DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2007 Páx. 1.426

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

DECRETO 267/2006, do 28 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na PO-316 A Lanzada (PO-550)-O Grove, treito: p.k. 1+800 ao 3+100. Clave PO/06/018.06.

Con data do 28 de novembro de 2006 o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes aprobou o proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na PO-316 A Lanzada (PO-550)-O Grove, treito: p.k. 1+800 ao 3+100. Clave: PO/06/018.06.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia favorable na seguridade viaria, por tratarse dun treito de concentración de accidentes e por ser necesario remodelar distintas interseccións.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e oito de decembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para os efectos de expropiación no proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na PO-316 A Lanzada (PO-550)-O Grove, treito: p.k. 1+800 ao 3+100. Clave: PO/06/018.06.

Santiago de Compostela, vinte e oito de decembro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial Obras Públicas e Transportes