DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2007 Páx. 1.438

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 28 de decembro de 2006, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación do texto do acordo subscrito polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT), Confederación Intersindical Galega (CIG) e Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-CSIF), representadas na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e no Comité Intercentros do Persoal Laboral, así como na Comisión da Concesión das Axudas de Acción Social do ano 2006, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 21 de decembro de 2006, sobre criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o persoal da Xunta de Galicia para o ano 2006.

Detectados erros na Resolución do 28 de decembro de 2006 (DOG nº 4, do 5 de xaneiro), da Dirección Xeral de Relacións Laborais, polo que se ordena a publicación do acordo subscrito polos representantes sindicais Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT), Confederación Intersindical Galega (CIG) e Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-CSIF), representadas na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e no Comité Intercentros de Persoal Laboral, así como na Comisión da Concesión das Axudas de Acción Social do ano 2006, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 21 de decembro de 2006, sobre criterios de repartición de Fondo de Acción Social para o persoal da Xunta de Galicia para ao ano 2006, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 176 na axuda de discapacitados, no punto de beneficiarios, onde di: «e que os ingresos do discapacitado non superen o salario mínimo interprofesional anual de 7.572,60 euros correspondentes ao ano 2006»; debe dicir: «e que os ingresos do discapacitado non superen o salario mínimo interprofesional anual de 7.182 euros correspondentes ao ano 2005», e na páxina 180 na axuda de maiores a cargo, no punto de beneficiarios, onde di: «e que os seus ingresos íntegros non superen o salario mínimo interprofesional anual de 7.572,60 euros correspondentes ao ano 2006»; debe dicir: «e que os seus ingresos íntegros non superen o salario mínimo interprofesional anual de 7.182 euros correspondentes ao ano 2005».