DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2007 Páx. 1.082

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

ORDE do 16 de xaneiro de 2007 pola que se fixan os criterios de cálculo para a determinación da fianza nas actividades determinadas no Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Galicia.

As actividades de produción e xestión de residuos que precisan da constitución dunha garantía en forma de fianza, previa á autorización ou á inscrición no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, veñen determinadas no artigo 16 do Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, en relación co seu artigo 10 e en concordancia coa Lei 10/1998, do 21 de abril de residuos, e a demais lexislación que a desenvolve. Así mesmo, no parágrafo 3º do artigo 16 do devandito Decreto 174/2005, determínase o obxecto da fianza e que a súa constitución, se realizará na forma establecida no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

Debido aos distintos graos de incidencia ambiental das instalacións e actividades sometidas a constitución de fianza ambiental en materia de residuos precísase un criterio homoxéneo e proporcional que diferencie os devanditos graos a través de criterios axeitados de situación, perigosidade dos residuos, seguridade das instalacións e da xestión dos residuos.

A disposición derradeira primeira do Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, autoriza o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para ditar as disposicións precisas para o seu desenvolvemento.

Na súa virtude, e no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada polas Leis 11/1988, do 20 de outubro, 12/1989, do 4 de outubro e 7/2002, do 27 de decembro, en relación cos artigos 27.30º e 30 do Estatuto de autonomía para Galicia, tendo en conta o establecido na disposición adicional quinta da Lei 2/1998, do 8 de abril e o Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

1. O obxecto da presente orde é fixar os criterios de cálculo e determina a contía da fianza que deben

depositar as persoas que desenvolvan algunha actividade das establecidas no artigo 16 do Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Galicia en función dos factores que se relacionan no anexo I de acordo coas distintas actividades.

2. A contía da fianza será a resultante de efectuar os cálculos de acordo cos criterios para cada actividade determinados no anexo I.

Artigo 2º.-Coexistencia de varias actividades nun mesmo centro.

1. No caso de que o interesado realice distintas actividades de xestión sometidas á constitución de fianza nun mesmo centro, cada unha destas actividades de xestión deberá estar asegurada.

2. No caso de que a actividade sexa a mesma, pero que tendo en conta a orixe do residuo deba estar inscrita de forma separada no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, deberá constituírse unha única fianza pola actividade desenvolvida.

Artigo 3º.-Modificacións das contías resultantes.

Por petición dos interesados, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental poderá modificar as contías resultantes das fianzas cando estes aleguen e demostren a existencia doutras circunstancias diferentes ás indicadas no anexo desta orde, que poidan concorrer e que supoñan unha diminución do risco ambiental.

As devanditas modificacións efectuaranse de conformidade coas previsións e procedemento establecido no artigo 4.2º do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

Artigo 4º.-Outras actividades.

De conformidade co Decreto 174/2005, do 9 de xuño, o órgano ambiental poderá exixir, para a realización de actividades distintas das previstas, a constitución dunha fianza en atención á perigosidade, a cantidade do residuo, do proceso, a localización das instalacións así como calquera outro factor relevante para efectos de avaliar a incidencia ambiental da instalación e da actividade.

Artigo 5º.-Revisión da contía da fianza.

1. No caso de que a cantidade dos residuos que se tiveron como base para o cálculo da fianza se incrementase nunha cantidade superior o 35%, poderase actualizar a súa contía para garantir axeitadamente a responsabilidade ambiental.

Se a cantidade de residuos diminúe na mesma proporción o interesado poderá solicitar a redución da contía da fianza.

2. As revisións das fianzas constituídas para asegurar a actividade do vertedoiro realízanse na forma prevista no R.D. 1481/2001, de 27 de decembro, e no anexo I desta orde.

Artigo 6º.-Xustificación de coeficientes correctores.

Para a aplicación dos coeficientes correctores previstos no anexo I desta orde, o interesado deberá presentar no momento da solicitude da actividade os documentos que xustifiquen a súa aplicación.

Disposición adicional

En desenvolvemento da disposición adicional primeira do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, a fianza consistente en aval bancario presentarase segundo o modelo establecido no anexo II desta orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2007.

Manuel Vázquez Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible

ANEXO I

Criterios de cálculo da fianza por actividades

a) Produción de residuos perigosos.

Os factores que se deben considerar serán as toneladas producidas por ano, a fase do residuo ( sólido ou líquido ou pastoso), a existencia de sistemas de xestión ambiental acreditados, e a existencia dun seguro que cubra expresamente os custos de reparación e recuperación do ambiente alterado e a situación da planta.

A contía base da fianza calcularase segundo a formula seguinte, fixándose en todo caso unha cantidade mínima de 6.500 A.

No caso de existir algunha das seguintes circunstancias multiplicarase a contía base polos factores seguintes:

Criterios; factor de corrección:

Residuo en estado sólido: 0,9.

Existencia de sistema de xestión ambiental acreditado: 0,9.

Existencia de seguro de protección ambiental: 0,75.

Situación do centro en polígono industrial: 0,9.

Para acadar a redución da contía da fianza o seguro cubrirá unha cantidade mínima do triplo da contía da fianza incluídas as reducións.

b) Xestión de residuos perigosos.

Os factores que se deben considerar serán as toneladas xestionadas por ano, o tipo de xestión, a fase do residuo ( sólido ou líquido ou pastoso), a existencia de sistemas de xestión ambiental acreditados, e a situación da planta.

A contía base calcularase segundo a formula seguinte, fixándose en todo caso unha cantidade mínima de 15.000 A.

No caso de existir algunha das seguintes circunstancias multiplicarase a contía base polos factores seguintes.

Para acadar a redución da contía da fianza o seguro cubrirá unha cantidade mínima do triplo da contía da fianza.

Criterios; factor de corrección:

Residuo en estado sólido: 0,9.

Existencia de sistema de xestión ambiental acreditado: 0,9.

Situación do centro en polígono industrial: 0,9.

Operación de valorización: 0,8.

Operación de almacenamento: 0,7.

Non poderán empregarse factores de corrección de operación de almacenamento e de valorización no mesmo cálculo.

Para acadar a redución da contía da fianza o seguro cubrirá unha cantidade mínima do triplo da contía da fianza incluídas as reducións.

Eliminación de residuos perigosos en vertedoiro.

Neste caso a constitución da fianza farase de forma progresiva ao recheo da instalación, tal e como dispón o R.D. 1481/2001, do 27 de decembro, polo que se regula a eliminación de residuos mediante depósito en vertedoiro e no artigo 16 do Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico de produción e xestión de residuos e se crea o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.

Deste xeito a contía da fianza actualizarase bianualmente segundo a cantidade resultante de aplicar a seguinte fórmula:

Cbf=4xt/anox2 anos.

Previamente á autorización da instalación xustificarase ante a Administración a constitución dunha fianza cunha contía correspondente ás toneladas de

residuos de dous anos de explotación tendo en conta o tamaño do vertedoiro e a súa vida útil estimada.

Os vertedoiros existentes constituirán a garantía tendo en conta a cantidade acumulada de residuos ata a data de adecuación da fianza.

No caso de existir a seguinte circunstancia multiplicarase a contía base polos factores do cadro seguinte:

Criterios; factor de corrección:

Existencia de sistema de xestión ambiental acreditado: 0,9.

Poderanse autorizar devolucións anticipadas de ata o 50 por 100 da contía total da fianza, a partir dun ano tras a aceptación da clausura do vertedoiro, sempre que o remanente garanta o cumprimento por parte da entidade explotadora do plan de mantemento, vixilancia e control posterior.

c) Xestión de residuos urbanos ou de residuos industriais.

Os factores que se deben considerar serán as toneladas xestionadas por ano, o tipo de xestion, a existencia de sistemas de xestión ambiental acreditados, e a situación da planta.

A contía base calcularase segundo a fórmula seguinte, fixándose en todo caso unha cantidade mínima de 10.000 A.

No caso de existir algunha das seguintes circunstancias multiplicarase a contía base polos factores seguintes. Non se poderán empregar factores de corrección de operación de almacenamento e de valorización no mesmo cálculo.

Criterios; factor de corrección:

Residuo en estado sólido: 0,9.

Existencia de sistema de xestión ambiental acreditado: 0,9.

Existencia de seguro de protección ambiental: 0,75.

Situación do centro en polígono industrial: 0,9.

Operación de valorización: 0,7.

Residuo inerte: 0,6.

Operación de almacenamento: 0,75.

Para acadar a redución da contía da fianza o seguro cubrirá unha cantidade mínima do dobre da contía da fianza incluídas as reducións.

Eliminación de residuos non perigosos en vertedoiro.

Neste caso a constitución da fianza farase de forma progresiva ao recheo da instalación, tal e como dis

pón o R.D. 1481/2001, do 27 de decembro, polo que se regula a eliminación de residuos mediante depósito en vertedoiro e no artigo 16 do Decreto 174/2005, de 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico de produción e xestión de residuos e se crea o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.

Neste xeito a contía da fianza actualizarase bianualmente segundo a cantidade resultante de aplicar a seguinte fórmula:

Cbf=2,5xt/anox2 anos.

Previamente á autorización da instalación xustificarase ante a Administración a constitución dunha fianza cunha contía correspondente ás toneladas de residuos de dous anos de explotación tendo en conta o tamaño do vertedoiro e a vida útil estimada do mesmo.

Os vertedoiro existentes construirán garantía tendo en conta a cantidade acumulada de residuos ata a data de adecuación da fianza.

No caso de existir a seguinte circunstancia multiplicarase a contía base polos factores do cadro seguinte:

Criterio; factor de corrección:

Vertedoiros de residuos inertes: 0,6.

Existencia de sistema de xestión ambiental acreditado: 0,9.

Existencia dun seguro de protección ambiental: 0,75.

Para acadar a redución da contía da fianza o seguro cubrirá unha cantidade mínima da metade da contía da fianza ao final da explotación incluíndo as reducións pertinentes.

Poderanse autorizar devolucións anticipadas de ata o 50 por 100 da contía total da fianza, a partir dun ano tras a aceptación da clausura do vertedoiro, sempre que o remanente garanta o cumprimento por parte da entidade explotadora do plan de mantemento, vixilancia e control posterior.

d) Produción de residuos non perigosos

Os factores que se deben considerar serán as toneladas producidas por ano, a fase do residuo ( sólido ou líquido ou pastoso), a existencia de sistemas de xestión ambiental acreditados, e a existencia dun seguro que cubra expresamente os custos de reparación e recuperación do ambiente alterado e a situación da planta.

A contía base calcularase segundo a fórmula seguinte, fixándose en todo caso unha cantidade mínima de 10.000 A.

T/ano; contía sin redución:

10.000: 10 euros/t.

10.000-60.000: 5 euros/t.

Máis de 60.000: 2 euros/t.

No caso de existir algunha das seguintes circunstancias multiplicarase a contía base polos factores seguintes. No caso de tratarse de residuos sólidos inertes unicamente empregarase o factor de residuo inerte.

Criterios; factor de corrección:

Residuo en estado sólido: 0,8.

Residuo inerte: 0,5.

Existencia de sistema de xestión ambiental acreditado: 0,9.

Existencia de seguro de protección ambiental: 0,75.

Situación do centro en polígono industrial: 0,9.

Para acadar a redución da contía da fianza o seguro cubrirá unha cantidade mínima do triplo da contía da fianza incluídas as reducións.

Produción de residuos da construción e demolición.

Os factores que se deben considerar serán as toneladas producidas por ano, a existencia de sistemas de xestión ambiental acreditados, e a existencia dun seguro que cubra expresamente os custos de reparación e recuperación do ambiente alterado.

No caso de existir algunha das seguintes circunstancias multiplicarase a contía base polos factores seguintes. En todo caso fixase unha contía mínima de 500 A.

Criterios; factor de corrección:

Existencia de sistema de xestión ambiental acreditado: 0,9.

Existencia de seguro de protección ambiental: 0,75.

A contía base calcularase segundo a fórmula seguinte, fixándose en todo caso unha cantidade mínima de 500 euros.

T/ano; contía sen redución:

300: 10 euros/t.

300-15.000: 5euros/t.

Mas de 15000: 2 euros/t.

Para acadar a redución da contía da fianza o seguro cubrirá unha cantidade mínima do dobre da contía da fianza incluídas as reducións.

e) Recollida e transporte de residuos perigosos asumindo a titularidade do residuo.

Os factores que se deben considerar serán as toneladas transportadas por ano, a existencia de sistemas de xestión ambiental acreditados.

A contía base calcularase segundo a formula seguinte, fixándose en todo caso unha cantidade mínima de 9.000 euros.

Criterios; factor de corrección:

Existencia de sistema de xestión ambiental acreditado: 0,8.

ANEXO II

Modelo de aval

O banco ..., sucursal de ... con NIF ... e domicilio para efectos de notificacións en ..... e no seu nome ... (nome do/s representante/s legal/is) con poderes suficientes para obligalo neste acto, segundo resulta da verificación da suficiencia de poderes citada na parte inferior do documento,

AVALA:

A: ... (razón social da empresa) con NIF ... e domicilio social en .... con relación a ... (actividade para a que se exixe a constitución da fianza, así como referencia do nº de expediente) en virtude do disposto no artigo 16 do Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.; o Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, a Orden do 16 de xaneiro de 2007 pola que se determinan os criterios de cálculo e se fixa a contía da fianza nas actividades de determinadas no Decreto 174/2005, de 9 de xuño; para responder dos posibles danos que se poidan causar ao ambiente e do seu custo de restauración, así como garantir o cumprimento das obrigas que fronte á Administración se deriven do exercicio da actividade obxecto de autorización.

Ante: a Xunta de Galicia-Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible-Dirección Xeral de Calidade Ambiental polo importe de ... (moeda e importe en letra) ... A (importe en cifra numérica).

A entidade avalista declara baixo a súa responsabilidade que cumpre con todos os requisitos previstos na lexislación vixente aplicable. Este aval outórgase solidariamente respecto do obrigado principal, con renuncia expresa ao beneficio de exclusión e pagadeiro ao primeiro requirimento da Caixa Xeral de Depósitos ou órgano equivalente da Administración pública.

Este aval permanecerá vixente ata que a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ou quen no seu nome sexa habilitado legalmente para iso autorice a súa cancelación ou devolución de acordo coa normativa reguladora en materia de fianzas.

Este aval foi inscrito no Rexistro Especial de Avais co número: ...

En ... o ... de .... de 200...

Sinatura do banco: Sinatura do avalado:

Verificación da representación