DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 2007 Páx. 1.477

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 29 de xaneiro de 2007 pola que se resolve a cesión en propiedade de vehículos especialmente preparados para os concellos da Comunidade Autónoma galega que conten con servizos de policía local.

Por Orde do 22 de marzo de 2006 (DOG nº 67, do 5 abril), a Consellería de Presidencia Administracións Púlicas e Xustiza anunciou medidas de apoio á Policía Local de Galicia, consistentes na cesión de vehículos especialmente preparados para o exercicio das súas funcións.

Analizadas as solicitudes e a súa documentación por unha comisión de valoración presidida pola directora xeral de Administración local, elaborouse a correspondente proposta mediante acta motivada, e de conformidade co artigo 5 da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Ceder en propiedade un vehículo equipado para uso da policía local aos seguintes concellos:

-Marca e modelo: Fiat Estilo Multillet 1.9 120 CV 5 portas.

Concello destinatarioNº de bastidor

VerínZFA19200000653450

OrdesZFA19200000651401

BaionaZFA19200000649551

O GroveZFA19200000649679

A VeigaZFA19200000652469

A CañizaZFA19200000652611

-Marca e modelo: motocicleta Suzuki Burgman 125.

Concello destinatarioNº de bastidor

BueuVTTCC111100101898

PadrónVTTCC111100101899

SadaVTTCC111100101896

VimianzoVTTCC111100101900

QuirogaVTTCC111100101895

CambadosVTTCC111100101892

Segundo.-Notificarlles o contido desta resolución aos concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizarán mediante acta subscrita polo secretario xeral desta consellería ou funcionario en que delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario, segundo establece o artigo 96 bis do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencio

so-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2007.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza