DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2007 Páx. 1.436

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2007 pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 16 de maio de 2006 pola que se establecen as bases para a concesión de axudas destinadas a financiar iniciativas dos concellos de entre 6.000 e 35.000 habitantes, no ámbito da sociedade da información, en réxime de concorrencia competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para 2006 (Diario Oficial de Galicia número 102, do 30 de maio).

O artigo 14 da orde reguladora dispón: «As resolucións de concesión serán publicadas no Diario Oficial de Galicia con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade da subvención».

Na súa virtude,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 10.04.712B.760.0 «Desenvolvemento de novos servizos TIC nos entes locais» para a creación dun portal web de comunicación cidadá, ao abeiro da Orde do 16 de maio de 2006 pola que se establecen as bases para a concesión de axudas destinadas a financiar iniciativas dos concellos de entre 6.000 e 35.000 habitantes, no ámbito da sociedade da información, en réxime de concorrencia competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para 2006.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2007.

P.D. (Orde 31-1-2006, DOG nº 24, do 3 de febreiro)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería

de Innovación e Industria

ANEXO

ConcelloSubvención concedidaConcelloSubvención concedida

2006 A2007 A2006 A2007 A

A Cañiza7.087,500,00Ordes6.853,450,00

Ames22.462,5011.325,00Ponteareas25.860,000,00

Arteixo2.679,000,00Porto do Son12.931,040,00

Baiona6.255,001.245,00Redondela7.710,000,00

Barbadás6.187,500,00Rianxo18.900,0012.600,00

Boiro17.392,2418.225,00Ribeira7.693,970,00

Brión19.591,6311.350,32Salceda de Caselas25.860,000,00

Caldas de Reis7.380,000,00Santa Comba28.875,009.750,00

Cambre25.200,0013.800,00Sanxenxo40.000,000,00

Carballo29.973,9820.000,00Tui975,006.900,00

Celanova3.034,270,00Valdoviño7.709,160,00

Fene19.427,9110.427,91Valga5.495,695.495,69

Foz8.100,000,00Verín15.517,250,00

Moaña40.000,0020.000,00Vila de Cruces25.860,000,00

Monforte de Lemos2.459,486.465,52Vilaboa5.100,002.550,00

Nigrán29.867,707.931,70Vilalba34.849,1416.875,00

O Barco de Valdeorras7.800,000,00Vimianzo22.499,9814.030,17

O Carballiño3.847,500,00Viveiro7.875,001.500,00

O Porriño7.693,970,00