o financiamento de investimentos de capital, terase en conta a situación dos expedientes de autorización e permiso de inicio de actividade dos centros destinados á prestación de servizos sociais dependentes das corporacións solicitantes.

* Os resultados da avaliación do desenvolvemento das actividades dos servizos sociais comunitarios: 10%.

* O esforzo orzamentario das corporacións locais en materia de servizos sociais, sempre que se superen as porcentaxes establecidas nos artigos 76 e 77 da Lei de servizos sociais: 10%.

* A estabilidade no seu posto de traballo do persoal municipal que presta servizos adscrito aos servizos sociais de atención primaria: 10%.

* O grao de implantación da ficha social SIUSS (Sistema de Información dos Usuarios de Servizos Sociais) na xestión dos servizos sociais de atención primaria da corporación local solicitante, como indicador do seu bo funcionamento: 10%.

2. Para a valoración das solicitudes de subvencións proxectos de desenvolvemento do pobo xitano, a correspondente comisión de valoración aplicará os seguintes criterios, segundo a súa importancia, sinalada en termos de porcentaxe:

* A adecuación dos proxectos ás actuacións prioritarias para o 2007, dentro do plan integral para a convivencia e o desenvolvemento social do pobo xitano en Galicia, que se relacionan no anexo IX: 30%.

* O número de destinatarios potenciais do proxecto residentes dentro do termo municipal: 20%.

* A continuidade dos proxectos desenvolvidos en anos anteriores e os resultados da súa avaliación: 20%.

* O carácter integral dos proxectos de maneira que se aborden conxuntamente actuacións en máis dunha das áreas sinaladas no anexo IX: 10%.

* O esforzo orzamentario das corporacións locais, medido polo peso relativo da achega do corporación local no orzamento global do proxecto: 10%.

* A coordinación dos proxectos das corporacións locais cos desenvolvidos por outras entidades, evitando crear redes paralelas de atención e duplicación de recursos: 10%.

Artigo 15º.-Resolución.

1. A resolución de concesión das subvencións, por proposta da comisión de valoración correspondente e despois da preceptiva fiscalización pola Intervención Delegada, corresponderalle á secretaria xeral do Benestar, por delegación do vicepresidente da Igualdade e do Benestar.

Estas subvencións poderán formalizarse, de ser o caso, a través de convenios de cooperación coas corporacións locais. A sinatura destes convenios corresponderalle á secretaria xeral do Benestar, por delegación do vicepresidente da Igualdade e do Benestar, incluso naqueles supostos en que a súa sinatura deba ser previamente autorizada polo Consello da Xunta de Galicia.

2. As resolucións serán motivadas e notificaranse ás corporacións locais para a execución da subvención outorgada no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes, de acordo co establecido no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra a resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, se a resolución é expresa; se non o for, o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Non obstante, e de conformidade co disposto no artigo 44 da referida Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poderase requirir previamente o órgano que ditou a resolución no prazo de dous meses contados desde a notificación da resolución. O requirimento entenderase rexeitado se non fose contestado no mes seguinte á súa recepción.

Artigo 16º.-Modificación da resolución de concesión.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións públicas ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Así mesmo, poderá acordarse a modificación da resolución da subvención, por instancia do beneficiario, sempre que se cumpran os requisitos do artigo 12.2º do Decreto 287/2000.

Sen prexuízo do establecido no artigo anterior e con carácter excepcional, poderanse efectuar resolucións complementarias, cando non fose posible resolver de maneira unitaria ou cando se produza unha ampliación do financiamento pola achega de novos fondos dispoñibles. Neste suposto só poderán atenderse solicitudes presentadas dentro do prazo establecido no artigo 11º da presente orde.

3. Será de aplicación aos beneficiarios das subvencións reguladas na presente orde o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, de conformidade co procedemento establecido no capítulo VII do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 17º.-Xustificación e pagamento das subvencións.

1. Para gastos correntes:

1.1. De conformidade co establecido no Decreto 287/2000 e conforme o acordo do Consello da Xunta de Galicia do vinte e cinco de xaneiro de dous mil sete, o pagamento das subvencións para financiamento de gastos correntes en servizos sociais de atención primaria (persoal, mantemento, axuda no fogar e realización doutros programas) poderá realizarse nos seguintes tramos:

a) O primeiro, do 35% da totalidade da subvención, no momento da súa concesión. Para facer efectivo este anticipo, deberá presentarse certificado da corporación local da achega municipal.

b) O seguinte 45% da subvención, sempre que se presente certificación emitida polo órgano competente (segundo o modelo do anexo X), de que os gastos realizados en persoal, mantemento, axuda no fogar e realización de programas igualan ou superan o 80% da cantidade concedida para cada concepto, agás no caso de que nesa data se poida xustificar que a corporación local realizou un gasto igual ou superior á cantidade concedida para cada concepto; neste caso procederase ao aboamento do 100% da subvención, tal como se especifica no punto seguinte.

c) O 20% restante unha vez presentada pola corporación local certificación expedida polo órgano competente de que foi realizado un gasto igual ou superior á subvención concedida en cada un dos conceptos subvencionados (segundo o modelo do anexo X), ademais da declaración a que se fai referencia no punto 5 deste artigo.

1.2. Para o pagamento das subvencións para a execución de proxectos para o desenvolvemento do pobo xitano poderán realizarse pagamentos parciais, ata o 80% da contía total da subvención concedida para esta finalidade, de conformidade co establecido no Decreto 287/2000, a medida que a corporación local

beneficiaria presente certificacións acreditativas dos gastos realizados na execución das actividades obxecto de financiamento. Para o pagamento do 20% restante deberá presentar certificación acreditativa da totalidade do gasto executado para o desenvolvemento do proxecto, en todo caso, por contía igual ou superior á subvención concedida máis a achega da corporación local, e do seu destino ao fin para o que foi outorgada.

1.3. En todo caso, a corporación local deberá emitir nun prazo de 20 días contados a partir da recepción da cantidade correspondente, certificación expedida polo órgano competente, acreditativa de que foi rexistrado na súa contabilidade o ingreso da subvención, figurando co destino final para o que foi concedida.

1.4. As actuacións obxecto destas subvencións deberán ser realizadas dentro do exercicio orzamentario 2007. En consecuencia, a documentación xustificativa das subvencións para gastos correntes deberá ser recibida na Dirección Xeral de Acción Social da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, en todo caso, con anterioridade ao cerramento do exercicio orzamentario 2007, podendo ser imputados os gastos realizados desde o 1 de xaneiro de 2007 polas corporacións locais nas actuacións obxecto destas subvencións para xustificar as subvencións concedidas con posterioridade ao abeiro da presente orde.

2. Para gastos de investimento de capital:

2.1. Para as subvencións de investimentos de capital, a data límite de xustificación do investimento é o 30 de novembro de 2007.

2.2. No suposto de subvencións para investimentos de capital que comprendan a realización de obras de construción, reforma, mellora ou acondicionamento, deberase presentar, ademais: certificación ou certificacións de obra, acompañada/s da preceptiva factura, e certificación expedida polo órgano correspondente da corporación acreditativa da súa aprobación polo órgano competente. Igualmente, deberase achegar copia do correspondente proxecto de obra, sempre que a súa redacción sexa requirida polas normas específicas aplicables en función da propia envergadura da obra subvencionada, e, en todo caso, cando a contía da subvención supere os 60.101,21 A, para os fins de facilitar á comprobación material do investimento, requisito indispensable para poder instrumentar o pagamento da dita subvención, de conformidade co disposto no artigo 15.3º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. Nos supostos

en que a corporación local beneficiaria executase a obra subvencionada pola Administración, deberanse achegar facturas xustificativas dos gastos derivados da adquisición de materiais, así como a

correspondente certificación, emitida polo órgano competente da corporación local, acreditativa da súa aprobación polo órgano competente e, de ser o caso, certificación, emitida polo órgano correspondente da corporación local, acreditativa dos custos derivados da execución da obra por medio de persoal da corporación local, e copia do correspondente proxecto de obra, cando a súa redacción sexa requirida polas normas específicas aplicables.

2.3. Para a xustificación das demais subvencións para investimentos de capital, abondará con presentar facturas xustificativas dos correspondentes gastos realizados e certificación, emitida polo órgano competente da corporación local, acreditativa da súa aprobación polo órgano competente ou, alternativamente, certificación, emitida polo órgano competente da corporación local, acreditativa da realización do mencionado investimento, dos importes investidos ou executados na acción subvencionada e do destino dos investimentos subvencionados á finalidade de servizos sociais para a que foron solicitados.

2.4. Para os distintos conceptos relativos a gastos de investimento de capital non se realizarán anticipos.

3. En todo caso, os beneficiarios, no momento da xustificación da execución total do obxecto da subvención concedida e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, presentarán unha declaración complementaria do conxunto das subvencións e axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes, para un mesmo proxecto, das administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (segundo o modelo do anexo IV).

4. A falta de presentación de documentación requirida nesta orde, entenderase como renuncia á subvención concedida e, logo de audiencia do interesado, procederase conforme o disposto no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada polas posteriores modificacións de que foi obxecto esta lei, e ocasionará, ademais, a imposibilidade da renovación dos proxectos para futuros exercicios nas condicións previstas no artigo 5 da presente orde.

Artigo 18º.-Obrigas das corporacións locais beneficiarias da subvención.

As corporacións locais beneficiarias destas subvencións terán que cumprir coas obrigas xerais que para os beneficiarios das subvencións establece o artigo 78.4º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, na súa redacción vixente despois da modificación introducida pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo.

Non obstante, ao abeiro do inciso final do primeiro parágrafo do artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e de conformidade coa alínea d) do artigo 41.Un da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, e coa inclusión dun precepto idéntico, en canto ao seu contido e numeración, no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, pola propia natureza das subvencións reguladas por esta orde, as corporacións locais que resulten beneficiarias destas subvencións quedarán exentas de achegar os xustificantes do cumprimento das obrigas ás que se refire a alínea c) do punto 4º do artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, na súa redacción vixente despois da modificación introducida pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo.

Artigo 19º.-Reintegro das subvencións concedidas.

1. Non se poderá exixir o pagamento da subvención concedida e procederá o reintegro total ou parcial da contía percibida xunto aos xuros de demora devengados desde o momento do seu pagamento nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou subvención pública.

2. Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas e doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais supere o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario.

3. A tramitación do correspondente expediente de reintegro levarase a cabo conforme o disposto no artigo 78.10 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e ao procedemento establecido no artigo 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. As cantidades que teñan que reintegrar os beneficiarios terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para a súa cobranza o disposto nos artigos 19 ao 23 do texto refundido

da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 20º.-Control e seguimento.

1. Os beneficiarios someteranse ás actuacións de control que efectúe a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para o seguimento dos proxectos aprobados, co fin de garantir que as prescricións contidas no convenio-programa do Plan concertado para o desenvolvemento das prestacións básicas de servizos sociais e as finalidades perseguidas polos proxectos para o desenvolvemento do pobo xitano sexan respectadas.

2. As corporacións locais beneficiarias de subvencións quedan obrigadas a remitir á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, no prazo dun mes desde que se lles requirise, cantos informes e documentos se consideren precisos para acreditar o cumprimento da finalidade obxecto da subvención concedida.

3. Así mesmo, as entidades locais beneficiarias quedan sometidas ao control financeiro que corresponda á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e ás previstas na normativa reguladora do Consello de Contas.

4. Os beneficiarios teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral, Consello de Contas ou Tribunal de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

Disposicións adicionais

Única.-Apróbase a delegación de atribucións do vicepresidente da Igualdade e do Benestar na secretaria xeral do Benestar para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para asinar os convenios que poidan derivar da tramitación destas subvencións, e para autorizar e dispoñer os gastos que deriven da tramitación desta orde e propoñer o recoñecemento de obrigas e a ordenación dos correspondentes pagamentos.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a secretaria xeral do Benestar para ditar as disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2007.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar