DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2007 Páx. 1.424

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 24 de xaneiro de 2007 pola que se declara de interese galego a Fundación Cementerio Parroquial de San Xoán de Calo-Teo e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, sección da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Con data do 24 de xaneiro de 2007 publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde de clasificación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xaneiro de 2007, pola que se clasifica como mixta a Fundación Cementerio Parroquial de San Xoán de Calo-Teo, adscribíndoa á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

A Fundación Cementerio Parroquial de San Xoán de Calo-Teo foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela, o día trinta de xuño de dous mil seis, ante o notario Nelson Rodicio Rodicio, co número de protocolo mil catrocentos oitenta, pola asociación Patronato del Cementerio Particular de Calo. Esta escritura foi corrixida por outra posterior do dezanove de setembro de dous mil seis outorgada ante o mesmo notario e co número de protocolo tres mil douscentos setenta e tres.

Segundo establece o artigo seis dos estatutos, a fundación ten por obxecto fomentar e xestionar servizos sociais necesarios para a comunidade e satisfacer á comunidade a necesidade de dar sepultura aos seus mortos de maneira oportuna e decorosa mediante a prestación de servizos de inhumación, exhumación e asesoría preparatoria para a morte sen ningún tipo de distinción ou privilexio pola condición social ou profesión, raza, cor e crenzas relixiosas ou políticas.

Por todo isto, e en virtude das competencias que me confire o artigo 34.12º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, e segundo o establecido nos artigos 5 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións

de interese galego, e 32.3º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o réxime de organización e funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Declarar de interese galego a Fundación Cementerio Parroquial de San Xoán de Calo-Teo ao cumpriren os seus estatutos as prescricións que para tal efecto sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

2. Ordenar a inscrición da Fundación Cementerio Parroquial de San Xoán de Calo-Teo no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para os efectos constitutivos que sinala a Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2007.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES