DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2007 Páx. 1.274

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 7/2007, do 30 de xaneiro, polo que se lle encarga o despacho de asuntos da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, durante a ausencia da súa titular, ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Con motivo da ausencia da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, é necesario prover a substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, encárgaselle o despacho dos asuntos da citada consellería, desde o día 31 de xaneiro ata o 4 de febreiro de 2007, ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, trinta de xaneiro de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA