DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2007 Páx. 1.024

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 16 de xaneiro de 2007 pola que se clasifica como mixta a Fundación Cementerio Parroquial de San Xoán de Calo-Teo.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Cementerio Parroquial de San Xoán de Calo-Teo, con domicilio en Teo (A Coruña).

Supostos de feito.

1. Camilo Carballal Pazos, na súa condición de presidente do padroado da fundación, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela, o día trinta de xuño de dous mil seis, ante o notario Nelson Rodicio Rodicio, co número de protocolo mil catrocentos oitenta, pola Asociación Patronato del Cementerio Parroquial de Calo. Esta escritura foi emendada por outra posterior con data do dezanove de setembro de dous mil seis outorgada ante o mesmo notario e co número de protocolo tres mil douscentos setenta e tres.

3. Segundo consta no artigo seis dos estatutos, a fundación ten por obxecto fomentar e xestionar servizos sociais necesarios para a comunidade e satisfacer á comunidade a necesidade de darlles sepultura aos seus mortos de maneira oportuna e decorosa mediante a prestación de servizos de inhu-

mación, exhumación e asesoría preparatoria para a morte sen ningún tipo de distinción ou privilexio pola condición social ou profesión, raza, color e crenzas relixiosas ou políticas.

4. O padroado da fundación estará integrado por Camilo Carballal Pazos como presidente, Antonio Castroagudin Valladares como vicepresidente, Manuel Guillermo Blanco Varela como secretario, Ramón Castiñeiras Viqueira como tesoureiro, e por Antonio Miras García, Carlos Barros Rodríguez, Arturo Rodríguez Vilanova e Manuel Lareo Pite como vogais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como mixta a Fundación Cementerio Parroquial de San Xoán de Calo-Teo, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos exixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede á súa clasificación como mixta e a súa adscrición á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola comisión de secretarios xerais na súa reunión do día quince de xaneiro de dous mil sete.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como mixta a Fundación Cementerio Parroquial de San Xoán de Calo-Teo, adscribíndoa á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2007.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza