DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 2007 Páx. 1.483

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2007 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección deste instituto de delegación de funcións no director da Área de Seguimento e Coordinación de Programas.

Tendo en conta o cesamento por petición propia de Rosa Mª Pedrosa Pedrosa, como secretaria xeral do Igape, o Consello de Dirección do Igape adoptou no día de hoxe os acordos oportunos que garanticen a continuidade do funcionamento operativo do Igape.

Polo que antecede, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Artigo único.-Publicar a seguinte delegación de facultades no director da Área de Seguimento e Coordinación de Programas do Instituto Galego de Promoción Económica, acordada polo seu Consello de Dirección na súa xuntanza do 1 de febreiro de 2007:

-Todas as funcións e competencias que residian na secretaría xeral, segundo o establecido na normativa e procedementos do Igape, pasarán a ser desempeñadas polo director da Área de Seguimento e Coordinación de Programas con efectos desde o día de hoxe.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2007.

José Antonio Delgado Arce

Director xeral do Instituto Galego de

Promoción Económica