DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2007 Páx. 1.250

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 6/2007, do 18 de xaneiro, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, do dereito de uso durante cinco anos dun inmoble en Ribeira, feita por Caixa Galicia á Comunidade Autónoma de Galicia.

Con data do 18 de outubro de 2006 a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar solicitoulle á Secretaría Xeral e do Patrimonio a tramitación do expediente de aceptación da cesión de uso dun inmoble en Ribeira.

O uso do inmoble foi cedido a título gratuíto pola entidade financeira Caixa Galicia mediante acordo do Consello de Administración do 30 de marzo de 2006, posteriormente ratificado en sesión ordinaria pola Asemblea Xeral o 6 de maio de 2006.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, logo da deliberación do Consello

da Xunta de Galicia, na súa reunión de dezaoito de xaneiro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase nos termos establecidos por Caixa Galicia a cesión a título gratuíto do dereito de uso dun inmoble situado en Ribeira, na avenida Malecón, dunha superficie útil aproximada de 650 m, que forma parte dun edificio que se estende e linda na súa parte traseira coa rúa Xeneral Franco, pola esquerda coa rúa Cardeal Cisneros, onde ten un acceso, e pola fronte coa avenida do Malecón (anteriormente rúa de José Antonio), onde ten o seu acceso principal.

Figura inscrito no rexistro da propiedade de Noia, no tomo 1070, libro 277, folio 67, predio 10.988.

Artigo 2º

O prazo de duración do dereito de uso será de cinco anos, contados a partir da data da sinatura da correspondente escritura pública.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo todos os trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, dezaoito de xaneiro de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Ramón Fernández Antonio

Conselleiro de Economía e Facenda