DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2007 Páx. 1.248

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2007, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se fan públicos os resultados do proceso de votación e designación dos/das vogais do Consello Galego da Inmigración en representación das asociacións de inmigrantes e das organizacións sen fins de lucro que traballan en favor da integración social dos/das inmigrantes no ámbito da Comunidade Autónoma galega.

O Decreto 127/2006, do 27 de xullo, polo que se crea o Consello Galego da Inmigración (Diario Oficial de Galicia nº 150, do 4 de agosto), establece nos seus artigos 4 e 8 que este órgano colexiado estará constituído, entre outros membros, por seis vogais en representación das asociacións de inmigrantes que actúen no ámbito da inmigración na Comunidade Autónoma de Galicia e por tres vogais das organizacións sen fins de lucro que traballen en favor da integración dos inmigrantes en Galicia.

O artigo 9 do Decreto 127/2006 establece que estes vogais serán elixidos respectivamente polas

propias asociacións e organizacións e faculta a Secretaría Xeral de Emigración para efectuar a convocatoria pública que regule o correspondente proceso de selección e votación.

Por Resolución do 27 de setembro de 2006, da Secretaría Xeral de Emigración, convocouse o proceso para a designación dos/das vogais do Consello Galego de Inmigración, en representación das asociacións de inmigrantes e das organizacións sen fins de lucro que traballan en favor da integración social dos inmigrantes no ámbito da Comunidade Autónoma galega (Diario Oficial de Galicia nº 194, do 6 de outubro), no cal se prevé o procedemento previo de admisión e de presentación de candidaturas e o posterior de selección e votación.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, pola Resolución do 23 de novembro de 2006 fixéronse públicas as relacións definitivas das asociacións de inmigrantes e das organizacións sen fins de lucro admitidas para participar no proceso de selección dos/das vogais na súa representación no Consello Galego da Inmigración, e anunciouse o inicio do prazo para a presentación da comunicación de voto.

Concluído o prazo para a presentación da comunicación de voto, e logo da tramitación e instrución oportuna, de acordo co sinalado no artigo 6 da resolución de convocatoria pública, procede facer públicos os resultados deste proceso con expresión do número total de votos emitidos e de votos obtidos por cada candidatura, e designar as que resultaron elixidas en atención aos resultados obtidos e en aplicación dos criterios establecidos no citado artigo.

Polo exposto, e de acordo co establecido no artigo 9 do Decreto 127/2006, do 27 de xullo, e no artigo 6 da Resolución do 27 de setembro de 2006 pola que se anuncia a convocatoria pública para a designación dos/das vogais do Consello Galego da Inmigración, en representación das asociacións de inmigrantes e das organizacións sen fins de lucro que traballan en favor da integración social dos inmigrantes no ámbito da Comunidade Autónoma galega (Diario Oficial de Galicia nº 194, do 6 de outubro),

RESOLVO:

Primeiro.-Publicar, como anexo I á presente resolución, os resultados da votación no proceso de selección dos/das vogais do Consello Galego da Inmigración en representación das asociacións de inmigrantes que actúan no ámbito da inmigración na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Publicar, como anexo II á presente resolución, os resultados da votación no proceso de selección dos/das vogais do Consello Galego da Inmigración en representación das organizacións sen fins de lucro que traballan en favor da integración social dos/das inmigrantes no ámbito da inmigración na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro.-Designar, en atención aos resultados obtidos e aos criterios de selección establecidos para o efecto, como vogais do Consello Galego da Inmigración en representación das asociacións de inmigrantes que actúan no ámbito da inmigración na Comunidade Autónoma de Galicia, a:

-Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego.

-Asociación para la Integración y Desarrollo del Africano (AIDA).

-Asociación para a Promoción Social e Intercultural Banda Oriental.

-Asociación Casa Latinoamericana en Galicia.

-Asociación para a Promoción Social e Intercultural Gondwana.

-Asociación Socio-Cultural-Deportiva Amigos de Venezuela-Vigo.

Cuarto.-Designar, en atención aos resultados obtidos e aos criterios de selección establecidos para o efecto, como vogais do Consello Galego da Inmi

gración en representación organizacións sen fins de lucro que traballan en favor da integración social dos/das inmigrantes na Comunidade Autónoma de Galicia, a:

-Cruz Roja Española (Galicia).

-Galicia Acolle.

-Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller Alecrín.

A presente resolución esgota a vía administrativa, e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante esta Secretaría Xeral de Emigración, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2007.

Manuel Luís Rodríguez González

Secretario xeral de Emigración

ANEXO I

Resultados da votación no proceso de selección dos/das vogais do Consello Galego da Inmigración en representación das asociacións de inmigrantes que actúan no ámbito da inmigración na Comunidade Autónoma de Galicia.

Número total de votos emitidos: 71.

Candidaturas: asociacións de inmigrantesÁrea

xeográfica

Votos

obtidos

Asociación Argentinos de Lalín-Deza (ADELDE)América1

Asociación Casa Latinoamericana en GaliciaAmérica11

Asociación Comarcal Hermandad Venezolana de A EstradaAmérica-

Asociación Cultural Deportiva Venezolana-Coruñesa TurpialAmérica-

Asociación de Inmigrantes Paraguaios en GaliciaAmérica1

Asociación para a Promoción Social e Intercultural GondwanaAmérica11

Asociación para la Integración y Desarrollo del Africano (AIDA)África11

Asociación para la Promoción Social e Intercultural Banda OrientalAmérica12

Asociación Puente Cultural Rumano-GallegoEuropa9

Asociación Socio-Cultural-Deportiva Amigos de Venezuela-VigoAmérica11

Asociación Uruguayos por El MundoAmérica3

Casa de Inmigrantes Sociocultural Deportiva OYAAmérica1

Hermandad Venezolana das Rías BaixasAmérica-

ANEXO II

Resultados da votación no proceso de selección dos/das vogais do Consello Galego da Inmigración en representación das organizacións sen fins de lucro que traballan en favor da integración social dos/das inmigrantes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Número total de votos emitidos: 18.

Candidaturas: organizacións sen fins de lucroVotos

obtidos

Asociación de Alumnos y Ex-alumnos del Centro San Pablo EPA (AEXPA)-

Asociación de Migraciones, Estudios, Trabajo y Acción META3

Asociación para a Promoción Social e a Inserción Laboral Plataforma polo Emprego 3

Cruz Roja Española (Galicia)4

Fundación Érguete-Integración-

Galicia Acolle4

Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller Alecrín4