DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2007 Páx. 1.425

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

DECRETO 264/2006, do 28 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado de mellora de accesos a Castrelo de Miño, acondicionamento da OU-402 Castrelo de Miño-Ponte Castrelo e da OU-403 Ponte Castrelo-Val de Pereira. Clave OU/02/001.01.2.

O 13 de marzo de 2006 o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aprobou o proxecto de trazado de mellora de accesos a Castrelo de Miño, acondicionamento da OU-402 Castrelo de Miño-Ponte Castrelo e da OU-403 Ponte Castrelo-Val de Pereira. Clave: OU/02/001.01.2.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, considerándose xustificada a referida declaración,

xa que a actuación constitúe basicamente a substitución dunha ponte sobre o río Miño con problemas estruturais de corrosión, o que provoca a súa incapacidade para o tráfico pesado.

En virtude de todo o exposto, e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con previsto no artigo 16 da Lei 4/1994 do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día vinte e oito de decembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación no proxecto de trazado de mellora de accesos a Castrelo de Miño, acondicionamento da OU-402 Castrelo de Miño-Ponte Castrelo e da OU-403 Ponte Castrelo-Val de Pereira. Clave: OU/02/001.01.2.

Santiago de Compostela, vinte e oito de decembro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras

Públicas e Transportes