DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2007 Páx. 1.129

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 30 de novembro de 2006 pola que se resolve a convocatoria de bolsas de nova adxudicación para a realización de estudos de terceiro ciclo nas universidades do sistema universitario de Galicia.

Advertido erro no texto da citada orde, publicada no DOG nº 236, do luns 11 de decembro de 2006, é necesario publicar a corrección seguinte:

-Na páxina 18.038, no expediente 2006/000025-0, correspondente á solicitante Otero Otero, Patricia, na nota media final ponderada, onde di: «0,9622», debe dicir: «1,3150».

Pasa así a ocupar o posto número 5 na relación de bolseiros suplentes de ciencias sociais e xurídicas.