DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2007 Páx. 616

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 9 de xaneiro de 2007 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2007.

Na presente orde establécese o réxime necesario para permitir a explotación marisqueira en Galicia durante todo o ano, coas garantías dunha boa xestión do recurso.

O Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, establece no seu artigo 3 que a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura aprobará, con carácter anual, un Plan xeral de explotación marisqueira.

O mecanismo de elaboración do plan xeral permite ás entidades asociativas do sector participar na responsabilidade da xestión dos recursos.

Así, preséntanse plans de explotación para as autorizacións e zonas de libre marisqueo, en que se mellora a explotación con respecto ás normas de libre marisqueo, adquiren especial relevancia as actividades de semicultivo e rexeneración, control e vixilancia que prevén os plans de explotación, arma fundamental para a recuperación e mellora das zonas produtivas. Así o entende a administración pesqueira que, a través da Lei 8/2004, do 30 de

xullo, de protección, control, infraccións e sancións en materia marítimo-pesqueira introduce como novidade no artigo 10 que o incumprimento dos plans de explotación aprobados pola consellería competente en materia de pesca, marisqueo e acuicultura se considera falta.

Sen prexuízo do exposto, a administración, co obxecto de tutelar a mellora da produción, require os informes técnicos necesarios respecto de todos os aspectos esenciais para acadar tal fin. Unha vez emitidos os informes, requírese a modificación do plan presentado, o que se recolle, de ser o caso, na proposta de resolución, que se incorpora no procedemento antes da aprobación definitiva mediante a publicación desta orde, aínda que se poderán ditar as instrucións de desenvolvemento que se consideren necesarias para acadar os obxectivos do plan xeral.

A orde regula, así mesmo, a veda dos diferentes crustáceos de forma que se poidan adoptar anualmente as medidas necesarias de conservación, tendo en conta os datos científicos máis fidedignos.

Polo tanto, examinados os plans de explotación remitidos polas entidades marisqueiras titulares de autorizacións, consultadas as entidades na elaboración das normas relativas a zonas de libre marisqueo e vistos os informes biolóxicos emitidos polos técnicos desta consellería, e de conformidade co disposto no citado decreto regulador.

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Autorizacións marisqueiras.

1. De acordo co previsto no artigo 3 do Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, para o ano 2007 apróbanse os seguintes días máximos e épocas probables de extracción relativas ás zonas en réxime de autorización administrativa. Os plans que agora se aproban desenvolveranse conforme as instrucións que posteriormente se diten, de seren necesarias.

-Plan de cadelucha Confraría de pescadores do Vicedo.

Días máximos de extracción: 42.

Punto de control: caseta de Arealonga e Lombo das Navallas.

Punto de venda: lonxa do Vicedo.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro e de outubro a decembro.

Zona de traballo: praia de Arealonga e Lombo das Navallas.

-Confraría de pescadores do Barqueiro-Bares.

Zona de traballo: zona de autorizacións situadas na marxe esquerda da ría do Barqueiro, entre a punta da Barra ao sur de punta Preguntoiro e ata punta dos Prados.

Días máximos de extracción: 65.

Puntos de control: praia de Lama, peirao de San Fiz, Ponte Vella, Fabriquín e peiraos do Barqueiro.

Puntos de venda: lonxa do Barqueiro.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, caramuxo, ostra plana e ostra xaponesa.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Espasante.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 65.

Puntos de control: Ortigueira, punta Cabalar, Ladrido e Lagarea.

Puntos de venda: lonxa de Ortigueira.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, caramuxo e lapa.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Cariño.

Zona de traballo: zona de autorización. Entre punta Leixa e punta Figueiroa.

Días máximos de extracción: 70.

Puntos de control: punta Fornelos, punta Promontoiro, Sismundi e Figueiroa.

Punto de venda: lonxa de Cariño.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho e ostra plana.

Épocas probables de extracción: de febreiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Cedeira.

Zona de traballo: zona de autorización (enseada de esteiro a enseada de Pantín).

Días máximos de extracción: 50.

Puntos de control: O Cubilote enseada de Esteiro, O Alfunil enseada de Pantín e casa do pescador de Cedeira.

Punto de venda: lonxa de Cedeira.

Especies: ameixa fina, caramuxo e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro, abril, xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Barallobre.

Zona de traballo: zona de autorización: praia de Maniños e Barallobre.

Días máximos de extracción: 110.

Puntos de control e venda: lonxa de Barallobre.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, berberecho, caramuxo e ostra plana.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Mugardos.

Zona de traballo: zona de autorización (enseada da Barca, Santa Lucía, O Baño e Nande).

Días máximos de extracción: 82.

Punto de control e punto de venda: caseta da Barca e lonxa Casa do Reloxo.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Pontedeume (a pé).

Zona de traballo: O Fabal, Zopazos, Croa Pequena, Croa Grande, Canal dos Moteis (Peregil), Canal do Barco, A Pillada.

Días máximos de extracción: 107.

Puntos de control: rampla do paseo marítimo, rampla de acceso ao peirao, pantalán do canal do Barco e lonxa de Pontedeume.

Punto de venda: lonxa da confraría.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Pontedeume ( de embarcación).

Zona de traballo: A Tasca, O día Oito, Os Moteis: Moteis-Ponte de Pedra, Moteis-Canal dos Moteis, Moteis-Peregil, Canal do Barco, A Pillada, A Pía.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control: lonxa de Pontedeume, rampla de acceso ao paseo marítimo, rampla de acceso ao peirao.

Punto de venda: lonxa da confraría.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Miño.

Zona de traballo:

A pé: Castelo Souto-Láncara, Castelo Pedrido, Lombo Espiñeira, praia pequena-porto.

Desde embarcación: Canle do Pedrido.

Días máximos de extracción: 110.

Puntos de control: caseta do Pedrido e peirao de Miño.

Punto de venda: O Pedrido.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, ostra e caramuxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Sada.

Zona de traballo: praia de Sada.

Días máximos de extracción: 56.

Puntos de control: praia de Sada.

Punto de venda: lonxa de Sada.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa e ameixa xaponesa.

Épocas probables de extracción: de xuño a decembro.

-Confraría de pescadores da Coruña.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 50 a pé; 80 de embarcación.

Puntos de control e venda: punto de venda autorizado en Perillo (Oleiros).

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, berberecho e ostra.

Épocas probables de extracción:

A pé: de xaneiro a abril, xullo a decembro.

Desde embarcación: xaneiro a abril, outubro a decembro.

-Asociación de Mariscadores Fonte de Santa Helena de Baldaio.

Zona de traballo: zona de autorización das Lagoas de Baldaio.

Días máximos de extracción: 25.

Puntos de control e venda: Fonte Santa Helena.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, berberecho e ostra plana.

Épocas probables de extracción: abril, de xuño a outubro e decembro.

-Agrupación de Mariscadores Esteiro río Anllóns.

Zona de traballo: zona de autorización (marxe dereita da ensenada do río Anllóns, entre illa Cagallóns e liña de punta Revoltas e ensenada de Insua. Subzonas A, A1-2, A3, G e zona de caramuxo.

Días máximos de extracción: 220.

Puntos de control: Pedras de Cambón, Ourixeira, O Pendón e Lodeiro.

Puntos de venda: Pedras de Cambón.

Especies: ameixa fina, ameixa xaponesa, berberecho e caramuxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Camariñas.

Zona de traballo: zona de autorización: de punta Lago a punta Roda. De punta Sandía a punta Roda. De punta Sandía a punta Insuela. Enseada da Vasa.

Días máximos de extracción: 182.

Puntos de control: Ariño, Monte da Mina, A Paxariña.

Punto de venda: lonxa de Camariñas.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Confraría de pescadores de Muros (a pé).

Zona de traballo: zona de autorización (Abelleira e Virxe do Camiño).

Días máximos de extracción: 60.

Puntos de control: Anido, Bornalle e Liñares.

Punto de venda: lonxas de Muros e Esteiro.

Especies: ameixa fina, babosa, xaponesa, berberecho e arola.

Épocas probables de extracción: marzo, de xullo a setembro, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Muros (desde embarcación).

Zona de traballo: zona de autorización (praia da Virxe do Camiño e praia de Abelleira).

Días máximos de extracción: 7.

Puntos de control: peirao de Muros e Salgueiro.

Punto de venda: lonxas de Muros e Esteiro.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, ameixa bicuda, berberecho, reloxo, cornicha e carneiro.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a marzo, e decembro.

-Confraría de pescadores de Noia.

Zona de traballo: zonas de autorización.

Días máximos de extracción: 139.

Puntos de control:

A pé: S. Cosme, Misela e Broña.

Desde embarcación: O Testal, Misela e O Freixo.

Puntos de venda: lonxas do Testal e O Freixo.

Especies: berberecho, ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e cornicha.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de setembro a decembro.

-Confraría de pescadores de Noia.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 37.

Puntos de control: lancha de vixilancia da confraría.

Puntos de venda: lonxas do Testal e O Freixo.

Especies: ostra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a e decembro.

-Confraría de pescadores de Carreira-Aguiño.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 185.

Puntos de control: Illa de Sálvora, praia de Carreira e peirao de Aguiño.

Punto de venda: lonxa de Aguiño.

Especies: ameixa babosa, ameixa rubia, carneiro e reloxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a marzo, xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Ribeira (desde embarcación).

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 187 para todas as especies e 40 para ostra.

Puntos de control: Coroso, Insua, Égoas, Touro, Airó, Castiñeiras e lonxa de Ribeira.

Punto de venda: lonxa de Ribeira.

Especies: ameixa babosa, ameixa rubia, berberecho, carneiro, reloxo e ostra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Confraría de pescadores de Palmeira (a pé).

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 132.

Puntos de control: zona de traballo.

Puntos de venda: lonxas de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Confraría de pescadores de Palmeira (desde embarcación).

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 160.

Puntos de control: zona de traballo.

Puntos de venda: lonxas de Ribeira.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa bicuda, ameixa rubia, berberecho, carneiro e reloxo.

Épocas probables de extracción: de marzo a xullo, de outubro a decembro.

-Confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal (a pé).

Zona de traballo: zona de autorización (Areal, Raposiños e As Insuas da Ribeiriña).

Días máximos de extracción: 153.

Puntos de control: Areal, Friscos en Raposiños e Franco nas Insuas da Ribeiriña.

Punto de venda: lonxa da confraría da Pobra do Caramiñal.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, reloxo e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, de abril a decembro.

-Confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal (desde embarcación).

Zona de traballo: Areal, Raposiños e As Insuas da Ribeiriña.

Días máximos de extracción: 141.

Puntos de control: lanchas de vixilancia da confraría, punta Cabío, praia de Raposiños e na lonxa.

Punto de venda: lonxa da confraría da Pobra do Caramiñal.

Especies: berberecho, ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, reloxo, ameixa bicuda, ameixa rubia e carneiro.

Épocas probables de extracción: xaneiro, maio a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Cabo de Cruz (a pé).

Zona de traballo: zonas de autorización: de punta Peralto a Pedra Rubia.

Días máximos de extracción: 140.

Puntos de control: praia de Barraña: desembocadura do río Coroño, antigas colonias de verán, centro de saúde e baixada a Xión. Praia de Retorta: baixada á praia de Retorta. Ladeira do Chazo: rampla de Angados e ladeira do Chazo. Praia de Mañóns: baixada de Triñáns, baixada do Piñeiro, aparcadoiro de Mañóns e baixada ás Redondas.

Punto de venda: lonxa de Cabo de Cruz.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo, e de xuño a decembro.

-Confraría de pescadores de Cabo de Cruz (de embarcación).

Zona de traballo: zona de autorización: de punta Peralto a Pedra Rubia.

Días máximos de extracción: 186.

Puntos de control: lancha de vixilancia desprazada na zona de traballo.

Punto de venda: lonxa de Cabo de Cruz.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponesa, ameixa bicuda, ameixa rubia, carneiro, reloxo e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a marzo, de xuño a setembro, novembro e decembro.

-Sociedade Cooperativa Limitada ría de Arousa.

Zona de traballo: zona de autorización: entre punta Portomouro e punta Pedra Rubia.

Días máximos de extracción: 113.

Puntos de control: Fontenla e Portomouro.

Punto de venda: Portomouro.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: febreiro a setembro, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Rianxo.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 168 a pé; 150 de embarcación.

Puntos de control:

A pé: zona de traballo.

Desde embarcación: plataforma de batea.

Punto de venda: lonxa de Rianxo.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción:

A pé: de xaneiro a decembro.

Desde embarcación: xaneiro, de abril a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores do Carril (desde embarcación).

Zona de traballo: zona de autorizacións. Baía de Terra e Baía de Fóra.

Días máximos de extracción: 65.

Punto de control: zona de produción.

Punto de venda: lonxa do Carril.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Carril (desde embarcación).

Zona de traballo: zona de autorizacións: A Fangueira.

Días máximos de extracción: 30.

Punto de control: zona de produción.

Punto de venda: lonxa do Carril.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Carril (a pé).

Zona de traballo: zona de autorizacións: A Fangueira.

Días máximos de extracción: 30.

Punto de control: zona de produción.

Punto de venda: lonxa do Carril.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Vilaxoán.

Zona de traballo: zona de autorizacións (entre regato Aduana e punta Ferrazo).

Días máximos de extracción: 132.

Puntos de control: lonxa de Vilaxoán, e no esteiro do Rial, praia de Borreiros, praia de Corón, praia de Preguntoiro, praia de Castelete, praia de Saíñas e praia de Canelas.

Puntos de venda: lonxa de Vilaxoán.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda, berberecho e caramuxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Vilanova de Arousa (a pé).

Zona de traballo: zona de autorizacións: desde regato Aduana ata o Rego do Alcalde.

Días máximos de extracción: 155.

Puntos de control: zonas de produción e lonxa de Vilanova de Arousa.

Puntos de venda: lonxa de Vilanova de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda, berberecho e reloxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Vilanova de Arousa (desde embarcación).

Zona de traballo: zonas de autorización: esteiro de Vilamaior, A Corbala, de punta Basella á Corbala, de punta Basella a punta Sinas, de río Aduana a punta Sinas.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: zonas de produción e lonxa de Vilanova de Arousa.

Puntos de venda: lonxa de Vilanova de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa rubia, ameixa bicuda, berberecho, carneiro e reloxo.

Épocas probables de extracción: xaneiro, de abril a setembro, e decembro.

-Confraría de pescadores da Illa de Arousa (a pé).

Zona de traballo: zonas de autorización da Confraría illa Arousa.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control: O Vao, Concerrado, Camaxe e Xastelas, As Aceñas e lonxa da Illa de Arousa.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, berberecho, reloxiño e caramuxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro, cunha veda dun mes na zona sur-leste da illa (Camaxe, Camaxiñas, Concerrado e Xastellas) entre abril e xuño.

-Confraría de pescadores da Illa de Arousa (de embarcación).

Zona de traballo: zonas de autorización da Confraría da Illa de Arousa.

Días máximos de extracción: 82.

Puntos de control: Areoso, Arnela, Roncadeiras, Concerrado e lonxa da Illa de Arousa.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, berberecho, carneiro e reloxo.

Épocas probables de extracción: febreiro, marzo, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Cambados (a pé).

zonas de traballo: zonas de autorización: entre punta Tragove e Rego do Alcalde, co Saco de Fefiñáns. Entre Ponte Castrelo e punta Borrelo. Entre o peirao de Cambados e a desembocadura do río Umia.

Días máximos de extracción: 180.

Puntos de control: Galpón de Montesaco de San Tomé e lonxa de Tragove.

Puntos de venda: lonxa de Tragove.

Especies: ameixa fina, ameixa xaponesa, ameixa babosa, ameixa bicuda, berberecho, caramuxo e reloxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro, cunha veda dun mes entre abril e xuño no Sarrido.

-Confraría de pescadores de Cambados (desde embarcación).

Zona de traballo: zonas de autorización: desde rego do Alcalde a punta Tragove. Desde punta Borrón e peirao de Cambados ata punta Borrelo.

Días máximos de extracción: 82.

Puntos de control: lancha da confraría e lonxa de Tragove.

Puntos de venda: lonxa de Tragove.

Especies: ameixa babosa, ameixa rubia, berberecho, reloxo, ameixa fina, ameixa bicuda, ameixa xaponesa e carneiro.

Épocas probables de extracción: abril a xuño e decembro.

-Confraría de pescadores do Grove (a pé).

Zona de traballo: zonas de autorización.

Días máximos de extracción: 160.

Puntos de control: en Castrelo: O Facho e Insuíña; As Cachadas en Vilalonga; Ponte da Toxa, Rons, Moreiras, Lordelo, Cubreiro e lonxa no Grove.

Punto de venda: lonxa do Grove.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, berberecho, carneiro, ostra, caramuxo e reloxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Grove (desde embarcación).

Zona de traballo: zonas de autorización:

Días máximos de extracción: 220.

Puntos de control: en Castrelo: O Facho e Insuíña; As Cachadas en Vilalonga; Ponte da Toxa, Rons, Moreiras, Lordelo, Cubreiro e lonxa no Grove.

Punto de venda: lonxa do Grove.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, ameixa rubia, berberecho, carneiro e reloxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: zonas de autorización. Delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 48.

Puntos de control: zona de extracción e lonxa do Grove.

Punto de venda: lonxa do Grove.

Especies: lapa.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro, cunha veda nos meses de setembro e outubro para respectar o período reprodución.

-Confraría de pescadores de Aldán-O Hío (a pé).

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 65.

Puntos de control: praia de S. Cibrán e lonxa de Aldán.

Puntos de venda: lonxa de Aldán.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, carneiro e reloxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de xuño a decembro.

-Confraría de pescadores de Aldán-O Hío (lapa).

Zona de traballo: de praia Alada a punta Preguntoiro cara ao interior da ría.

Días máximos de extracción: 36.

Puntos de control: edificio da lonxa de Aldán.

Puntos de venda: lonxas autorizadas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a maio e de setembro a decembro.

-Confraría de pescadores de Baiona (desde embarcación).

Zona de traballo: enseada de Baiona.

Días máximos de extracción: 60.

Puntos de control: zona de produción e lonxa de Baiona.

Puntos de venda: lonxa de Baiona.

Especies: ameixa rubia, ameixa babosa, ameixa xaponesa, cornicha, marolo, carneiro, chirla e reloxo.

Épocas probables de extracción: marzo a abril e de xullo a setembro.

-Confraría de pescadores de Baiona (a pé).

Zona de traballo: Foz do río Miñor, praia Ladeira, praia do Burgo, praia de Santa Marta, paseo da lonxa, praia Ribeira, praia Barbeira.

Días máximos de extracción: 130.

Puntos de control: rampla de Ruiz, praia de Santa Marta e lonxa de Baiona.

Puntos de venda: lonxas de Baiona e Vigo.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, reloxo, carneiro e caramuxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a maio e de xullo a decembro, cunha veda no mes de xuño.

2. Non obstante o disposto no punto 1 do presente artigo e de acordo co artigo 4.2º do Decreto 423/1993, correspóndelles aos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos autorizar a apertura e peche da extracción de marisco nas autorizacións marisqueiras. As entidades titulares deberán solicitar autorización, polo menos 15 días antes da data prevista para o efecto, no plan de explotación.

3. As entidades marisqueiras que non presentaron plan de explotación ou aquelas que o presentaron pero non lles foi aprobado, ateranse ao disposto para as zonas de libre marisqueo.

Artigo 2º.-Zonas de libre marisqueo.

1. De acordo co previsto no artigo 5 do Decreto 423/1993 modificado polo Decreto 237/2002 do 11 de xullo, autorízase como norma xeral a extracción de moluscos nas zonas de libre marisqueo, non suxeitas a plan específico desde o 2 de xaneiro ao 30 de marzo e desde o 1 de outubro ata o 28 de decembro.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, exceptúanse as seguintes zonas:

A) Ría de Foz:

-Banco de Taro: está pechado para berberecho e ameixa xaponesa.

-Banco de Fondás: permanecerá pechado todo o ano para o berberecho.

B) Ría de Ferrol:

-Banco das Pías-Traballarase de acordo co plan de emprego aprobado para esta zona.

-Zonas de libre marisqueo -segundo os informes técnicos e oído o sector, a Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos na Coruña emitirá as resolucións de apertura mensuais.

C) Lombos do Ulla.-Traballarase de acordo co plan piloto aprobado pola Dirección Xeral de Recursos Mariños.

D) Na zona do Boído continuarase co plan de recuperación iniciado no 2005. De poder explotar a zona, realizarase conforme as resolucións da Dirección Xeral de Recursos Mariños.

E) Ría de Vigo: a Asociación de Confrarías da ría de Vigo presentou plan de marisqueo desde embarcación para a ría de Vigo. Para esta mesma zona Cíes Artesanais Sociedade Cooperativa Galega presentou tamén plan, tendo proposta desfavorable da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que a ría de Vigo se explotará segundo o indicado:

Zona de traballo: ría de Vigo (bancos sublitorais).

Días máximos de extracción: 140.

Puntos de control: zona da Guía, Bouzas, Toralla, punta Rodeira, praia de Cangas, Baiona, Tirán, Madorniña, Cabrón, Arroás, Barra, Cíes, Liméns e enseada de San Simón, lonxas de: Baiona, Canido, Vigo, Redondela, Vilaboa, Arcade, Meira e Cangas. As entidades asociativas, por zonas, serán as encargadas da xestión dos puntos de control.

Puntos de venda: lonxas autorizadas.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, ameixa xaponesa, berberecho, carneiro ou burro, cornicha, marolo e reloxo.

Época probable de extracción: de xaneiro a marzo e de xuño a decembro.

Segundo os informes técnicos e oído o sector a Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Vigo emitirá as resolucións de apertura mensuais.

2. Para traballar con rastro de vieira, segundo o artigo 120 do Decreto 424/93, no libre marisqueo requiriráselle solicitude á Dirección Xeral de Recursos Mariños, cunha anticipación mínima de 15 días á data de extracción, especificando os datos do censo de embarcacións, especie obxecto de explotación e zonas de traballo.

3. Prohíbese durante todo o ano a extracción de mexillón silvestre en todo o litoral galego, agás resolución expresa da Dirección Xeral de Recursos Mariños.

4. As cotas de capturas para as zonas de libre marisqueo serán:

Marisqueo desde embarcación:

Zamburiña e volandeira: 50 kg/tripulante/día cun máximo de 150 kg por embarcación.

Berberecho: 20 kg/tripulante/día cun máximo de 60 kg por embarcación.

Ameixa fina: 3 kg/tripulante/día cun máximo de 9 kg por embarcación.

Ameixa babosa: 5 kg/tripulante/día cun máximo de 15 kg por embarcación.

Ameixa xaponesa: 5 Kg/tripulante/día cun máximo de 15 kg por embarcación.

Ameixa rubia: 10 kg/tripulante/día cun máximo de 30 kg, establecéndose como equivalencia para os efectos de topes a relación 1 kg/2 kg entre babosa e rubia.

Especies acompañantes: 25 kg de reloxo tripulante/día e 8 kg carneiro tripulante/día.

Cadelucha: 40 kg/tripulante/día cun máximo de 120 kg por embarcación.

Outros moluscos: 30 kg/embarcación/día.

Marisqueo a pé:

Ameixa fina: 3 kg/mariscador/día.

Ameixa babosa: 5 kg/mariscador/día.

Cadelucha: 3 kg/mariscador/día.

Outros moluscos: 15 kg/mariscador/día.

As cotas máximas de captura poderán ser aumentados ou diminuídos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos dependendo do estado do recurso.

5. As zonas de traballo dos sectores de marisqueo a pé e desde embarcación nas zonas de libre marisqueo, estarán delimitadas pola liña que une os puntos de cota mareal cero. Isto será de aplicación as zonas de libre marisqueo sometidas a plan específico nas cales non exista acordo de repartición entre os dous sectores.

Artigo 3º.-Plans específicos en zonas de libre marisqueo.

De acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 423/1993, modificado polo 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os plans de explotación para o ano 2007, relativos a zonas de libre marisqueo, presentados polas entidades marisqueiras que a seguir se relacionan e que se desenvolverán conforme as instrucións que posteriormente se diten, de seren necesarias:

-Plan de ameixa fina da confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: ría de Ribadeo.

Días máximos de extracción: 26.

Punto de control: lonxa de Ribadeo.

Puntos de venda: lonxas autorizadas.

Épocas probables de extracción: abril, de setembro a decembro.

-Plan de caramuxo da Confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: entre A Insua e O puntal (incluíndo illa Pancha e praia de Rocas Brancas).

Días máximos de extracción: 15.

Punto de control: lonxa de Ribadeo.

Puntos de venda: lonxas de Galicia.

Épocas probables de extracción: abril e de setembro a decembro.

-Plan de lapa da Confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: entre A Insua e O Puntal.

Días máximos de extracción: 15.

Punto de control: lonxa de Ribadeo.

Puntos de venda: lonxas de Galicia.

Épocas probables de extracción: xullo a decembro.

-Plan de caramuxo da Agrupación de Mariscadores de S. Cosme (Foz).

Zona de traballo: ría de Foz (bancos de Fondás e O Taro).

Días máximos de extracción: 30.

Punto de control: saída de Fondás e saída de Esteiro.

Puntos de venda: lonxa de Burela.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril, novembro e decembro.

-Plan de ameixa fina da Agrupación de Mariscadores de S. Cosme (Foz).

Zona de traballo: ría de Foz (bancos de Fondás, Fontorto e O Taro).

Días máximos de extracción: 56.

Punto de control: saída de Fondás e saída de Esteiro.

Puntos de venda: lonxa de Burela.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril; xullo a decembro.

-Plan de cadelucha da Agrupación de Mariscadores de S. Cosme (Foz).

Zona de traballo: praia do Altar.

Días máximos de extracción: 20.

Punto de control: saída de Altar.

Punto de venda: lonxa de Burela.

Épocas probables de extracción: de xullo a decembro.

-Plan de ameixa fina da confraría de pescadores de S. Cibrao.

Zona de traballo: praia de Portocelo, ría de S. Cibrao, praia do Portiño-Morás e, marxes do río de Lago e zona de S. Cibrao.

Días máximos de extracción: 10.

Punto de control: lonxa de San Cibrao, portos de Morás e Portocelo.

Punto de venda: lonxas de Galicia.

Épocas probables de extracción: maio e xuño.

-Plan de caramuxo da Confraría de pescadores de S. Cibrao.

Zona de traballo: da ermida de San Tirso á punta Rueta.

Días máximos de extracción: 30.

Punto de control: lonxa de San Cibrao, portos de Morás e Portocelo.

Puntos de venda: lonxas autorizadas.

Épocas probables de extracción: abril a xuño, outubro a decembro.

-Plan de lapa da Confraría de pescadores de S. Cibrao.

Zona de traballo: da ermida de San Tirso á a punta Rueta.

Días máximos de extracción: 30.

Punto de control: lonxa de San Cibrao, portos de Morás e Portocelo.

Punto de venda: lonxas de Galicia.

Épocas probables de extracción: abril a xuño, outubro a decembro.

-Plan de ameixa fina, babosa, xaponesa e ostra da Confraría de pescadores de Celeiro.

Zona de traballo: praias de Celeiro, canle do río Landro, zona interna da ría, por riba da ponte do ferrocarril.

Días máximos de extracción: 100 para ameixa fina, babosa e ostra, 25 para ameixa xaponesa.

Puntos de control e venda: lonxas de Celeiro e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a maio e de outubro a decembro.

-Plan de ameixa fina, xaponesa, caramuxo e lapa da Confraría de pescadores de Celeiro.

Zona de traballo: ría de Viveiro.

Días máximos de extracción: 40 para ameixa fina, 20 para ameixa xaponesa, 6 para caramuxo e 40 para lapa.

Punto de control: lonxa de Celeiro.

Punto de venda: lonxas de Celeiro, S. Cibrao, Burela e Ribadeo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a maio, de xullo a decembro.

-Plan de cadelucha das confrarías de Celeiro e O Vicedo.

Zona de traballo: praia de Abrela.

Días máximos de extracción: 8.

Punto de control: praia de Abrela.

Punto de venda: lonxas do Vicedo e Celeiro.

Épocas probables de extracción: marzo, agosto e setembro.

-Plan de ameixa e berberecho da Confraría de pescadores do Vicedo.

* Zona de traballo: das Pontes ata Rego Seco, praia de Fomento e Illa de S. Martiño.

Días máximos de extracción: 6 para ameixa xaponesa, berberecho e ameixa fina.

Puntos de control: zona de produción.

Puntos de venda: lonxa do Vicedo.

Épocas probables de extracción: marzo, abril e decembro.

-Plan de berberecho da Confraría de pescadores do Vicedo.

Zona de traballo: praia de Villabril.

Días máximos de extracción: 54.

Puntos de control: praia de Villabril e lonxa do Vicedo.

Puntos de venda: lonxa do Vicedo.

Época probable de extracción: de xaneiro a a marzo e de outubro a decembro.

-Plan de cadelucha das confrarías de pescadores do Vicedo e O Barqueiro.

Zona de traballo: Lombo das Navallas.

Días máximos de extracción: 42.

Punto de control: caseta da Realonga, Lombo das Navallas e peirao do Barqueiro.

Puntos de venda: lonxas do Vicedo e O Barqueiro.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro e de outubro a decembro.

-Confraría de pescadores do Barqueiro-Bares.

Zona de traballo: praia de Vilela.

Días máximos de extracción: 15.

Puntos de control: praia de Vilela.

Punto de venda: lonxa do Barqueiro.

Especies: cadelucha.

Épocas probables de extracción: xullo a setembro.

-Confraría de pescadores de Espasante.

Zona de traballo: praia de Morouzos, A Regueira, A Combuela, Cano Pequeno, tramo de costa desde a punta Espigón ata a depuradora de Ortigueira.

Días máximos de extracción: 55.

Punto de control: praia de Morouzos, A Regueira, Ladrido e peirao de Ortigueira.

Punto de venda: lonxa de Ortigueira.

Especies: cadelucha, berberecho, ameixa fina, ameixa xaponesa e ameixa babosa.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril e de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Cariño.

Zona de traballo: de punta Figueiroa a punta do Frade (praias de Figueiras e dos Cabalos) e praia de Cariño.

Días máximos de extracción: 14.

Puntos de control: punta Figueiroa.

Punto de venda: lonxa da Confraría de Cariño.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, cadelucha, ostra e berberecho.

Épocas probables de extracción: de febreiro a abril, xullo e agosto.

-Confraría de pescadores de Cedeira.

Zona de traballo: praia de Vilarrube-Pantín.

Días máximos de extracción: 108.

Puntos de control: praia de Vilarrube e Casa do Pescador.

Puntos de venda: lonxa de Cedeira.

Especies: cadelucha.

Época probable de extracción: de xaneiro a a abril e de setembro a decembro.

-Confraría de pescadores de Cedeira.

Zona de traballo: praia da Madalena, Enseada de Esteiro.

Días máximos de extracción: 100.

Especies: berberecho.

Puntos de control: Casa do Pescador de Cedeira.

Punto de venda: lonxa de Cedeira.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril, e de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Miño.

Zona de traballo: Ponte do Porco, río Bañobre, punta Cabana e praia Pedrido, e de punta Curbeiroa a punta Mauruxo.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: O Pedrido e porto de Miño.

Punto de venda: O Pedrido.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, ostra e caramuxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores da Coruña.

Zona de traballo: libre marisqueo da ría do Burgo, A Pasaxe e O Parrote.

Días máximos de extracción: 70 días a pé; 100 días desde embarcación; 60 días no Parrote.

Puntos de control e venda: punto de venda autorizado en Perillo (Oleiros).

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, berberecho, reloxo e carneiro.

Épocas probables de extracción:

A pé: de xaneiro a abril, e de xullo a decembro.

Desde embarcación: na ría de xaneiro a marzo, e de agosto a decembro. No Parrote: maio, xuño e decembro.

-Asociación de Mariscadores Fonte Santa Helena de Baldaio.

Zona de traballo: zona de libre marisqueo da lagoa interna e da lagoa externa.

Días máximos de extracción: 20.

Puntos de control e venda: Fonte de Santa Helena.

Especies: berberecho e ameixa fina.

Épocas probables de extracción: xullo a setembro, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Corme.

Zona de traballo: zona rochosa de punta Nariga á enseada do Anllóns

Días máximos de extracción: 35.

Puntos de control e venda: lonxa de Corme.

Especies: lapa.

Épocas probables de extracción: de febreiro a maio e de setembro a novembro.

-Agrupación de Mariscadores do esteiro do río Anllóns.

Zona de traballo: marxe esquerda do esteiro do río Anllóns. Subzonas B, D, E,Q.

Días máximos de extracción: 120.

Punto de control: Pedras de Cambón, Ourixeira, O Pendón e Lodeiro.

Punto de venda: Pedras de Cambón.

Especies: berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Confraría de pescadores de Corcubión.

Zona de traballo: praia de Cee e Corcubión para ameixa fina, xaponesa e berberecho, e a costa rochosa desde a praia de Estorde á praia do Ézaro para o caramuxo.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: praias de Estorde, Corcubión, Cee, O Ézaro e peirao de Corcubión.

Punto de venda: lonxa de Corcubión.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponesa, berberecho, caramuxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Corcubión.

Zona de traballo: desde a desembocadura do río Xallas ata punta Arnela.

Días máximos de extracción: 35.

Puntos de control: peirao de Corcubión.

Punto de venda: lonxa de Corcubión e outras autorizadas.

Especies: lapa.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a maio, setembro e outubro.

-Plan da Confraría de pescadores de Lira.

Zona de traballo: zona rochosa desde punta Insua a punta Larada.

Días máximos de extracción: 40.

Punto de control: lonxa de Lira.

Punto de venda: lonxa de Lira e outras autorizadas.

Especies: lapa.

Epocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, outubro e novembro.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Lira e O Pindo.

Zona de traballo: desembocadura do río Xallas a punta Insua: praia de S. Pedro, Pedras Mariñas, praia de Carnota, Berberecheira e A Lagoa.

Días máximos de extracción: 35.

Puntos de control: estrada do Viso e A Lagoa.

Punto de venda: lonxa de Lira.

Especies: berberecho, ameixa fina e ameixa xaponesa.

Épocas probables de extracción: xuño a setembro e decembro.

-Plan da Confraría de pescadores do Pindo

Zona de traballo: do río Xallas ata a desembocadura do río Larada.

Días máximos de extracción: 20.

Puntos de control: peirao do Pindo, porto de Quilmas, Insuela e punta Caldebarcos.

Punto de venda: lonxas autorizadas.

Especies: lapa.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a marzo, outubro e novembro.

-Plan da Confraría de pescadores de Muros.

Zona de traballo: de punta Uía e punta Insua.

Días máximos de extracción: 36.

Puntos de control: zona de traballo:

Puntos de venda: lonxas de Muros e Esteiro.

Especies: lapa.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a marzo, e de outubro a decembro.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Noia-Muros-Portosín e Porto do Son.

Zona de traballo:

-entre punta Santa Catalina, Esteiro e A Creba.

-entre Monte Louro e punta Santa Catalina.

-zona sur: entre punta Ornanda e punta Aguieira.

Días máximos de extracción: 66.

Puntos de control: embarcacións de vixilancia.

Puntos de venda: lonxas do Freixo, Esteiro e Muros.

Especies: ameixa fina, ameixa bicuda, ameixa babosa, ameixa rubia, berberecho, reloxo, carneiro e cornicha.

Épocas probables de extracción: de xuño a setembro.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Noia-Muros-Portosín e Porto do Son.

Zona de traballo: de punta Rebordiño a punta Uía e desde punta Ornanda a punta Aguieira.

Días máximos de extracción: 48.

Puntos de control: praias de Esteiro, Cabanas, Castelo e Aguieira.

Puntos de venda: lonxas do Testal, O Freixo, Esteiro e Muros.

Especies: ameixa fina, berberecho, ameixa babosa e reloxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo e de outubro a decembro.

-Confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal (desde embarcación).

Zona de traballo: banco de Cabío.

Días máximos de extracción: 60.

Punto de control: zona de produción.

Punto de venda: lonxa da Pobra do Caramiñal

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda ameixa rubia, reloxo, carneiro e berberecho.

Épocas probables de extracción: de outubro a decembro.

-Confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal (a pé).

Zona de traballo: banco de Cabío.

Días máximos de extracción: 45.

Puntos de control: lonxa da Pobra do Caramiñal.

Punto de venda: lonxa da Pobra do Caramiñal.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: marzo, abril e setembro

-Confraría de pescadores do Carril (desde embarcación).

Zona de traballo: As Malveiras-As Briñas-O Con.

Días máximos de extracción: 45.

Punto de control: zona de produción.

Punto de venda: lonxa do Carril.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Carril (a pé).

Zona de traballo: lombos do Ulla e praia Compostela-A Concha.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control: zona de produción e lonxa do Carril.

Punto de venda: lonxa do Carril.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Vilaxoán.

Zona de traballo: zona submareal entre a liña que une o río Aduana a Illote Gorma e punta Borreiros; da punta Borreiros ao peirao de Vilaxoán, da punta Castelete á punta Ferrazo.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control: zona de produción desde embarcación.

Puntos de venda: lonxa de Vilaxoán.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda, berberecho, carneiro e reloxo.

Época probable de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Vilanova de Arousa.

Zona de traballo: dique do Terrón, boia columna eléctrica, columna ponte, boia Lañeiras de Fóra, espicho rego do Alcalde. (zona de produción: praia Nova, As Carballas e As Negrenlas).

Días máximos de extracción: 125.

Puntos de control: nas zonas de produción e lonxa de Vilanova de Arousa.

Puntos de venda: lonxa de Vilanova de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda, ameixa rubia, berberecho, reloxo e carneiro.

Épocas probables de extracción: xaneiro, de marzo a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores da Illa de Arousa (de embarcación).

Zona de traballo: liñas imaxinarias que unen punta Arruda con punta Laño e punta Carreirón con punta Cuña Alta. Nesta zona están incluídas Roncadeiras e O Camallón.

Días máximos de extracción: 102.

Puntos de control: Arnela, Roncadeiras e lonxa da Illa de Arousa.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, berberecho, carneirolo e reloxo.

Épocas probables de extracción: de abril a agosto.

-Confraría de pescadores da Illa de Arousa (a pé).

Zona de traballo: de punta Quilma a Sapeiras de Terra.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control: As Aceñas, O Nabal, Espiñeiro, Gradín, Abilleira, A Salga, Semuíño, Aguiúncho e lonxa da Illa de Arousa.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, berberecho e reloxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores da Illa de Arousa.

Zona de traballo: zona rochosa intermareal da illa de Arousa.

Días máximos de extracción: 36.

Puntos de control: O Bao, Concerrado, Camaxe, Xastelas, As Aceñas, O Nabal, Espiñeiro, Gradín, Abilleira, A Salga, Semuíño, Aguiúncho e lonxa da Illa de Arousa.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Especies: lapa.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Cambados.

Zona de traballo: do Rego do Alcalde (Lañeiras de Fóra) á baliza de Orido, Arnela-Galiñeiro, do peirao de Meloxo ata as Negreiriñas.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control: lancha da confraría e lonxa de Tragove.

Puntos de venda: lonxa de Tragove.

Especies: ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa rubia, ameixa fina, ameixa bicuda, berberecho, carneiro e reloxo.

Épocas probables de extracción: xaneiro, de abril a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 220.

Puntos de control: en Castrelo: O Facho e Insuiña; As Cachadas en Vilalonga; Ponte da Toxa; Rons, Moreiras, Lordelo, Cubreiro e lonxa no Grove.

Punto de venda: lonxa do Grove.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda, ameixa rubia, berberecho, reloxo e carneiro.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Lourizán, Pontevedra e Raxó (a pé).

Zona de traballo: na parte interna da liña imaxinaria que une punta Santa Mariña, na beira norte da ría de Pontevedra coa esquina noroeste do convento sito na punta Praceres, na zona sur da ría, e desde este punto ata o faro verde da quebramar da canalización do río Lérez.

Días máximos de extracción: 110.

Puntos de control: Lourizán, puntada, Polvorín, Ameixal, lonxa de Campelo, A Ostreira (Campelo), A Reiboa (Combarro), Padrón (Combarro), A Canteira, D. Bernardo, Ouriceira, O Covelo, O Laño, O Carballo, Xiorto e Raxó.

Punto de venda: lonxa de Campelo.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, reloxo e chirla.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de xuño a decembro.

Os bancos de Ameixal e Os Praceres (zonas 4, 5, 6 e 7) permanecerán vedadas dous meses, desde a 2ª quincena de abril ata a 1ª quincena de xuño, ambas incluídas.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Pontevedra, Lourizán, Raxó, Sanxenxo e Marín (de embarcación).

Zona de traballo: na parte interna da liña imaxinaria que une punta Santa Mariña, na beira norte da ría de Pontevedra, coa esquina noroeste do convento sito en punta Praceres, na zona sur da ría.

Días máximos de extracción: 140.

Puntos de control: nas zonas de produción e en terra na lonxa de Campelo.

Punto de venda: lonxa de Campelo.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, ameixa xaponesa, ameixa bicuda, berberecho, reloxo, cornicha, carneiro e ostra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de xuño a decembro. (Veda na 2ª quincena de abril e 1ª de xuño nos bancos do Río, Aguillóns e A Brensa).

-Plan conxunto das confrarías de Bueu e Portonovo (desde embarcación).

Zona de traballo: de punta Faxilda a punta Santa Mariña , da esquina noroeste do convento sito en punta Praceres ata punta Niño do Corvo, desde punta Niño do Corvo ata punta Alada (cara ao interior da ría de Aldán), illas Ons e Onza.

Días máximos de extracción: 207.

Puntos de control: nas zonas de produción.

Puntos de venda: lonxas de Bueu, Portonovo, Aldán ou calquera outro punto de venda autorizado.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, ameixa bicuda, carneiro, reloxo, cornicha, berberecho, ameixón, rabioso e saltón.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro, cunha veda de dous meses en maio e xuño.

-Plan de ameixa rubia da confraría de pescadores de Bueu.

Arte: endeño remolcado.

Zona de traballo: entre punta Faxilda e punta Samieira (Raxó), entre punta de Debaixo dos Pintos (Marín) e punta Preguntoiro, e entre punta Alada e punta Couso.

Días máximos de extracción: 15.

Puntos de control: zona de traballo: e lonxa de Bueu.

Punto de venda: lonxa de Bueu ou calquera punto de venda autorizado.

Épocas probables de extracción: decembro.

-Plan de ameixa rubia da confraría de pescadores de Cangas.

Arte: endeño remolcado.

Zona de traballo: entre cabo Home e faro Borneira.

Días máximos de extracción: 30.

Puntos de control: zona de produción e rampla da lonxa de Cangas.

Punto de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a e decembro.

-Asociación de Confrarías da ría de Vigo (a pé).

Zona de traballo: bancos intermareais de moluscos bivalvos da ría de Vigo, excepto a zona de autorización de Baiona.

Días máximos de extracción: 130.

Puntos de control: lonxa de Arcade, O Cunchido, Meira, Domaio, A Xunqueira (á beira do actual campo de fútbol e lado da Casa do Mar), Tirán, illa dos Ratos, Borna, lonxa de Cesantes, punta do Cabo, A Portela, Arealonga, lonxa de Santa Cristina, Santo Adrán, punta Calera, punta Cabalo, lonxa de Canido, Toralla, O Serral.

Punto de venda: calquera das lonxas das entidades integrantes da asociación: Arcade, Canido, Moaña, Redondela, Vilaboa, Cangas e Vigo.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponesa, berberecho, caramuxo e reloxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro, cunha veda biolóxica de dous meses consecutivos entre abril e xuño.

-Plan de volandeira e zamburiña con rastro de vieira da ría de Vigo.

Zona de traballo: desde a liña imaxinaria que une punta Borneira e cabo Estai, ata o interior da ría de Vigo.

Días máximos de extracción: 140.

Puntos de control: A Guía, Bouzas, Toralla, punta Rodeira, praia de Cangas, Tirán, Madorniña, Cabrón, Arroás, Enseada de San Simón.

Puntos de venda: lonxas das entidades integrantes da Asociación de Confrarías da ría de Vigo e lonxa de Vigo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a maio e de outubro a decembro.

-Confraría de pescadores de Baiona (lapa).

Zona de traballo: da praia de Abra a punta Orelludas.

Días máximos de extracción: 36.

Puntos de control: zona de extracción e lonxa de Baiona.

Punto de venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a outubro.

-Confraría de pescadores da Guarda (lapa).

Zona de traballo: de punta dos Picos a punta Orelludas.

Días máximos de extracción: 48.

Puntos de control: peirao do porto de Santa Mª de Oia e lonxa da Guarda.

Punto de venda: lonxa da Guarda.

Épocas de extracción: de xaneiro a outubro.

As entidades marisqueiras que presentaron plan de explotación para zonas de libre marisqueo e ás cales non lles foi aprobado, ateranse ao disposto nas normas establecidas nesta orde.

Artigo 4º

Aquelas embarcacións que conten no seu permiso de explotación coas artes de bou de vara ou bou de man poderán realizar as capturas con carácter xeral desde o 2 de xaneiro de 2007 ata o 30 de marzo, e desde o 23 de novembro ao 29 de decembro, e sempre de acordo co previsto no Decreto 424/1993, do 17 de decembro. Para a extracción de moluscos bivalvos no período autorizado, axustarasnse ao contido do disposto no Decreto 423/1993, do 17 de decembro, artigo 2.2º.

Artigo 5º.-Percebe.

De acordo co establecido no Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os seguintes plans de explotación do percebe (Pollicipes pollicipes), que se desenvolverán conforme as instruccións que posteriormente se diten, de seren necesarias:

-Confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: de punta Promontorio ás Carrallas; illotes: Martiñas, Mourón, Corbeira, Tabla, Insua, Pancha e O Can de Faro.

Días máximos de extracción: 58.

Punto de control: As Pudias, punta Corbeira e Área recreativa Areosa-Piñeira.

Punto de venda: lonxas de Ribadeo, Burela, San Cibrao, Cedeira e A Coruña.

Épocas probables de extracción: abril a a setembro; novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Burela.

Zona de traballo: ámbito da confraría.

Días máximos de extracción: 60.

Punto de control: zona de traballo: e lonxa de Burela.

Puntos de venda: lonxas de Burela e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a setembro.

-Confraría de pescadores de San Cibrao.

Zona de traballo: ermida de San Tirso a punta Rueta, illas de Cal, Sarón e Farallóns.

Días máximos de extracción: 48.

Punto de control: lonxas de S. Cibrao, portos de Morás e Portocelo.

Punto de venda: lonxas de Galicia.

Épocas probables de extracción: de xuño a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Celeiro.

Zona de traballo: Ermida de San Tirso a punta do Cabalo e illa Gabeira.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: lonxas de Celeiro e San Cibrao.

Puntos de venda: lonxas de Galicia

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Vicedo.

Zona de traballo: desde o extremo norte da praia da Abrela á punta Congreira e illa Coelleira.

Días máximos de extracción: 80.

Punto de control: lonxa do Vicedo.

Punto de venda: lonxas do Vicedo, Cedeira, San Cibrao e Cariño.

Épocas probables de extracción: de marzo, abril, de xuño a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores do Barqueiro-Bares.

Zona de traballo: desde punta Villardeira á punta da Barra.

Días máximos de extracción: 155.

Punto de control: peirao do Barqueiro.

Punto de venda: lonxas do Barqueiro, Cedeira, San Cibrao, O Vicedo e Cariño.

Épocas probables de extracción: xaneiro, e de marzo a decembro.

-Confraría de pescadores de Espasante.

Zona de traballo: da Insua (enseada de Ladrido) á punta Villardeira.

Días máximos de extracción: 167.

Puntos de control: peirao de Espasante.

Punto de venda: lonxas de Cariño, Cedeira e S. Cibrao.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril e de xuño a decembro.

-Confraría de pescadores de Cariño.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría. Desde pedra Barcelona ata a marxe esquerda da desembocadura do río Mera.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: peirao de Cariño-rampla, local de clasificación de calidades e lancha de vixilancia.

Punto de venda: lonxa de Cariño.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Cedeira.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría. Desde o faro de punta Frouxeira ata Pedra Barcelona.

Días máximos de extracción: 165.

Puntos de control: lonxa de Cedeira e zonas de produción.

Punto de venda: lonxa de Cedeira.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Confraría de pescadores de Ferrol.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría. (De punta Faísca a faro de punta Frouxeira).

Días máximos de extracción: 152.

Punto de control: lonxa de Ferrol.

Punto de venda: lonxa da Gándara e lonxa de Ferrol.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Confraría de pescadores da Coruña-Mera-Ares -Lorbé.

Zona de traballo: ámbito territorial das confrarías de pescadores da Coruña, Mera, Lorbé e Ares.

Días máximos de extracción: 144.

Punto de control: porto de Portiño, San Amaro, Mera e Ares.

Punto de venda: lonxas da Coruña, Cedeira, Ferrol, Caión e Malpica.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Confraría de pescadores de Caión.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría. (De punta Alba a Pedra do Sal).

Días máximos de extracción: 160.

Punto de control: lonxa de Caión.

Punto de venda: lonxa de Caión e outras lonxas autorizadas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Confraría de pescadores de Malpica.

Zona de traballo: desde Pedra do Sal a punta Nariga, incluíndo as illas Sisargas, baixos de Baldaio e demais illas e illotes fronte á costa en tres millas.

Días máximos de extracción: 160.

Punto de control: lancha de vixilancia "illas Sisargas" e lonxa de Malpica.

Punto de venda: lonxa de Malpica.

Épocas probables de extracción: xaneiro a 18 de maio, e de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Corme.

Zona de traballo: de punta Nariga á desembocadura do río Anllóns.

Días máximos de extracción: 144.

Puntos de control:

A pé: O Roncudo: no merendeiro. Gabriela: aldea do Roncudo e merendeiro. Percebellosa: aldea do Roncudo e parque eólico. Rosas: praia da Barda, Santa Mariña e punta Nariga.

Desde embarcación: porto de Corme, lancha de vixilancia.

Punto de venda: lonxa de Corme.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Confraría de pescadores de Laxe.

Zona de traballo: zona A: punta Padrón á praia de Laxe. Zona B: praia de Laxe-Morelo, Pedras Cercadas de Laxe.

Días máximos de extracción: 90.

Puntos de control: zona cemiterio, punta Cabo da Area, rampla de Balieira, lonxa de Laxe e lancha de vixilancia da confraría.

Punto de venda: lonxa de Laxe.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril; de xullo a setembro, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Camelle.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría, desde punta Morelo a punta Gallada.

Días máximos de extracción: 170.

Puntos de control: porto de Ríos, porto da Lagoa e porto de Camelle.

Punto de venda: lonxa da Coruña.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Confraría de pescadores de Camariñas.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría. (Punta Villueira a punta Gallada).

Días máximos de extracción: 160.

Puntos de control: punta Arnela.

Punto de venda: lonxa de Camariñas e do Muro da Coruña.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Confraría de pescadores de Muxía.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría, incluídas illas e illotes.

Días máximos de extracción: 150.

Punto de control:

Desde embarcación: praia de Moreira e rampla do peirao de Muxía.

A pé: saída da pista de Moreira, Campo de Carlos, Campo de Boubirón e A Barca.

Punto de venda: lonxa de Muxía e lonxas autorizadas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Confraría de pescadores de Fisterra.

Zona de traballo: liña de costa desde punta Nemiña ata o cabo Fisterra, illas Lobeiras e Carrumeiros, Centolo e illotes próximos ao cabo.

Días máximos de extracción: 160.

Puntos de control:

A pé: Cabo Fisterra, alto da Nave, praia de Arnela.

Desde embarcación: embarcación de vixilancia e peirao de Fisterra.

Punto de venda: lonxa de Fisterra e lonxas autorizadas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Confraría de pescadores do Pindo.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría. (Desde a desembocadura do río Xallas (O Ézaro) ata a desembocadura do río Larada e illotes Pituiño, Turcos, Salitres, Pedras de Meda, Pescos, punta Negros, Petón Cagado, Lapia e Petón Fero.

Días máximos de extracción: 40.

Puntos de control: peirao do Pindo, O Portiño de Quilmas, Insuela e punta Caldebarcos.

Puntos de venda: lonxas de Lira e outras autorizadas.

Época probable de extracción: de marzo a decembro.

-Confraría de pescadores de Lira.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría. (De punta Insua a punta Larada) e illotes de Miñarzos, Forcados, Seixo, Liboreiro, illa Corbeiro, punta Insua, Corniños, Coca, Petón de Cabalar, Pedras Pas e Pedra de Ardeleiro.

Días máximos de extracción: 35 a pé e 72 de embarcación.

Puntos de control:

A pé e desde embarcación: nas zonas e peirao e lonxa de Lira.

Puntos de venda: lonxa de Lira.

Épocas probables de extracción:

A pé: marzo, abril, xullo, agosto, setembro e decembro.

Desde embarcación: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Muros.

Zona de traballo: de punta Insua a punta Uía.

Días máximos de extracción: 40.

Puntos de control: O Ancoradoiro, peirao de Muros e faro do Monte Louro.

Puntos de venda: lonxa de Muros e Esteiro.

Épocas probables de extracción: de marzo a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores do Porto do Son.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría (do río Sieira a punta Cabeiro), illa Filgueira, illotes Leixoes, illotes Bruios e Pedra do Con.

Días máximos de extracción: 147.

Punto de control: Furna de Laxe, punta Castro, punta Sagrada, peirao do Porto do Son.

Punto de venda: lonxa do Porto do Son e lonxa de Ribeira.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Confraría de pescadores de Carreira-Aguiño.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría e illas Basoñas, Sagres, Sálvora, Vionta e illotes que a rodean.

Días máximos de extracción: 226.

Puntos de control: punta Couso, Espiñeirido, faro de Corrubedo e porto de Aguiño.

Punto de venda: lonxa de Aguiño.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Confraría de pescadores de Ribeira.

Zona de traballo: ámbito da confraría e Laxas e Pías de Castiñeiras, Airós, Rúa, Carabancelo, Xidoiro Pedregoso, Corbeiros e Lobeiras.

Días máximos de extracción: 48.

Puntos de control: peirao e lonxa de Ribeira.

Punto de venda: lonxa de Ribeira.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: de punta Cantodorxo a punta Faxilda.

Días máximos de extracción: 100.

Punto de control e venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Confraría de pescadores de Bueu.

Zona de traballo: de punta Lapamán a punta Morcegos.

Días máximos de extracción: 125.

Punto de control:

Área I: Cova da Vella ou leste do Centolo.

Área II: enseada de Fedorentos ou punta Freitoxa.

Área III: praias Norte ou Sur de Onza.

Área IV a: peirao de Ons.

Área IV b: xunto á igrexa, ao abrigo do Estripeiral, ao abrigo de Liñeiros ou no peirao.

Punto de venda: lonxa de Bueu.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Confraría de pescadores de Cangas.

Zona de traballo: de punta Subrido a punta Couso. Illote Osas. De punta Monolito ata a enseada das Herbas na costa oeste da illa norte das Cíes. Enseada das Herbas ata o peirao de Carracido no illote norte das Cíes máis toda a illa sur das Cíes e o Illote Boeiro.

Días máximos de extracción: 160.

Puntos de control: zona de traballo:

Punto de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Confraría de pescadores de Baiona.

Zona de traballo: entre punta Orelludas e monte Ferro (punta Lameda) incluíndo as illas Estelas, Farallóns e Lourido.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control:

A pé: zona 1: porrido; zona 2: porto Castro; zona 3: pedra Rubia.

Desde embarcación: embarcación da confraría e lonxa.

Punto de venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro, con rotación das zonas de traballo.

-Confraría de pescadores da Guarda (desde embarcación).

Zona de traballo: de punta Orelludas a punta dos Picos.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: peirao do porto da Guarda e peirao de Santa Mª de Oia.

Punto de venda: lonxa da Guarda.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

-Confraría de pescadores da Guarda (a pé).

Zona de traballo: de punta Orelludas a punta dos Picos.

Días máximos de extracción: 140.

Puntos de control: zona A: Tío Rincho, zona B: río Covo e zona C: horizonte e lonxa da Guarda.

Puntos de venda: lonxa da Guarda.

Época probable de extracción: de xaneiro a decembro.

Artigo 6º.-Outros crustáceos.

1. De acordo co establecido no artigo 14 o Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, os períodos autorizados no 2007 para a captura doutras especies de crustáceos establécense como segue:

Nécora (Necora puber): do 2 ao 5 de xaneiro e do 23 de xullo ao 28 de decembro.

Lumbrigante (Homarus gammarus): do 2 de xullo ao 31 de agosto.

Santiaguiño (Scyllarus arctus): do 1 de outubro ao 28 de decembro.

Lagosta (Palinurus elephas): do 2 de xullo ao 31 de agosto.

Cangrexo (Carcinus maenas): todo o ano.

Conguito (Macropipus corrugatus) e patulate (Macropipus depurador): do 2 de xaneiro ao 30 de marzo e do 2 de xullo ao 28 de decembro.

Centola (Maia squinado) e boi (Cancer pagurus): 2 de xaneiro ao 29 de xuño, e do 23 de novembro ata o 28 de decembro. Nas zonas sinaladas no anexo I soamente se poderá extraer desde o 1de febreiro ata o 29 de xuño.

Artigo 7º.-Equinodermos.

De conformidade co establecido no Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os plans de explotación de equinodermos que a seguir se relacionan, e que se desenvolverán de conformidade coas instruccións que se diten, de seren necesarias.

-Confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: de punta Promontorio ás Carrallas.

Días máximos de extracción: 30.

Puntos de control: lonxa de Ribadeo.

Punto de venda: lonxas autorizadas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a marzo.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Agrupación de Mariscadores de S. Cosme-Foz.

Zona de traballo: de punta Nois a punta Promontorio (bancos de Nois, Fazouro, Marzán e punta Promontorio).

Días máximos de extracción: 22.

Punto de control: peirao de Nois.

Punto de venda: lonxas de Burela e Ribadeo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Confraría de pescadores de Burela.

Zona de traballo: punta Areoura a punta Nois.

Días máximos de extracción: 70.

Punto de control: zona de extracción.

Punto de venda: lonxa de Burela.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Confraría de pescadores de San Cibrao.

Zona de traballo: da ermida de San Tirso a punta Rueta, enseada das Salseiras, praia de Lieiro e Anxuela.

Días máximos de extracción: 60.

Punto de control: lonxa de San Cibrao.

Puntos de venda: lonxas autorizadas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Confraría de pescadores de Celeiro.

Zona de traballo: de punta Saíñas a praia de Esteiro; de punta Faro a praia de Area; de punta Socastro a illote de Insua.

Días máximos de extracción: 21.

Puntos de control: lonxa de Celeiro e saída da praia.

Puntos de venda: lonxas de Celeiro, Burela, Ribadeo e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Confraría de pescadores do Vicedo.

Zona de traballo: desde río Sor ata río Escourido.

Días máximos de extracción: 60.

Puntos de control e venda: lonxas do Vicedo e Burela.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril.

Arte ou técnica de extracción: mergullo con subministración de aire desde a superficie.

-Plan conxunto das confrarías de Cedeira, Cariño, Espasante, O Barqueiro e Bares.

Zona de traballo: de faro de punta Frouxeira a punta Castro Vilela.

Días máximos de extracción: 103.

Puntos de control: zona de produción e peiraos de Cedeira, Cariño, Espasante e O Barqueiro.

Puntos de venda: lonxas autorizadas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril e decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo con subministración de aire desde a superficie.

-Confraría de pescadores de Espasante.

Zona de traballo: desde Ladrido ata punta Villardeira.

Días máximos de extracción: 30.

Puntos de control: porto de Espasante e lonxa de Ortigueira.

Puntos de venda: lonxa de Ortigueira.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril e segunda quincena de decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Confraría de pescadores de Ferrol.

Zona de traballo: da ponte da Faísca ata o faro de punta Frouxeira.

Días máximos de extracción: 140.

Puntos de control e venda: lonxa do porto de Ferrol.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril e de outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: con subministración de aire desde a superficie.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores da Coruña, Ares, Barallobre.

Zona de traballo: de punta Langosteira a punta Segaño.

Días máximos de extracción: 80.

Punto de control: lonxas da Coruña, Barallobre, Lorbé e porto de Ares.

Punto de venda: lonxas autorizadas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril.

Arte ou técnica de extracción: con subministración de aire desde a superficie.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Corme, Laxe, Camelle, Camariñas, Muxía e Malpica.

Zona de traballo: de Cabo Touriñán a punta Langosteira, coas seguintes zonas: A-Muxía; B-Camariñas; C-Camelle; D-Laxe; E-Corme, F-Malpica e Caión (zona VI).

Días máximos de extracción: 90.

Punto de control: porto de Muxía e rampla de Touriñán, porto de Camariñas, porto de Camelle a canle de ríos, porto de Laxe e rampla de Balieira, porto de Corme, A Barda e Santa Mariña de Brantuas, porto de Barizo, porto de Malpica e porto de Caión.

Puntos de venda: lonxas de Muxía, Camariñas, Laxe, Corme, Malpica e Caión, segundo a zona de traballo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea e con subministración de aire desde a superficie.

-Confraría de pescadores de Lira.

Zona de traballo: liña de costa comprendida entre punta Insua e punta Larada.

Días máximos de extracción: 40.

Puntos de control: Cons, Portocubelo, Carreiros, Poralto, Portabalea, porto da Barca, Arca, Ardeleiro e Susiños.

Puntos de venda: lonxa de Lira.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril e de outubro a decembro

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Fisterra-Lira e Corcubión.

Zona de traballo: zona V.

Días máximos de extracción: 70.

Punto de control: peiraos e lonxas de Lira e Fisterra e peirao e lonxa de Corcubión e peirao do Pindo.

Punto de venda: lonxas de Fisterra, Lira e Corcubión, e outras autorizadas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea e con subministración de aire desde a superficie.

-Confraría de pescadores de Muros.

Zona de traballo: entre punta Uía e punta Insua.

Días máximos de extracción: 32.

Puntos de control: O Ancoradoiro, Monte Louro, Tal e lonxa de Muros.

Puntos de venda: lonxas de Muros e Esteiro.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril e de outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Porto do Son, Portosín e Muros.

Zona de traballo: zona 1.-De punta Cabeiro ata punta río Sieira. zona 2.-de punta Insua a punta Uía.

Días máximos de extracción: 60.

Punto de control: O Ancoradoiro, peirao de Muros, peirao do Porto do Son.

Punto de venda: lonxas de Muros e Porto do Son.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: con subministración de aire desde a superficie e en apnea.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Ribeira e Carreira-Aguiño.

Zona de traballo: zona I.-Laxas e Pías de Castiñeiras, Airós, Illa de Rúa, Xidoiros Areosos e Xidoiro Pedregoso, sinal de Maño, Lobeiras e Corbeiro. zona II-Desde Con de Vieiras ata Pedras do río, incluíndo a Illa de Sálvora e illotes adxacentes, as Forcadiñas, Sagres e Pragueiros, deixando a salvo as autorizacións marisqueiras da confraría da illa de Arousa. zona III-Desde o peirao de Corrubedo ata río Sieira, incluíndo as Basoñas.

Días máximos de extracción: 60.

Punto de control: na Zona de traballo: peirao de Aguiño, peirao de Ribeira.

Punto de venda: lonxas de Aguiño e Ribeira.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea-con subministración de aire desde a superficie e bicheiro con mirafondos.

-Confraría de pescadores da Illa de Arousa.

Zona de traballo: de punta Salinas a punta Quilme, Areoso, Camallón, punta Testos, punta Niño do Corvo, Área Secada e punta Cabalo.

Días máximos de extracción: 60.

Puntos de control: Arnela, Areoso, Roncadeiras e lonxa da Illa de Arousa.

Puntos de venda:lonxa da Illa de Arousa.

Épocas probables de extracción: de outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: desde punta San Vicente a punta Faxilda (agás A Lanzada).

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control e venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril, novembro e decembro.

Arte ou técnica de extracción: con subministración de aire desde a superficie.

-Confrarías de pescadores de Bueu, Portonovo e Sanxenxo.

Zona de traballo: de punta Faxilda a punta Centolo; e de punta Galera a punta Couso; de punta Couso a punta Morcegos.

Días máximos de extracción: 60.

Punto de control: lonxas de descarga do produto.

Punto de venda: lonxas de Bueu, Sanxenxo e Portonovo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: con subministración de aire desde a superficie.

-Confraría de pescadores de Cangas.

Zona de traballo: entre punta Canaval e punta Couso. illa Cíes e Boeiro.

Días máximos de extracción: 125.

Punto de control: zona de extracción.

Punto de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: con subministración de aire desde a superficie e mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Vigo.

Zona de traballo: de Cabo de Mar á praia de Abra.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: zona de traballo: e lonxa de Canido.

Punto de venda: lonxa de Canido.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril e decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea ou con subministración de aire desde a superficie.

-Confraría de pescadores de Baiona.

Zona de traballo: de punta Orelluda a praia de Abra, incluíndo as illas Estelas.

Días máximos de extracción: 30 a pé, 120 a mergullo.

Punto de control: zonas de produción e lonxa de Baiona.

Punto de venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé e con subministración de aire desde a superficie.

-Confraría de pescadores da Guarda.

Zona de traballo: de punta Orelluda a punta dos Picos.

Días máximos de extracción: 45.

Puntos de control: subida a Pedornes, peirao porto Santa María de Oia, Ribel e Tío Rincho.

Punto de venda: lonxa da Guarda.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Confraría de pescadores da Guarda.

Zona de traballo: de punta Orelluda a punta dos Picos.

Días máximos de extracción: 90.

Puntos de control: peirao da Guarda.

Punto de venda: lonxa da Guarda.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo con subministración de aire desde a superficie.

Artigo 8º.-navalla e longueirón.

Segundo o establecido no Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os plans de explotación de navalla e longueirón que a seguir se relacionan, e que se desenvolverán conforme as instrucións que posteriormente se diten de seren necesarias.

-Plan de longueirón vello da Confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: ría de Ribadeo (Taro dos Chonos, Taro das Aceñas e Tesón).

Días máximos de extracción: 10.

Punto de control: lonxa de Ribadeo.

Punto de venda: lonxas autorizadas de Galicia.

Épocas probables de extracción: de setembro a novembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de longueirón vello da Agrupación de Mariscadores de S. Cosme (Foz).

Zona de traballo: ría de Foz (bancos de Fondás, Fontorto e O Taro).

Días máximos de extracción: 14.

Punto de control: saída de Fondás e saída de Esteiro.

Punto de venda: lonxa de Burela.

Épocas probables de extracción: marzo, abril, setembro e outubro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de longueirón vello da Confraría de pescadores de Espasante.

Zona de traballo: autorizacións administrativas de Mexilloal de Arriba, Mexilloal de Abaixo, Raias e Cano de Cabalar.

Días máximos de extracción: 25.

Punto de control: Cano de Cabalar.

Punto de venda: lonxa de Ortigueira.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a marzo, agosto e decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de longueirón vello da Confraría de pescadores de Miño.

Zona de traballo: ámbito da confraría.

Días máximos de extracción: 50.

Punto de control: O Pedrido e peirao de Miño.

Punto de venda: O Pedrido.

Épocas probables de extracción: de marzo a agosto.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan conxunto de navalla, longueirón e longueirón vello das confrarías de pescadores de Laxe e Corme.

Zona de traballo: banco praia de Laxe.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: ramplas das lonxas de Laxe e de Corme.

Puntos de venda: lonxas de Laxe e Corme.

Época probable de extracción: maio a setembro e decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da Confraría de pescadores de Camariñas.

Zona de traballo: zona de autorizacións: de punta Lago a punta Roda e enseada da Vasa.

Días máximos de extracción: 60.

Puntos de control: punta Roda e punta Fraga do Medio.

Punto de venda: lonxa de Camariñas e lonxas autorizadas

Épocas probables de extracción: de xaneiro a setembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan conxunto de navalla e longueirón das confrarías de Camariñas e Muxía.

Zona de traballo: de punta Sandía a punta Lago, agás a praia de Lago. Enseada de Merexo: praia de Área Maior, praia de Loureiro de punta Lago a punta Chorente e praia da Cruz.

Días máximos de extracción: 90.

Puntos de control: lonxas de Camariñas e de Muxía.

Punto de venda: lonxas de Camariñas e de Muxía e outras autorizadas

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a outubro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de longueirón da confraría de pescadores de Fisterra.

Zona de traballo: praias de Langosteira e Sardiñeiro.

Días máximos de extracción: 90

Puntos de control: lonxa de Fisterra, praia de Langosteria e praia de Sardiñeiro.

Puntos de venda: lonxa de Fisterra ou outros puntos autorizados.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de navalla e longueirón da Confraría de pescadores de Corcubión.

Zona de traballo: praias de Estorde e O Ézaro.

Días máximos de extracción: 25.

Puntos de control: praias de Estorde, O Ézaro e peirao de Corcubión.

Punto de venda: peirao de Corcubión.

Épocas probables de extracción: de marzo a outubro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan conxunto das confrarías de Fisterra, Lira e Corcubión.

Zona de traballo: praias da zona V: Langosteira, Talón, Sardiñeiro, Estorde, praias de Mariña, Castelo, Quenxe, Fornelos, Brens, praia de Gures e O Ézaro, praia do Pindo, praia de Caldebarcos e Carnota

Días máximos de extracción: 190.

Puntos de control: lonxas de Fisterra, Lira e Corcubión e embarcación de vixilancia.

Puntos de venda: lonxas de Fisterra, Lira e Corcubión e outras autorizadas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de longueirón da confraría de pescadores de Muros.

Zona de traballo: praia de Abelleira.

Días máximos de extracción: 12.

Puntos de control: Bornalle (Abelleira).

Puntos de venda: lonxas de Muros e Esteiro.

Épocas probables de extracción: maio, xuño, xullo e agosto.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan conxunto de navalla e longueirón da zona IV.

Confrarías: Portosín, Porto do Son, Muros e Noia.

Zona de traballo: de punta Batuda a punta do Pozo. De punta do Pozo a punta Corbeiro. De punta Corbeiro a punta Magrio. De punta Esteiro a punta Uía. De punta Esteiro a punta Queixal e desde punta Uía a punta Cotorín.

Días máximos de extracción: 66.

Puntos de control: peiraos de Porto do Son, Portosín, Noia e Muros.

Puntos de venda: lonxas de Porto do Son, Portosín, Noia e Muros.

Épocas probables de extracción: de maio a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da Confraría de pescadores de Carreira-Aguiño.

Zona de traballo: autorizacións administrativas.

Días máximos de extracción: 103.

Puntos de control: zonas de traballo e porto de Aguiño.

Punto de venda: lonxa de Aguiño.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan conxunto de navalla e longueirón das confrarías de Ribeira e Carreira-Aguiño.-Zona III.

Zona de traballo: praia de Ladeira (Corrubedo) e zonas de libre marisqueo contiguas ás autorizacións das confrarías de Ribeira e Carreira-Aguiño.

Días máximos de extracción: 20 na praia de Ladeira; 43 nas outras zonas.

Puntos de control: praia de Ladeira e lonxas de Aguiño e Ribeira.

Puntos de venda: lonxas de Aguiño e Ribeira.

Épocas probables de extracción: xuño e xullo na praia da Ladeira; de abril a agosto nas restantes zonas.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla da Confraría de pescadores de Ribeira.

Zona de traballo: autorizacións administrativas. Coroso-río Grande; Egoás-Touro e Castiñeiras.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: Coroso, Touro e lonxa de Ribeira.

Punto de venda: lonxa de Ribeira.

Épocas probables de extracción: de marzo a outubro e decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla da Confraría de pescadores de Palmeira.

Zona de traballo: punta Aguiúncho; Illote de Grades e punta da Corna (submareal).

Días máximos de extracción: 90.

Punto de control: peirao de Ribeira.

Punto de venda: lonxa de Ribeira.

Épocas probables de extracción: febreiro a novembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de longueirón da confraría de pescadores de Palmeira.

Zona de traballo: punta Aguiúncho, illote de Grades e punta da Corna.

Días máximos de extracción: 40.

Punto de control: zona de produción.

Punto de venda: lonxas de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

Épocas probables de extracción: de febreiro a maio.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de navalla e longueirón da Confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal.

Zona de traballo: Cabío (punta Galduario a punta Cornas), Raposiños, Ribeiriña-Mercé.

Días máximos de extracción: 125.

Puntos de control: lanchas de vixilancia e lonxa da Pobra do Caramiñal.

Punto de venda: lonxas da Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Épocas probables de extracción: de marzo a novembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de longueirón vello da Confraría de pescadores de Cabo de Cruz.

Zona de traballo: praia Barraña, Carregueiros, A Retorta, Mañóns.

Días maximos de extracción: 20.

Punto de control: praia de Barraña, Carregueiros, A Retorta e Mañóns.

Punto de venda: lonxa de Cabo de Cruz.

Épocas probables de extracción: abril e maio.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de longueirón vello da Confraría de pescadores de Rianxo.

Zona de traballo: praia de Lodeira, praia do Porrón, praia de Tanxil a punta Fincheira, do peirao de Rianxo a Lóngaras, Rinlo, praia da Torre a punta Iñobre, de punta Iñobre a punta Neixón, de punta Neixón a Area Basta, Agüeiros ao Bodión e do Bodión a punta Portomouro.

Días máximos de extracción: 25.

Puntos de control: na praia onde se traballe.

Punto de venda: lonxa de Rianxo.

Épocas probables de extracción: de maio a setembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de navalla, longueirón e longueirón vello da Confraría de pescadores da Illa de Arousa.

Zona de traballo: zonas de autorización: de Sepeiras de Terra ata punta Quilme, Areoso, Camallón, Roncadeiras, punta Testos, punta Niña do Corvo, Área Secada e punta Cabalo.

Días máximos de extracción: 172.

Puntos de control: Concerrado, Arnela, Roncadeiras, Areoso e lonxa da Illa de Arousa.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Épocas probables de extracción: marzo, de maio a novembro, cunha veda en abril.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla, longueirón e longueirón vello da Confraría de pescadores de Cambados.

Zona de traballo: entre punta Tragove e rego do Alcalde, co Saco de Fefiñáns. Entre ponte Castrelo e punta Barrelo. Entre o peirao de Cambados e a desembocadura do río Umia.

Días máximos de extracción: 50.

Puntos de control: galpón da rúa de San Tomé e na lonxa de Tragove.

Punto de venda: lonxa de Tragove.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de navalla da Confraría de pescadores de Cambados.

Zona de traballo: desde Lañeiras de Fóra á baliza de Ourido e Galiñeiro.

Días máximos de extracción: 61.

Puntos de control: lancha da confraría e lonxa de Tragove.

Punto de venda: lonxa de Tragove.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a a decembro, cunha veda dun mes entre marzo e xuño.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla, longueirón e longueirón vello da Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: enseada da Lanzada, praia de Mexilloeira, praia Area das Pipas e praia Area de Reboredo.

Días máximos de extracción: 120.

Punto de control e venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: de maio a outubro.

Arte ou técnica: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: praia de Sambastián, praia de Piscina, Rego entre os lombos do Hotel e zona praia de Louxo, e fondos da Vía Norte.

Días máximos de extracción: 28.

Punto de control e venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: de maio a outubro.

Arte ou técnica: a pé.

-Plan conxunto de navalla, longueirón e longueirón vello das Confrarías de pescadores de Bueu, Lourizán, Marín, Pontevedra, Portonovo, Raxó e Sanxenxo.

Zona de traballo: desde punta Faxilda a punta Morcegos, illas Ons e Onza.

Días máximos de extracción: 200.

Punto de control: zona de traballo:

Punto de venda: lonxa Bueu, Campelo, Marín e Portonovo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro, coas seguintes vedas: navalla: 12 de xaneiro a 12 de marzo, e do longueirón os meses de maio e xuño.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da Confraría de pescadores de Aldán.

Zona de traballo: de punta Alada a punta Morcegos.

Días máximos de extracción: 180.

Puntos de control: na lonxa da confraría e lancha de vixilancia.

Punto de venda: lonxa de Aldán.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro cunha veda para a navalla do 13 de xaneiro ao 18 de maio e para o longueirón do 15 de abril ao 15 de xuño.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da Confraría de pescadores de Cangas.

Zona de traballo: praias de Rodeira, Liméns, Nerga e Barra, praia de Melide. Illas Cíes: Rodas, Viños, Carracido e a praia de San Martiño.

Días máximos de extracción: 200.

Puntos de control: na zona de produción cunha embarcación específica Navalleira.

Punto de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: xaneiro, de marzo a decembro. Cunha veda de dous meses consecutivos para a navalla de febreiro a abril e para o longueirón de dous meses consecutivos na primavera.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da Confraría de pescadores de Vigo.

Zona de traballo: de puntal da Serra á ponte de Rande.

Días máximos de extracción: 180.

Puntos de control: zona de traballo: e lonxa de Canido e Vigo.

Punto de venda: lonxa de Canido e Vigo.

Épocas probables de extracción: xaneiro, e de abril a decembro, cunha veda en abril e maio para longueirón.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla, longueirón e longueirón vello da Asociación de Confrarías da Ría de Vigo.

Zona de traballo: cabo Estai, Toubiña, Toralla, Canido, Bouzas, Rochas, Área Longa, A Portela, Cesantes, A punta do Cabo, Estralo, O Cunchido, Larache, Aradoiro, Maceira, Carballal, Covas, Cabalo, Deilán, río Maior, río do Porco, Malvinas, puntal-río Medio, Coelleira, Area Nova, Regatos, Cabanas, As Bancas, Calera, Domaio, Borna, Meira, A A Xunqueira, O Con, Tirán, illa dos Ratos.

Días máximos de extracción: 130.

Puntos de control: peirao de Canido, Domaio, A Xunqueira (a beira do actual campo de fútbol e ao lado da Casa do Mar), Tirán, illa dos Ratos, Borna, lonxa de Cesantes, punta do Cabo, A Portela, Area Longa, lonxa de Santa Cristina, Santo Adrán, punta Calera, punta Cabalo, lonxa de Arcade e O Cunchido.

Puntos de venda: lonxas de Arcade, Canido, Moaña, Redondela e Vilaboa.

Época probable de extracción: de xaneiro a a decembro, cunha veda para a navalla de dous meses consecutivos entre xaneiro e marzo e outros dous mes para o longueirón entre abril e xullo.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de navalla da confraría de Moaña e Cíes Artesanais Sociedade Cooperativa Galega

Zona de traballo: Costal Domaio, A Borna, Arroás, O Cocho, Tirán e Rande (excluíndo a zona que vai desde Rande ata punta Aradoiro).

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control: zona de traballo:

Puntos de venda: lonxas de Meira e Vigo.

Época probable de extracción: de xaneiro a a decembro, cunha veda de 2 meses entre xaneiro e abril.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da Confraría de pescadores de Baiona.

Zona de traballo: desde cabo Anomedio ata puntal da Serra.

Días máximos de extracción: 40.

Puntos de control: lonxa de Baiona e embarcación da confraría.

Punto de venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: de maio a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

Artigo 9.-Peneira.

Segundo o disposto no artigo 16 do Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os plans de extracción presentados polas entidades que se relacionan a seguir:

-Confraría de pescadores da Illa de Arousa.

Zona de traballo: de punta Salinas a punta Quilme, Areoso, Camallón, punta Testos, punta Niño do Corvo, Area Secada e punta Cabalo.

Días máximos de extracción: 65.

Puntos de control: Areoso, Arnela, Roncadeiras e na lonxa da illa.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo e de outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan conxunto das confrarías de escadores de Marín, Pontevedra, Portonovo, Lourizán, Raxó, Sanxenxo e Bueu.

Zona de traballo: no norte da ría: de punta Faxilda a punta Aguillóns, Illa de Tambo (Con Corbeiro). No sur da ría: do faro sur da Illa de Tambo á esquina oeste da Escola Naval de Marín e ata punta Morcegos.

Días máximos de extracción: 60.

Puntos de control: zona de extracción.

Puntos de venda. Lonxas ou puntos de venda: autorizados.

Época probable de extracción: de xaneiro a marzo outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea e con subministración de aire desde a superficie.

-Confraría de pescadores de Aldán.

Zona de traballo: ría de Aldán, da liña fomada por punta Couso e punta Morcegos cara ao interior.

Días máximos de extracción: 60.

Puntos de control e venda: lonxa de Aldán.

Época probable de extracción: de xaneiro a marzo, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea e con subministración de aire desde superficie.

-Confraría de pescadores de Cangas.

Zona de traballo: zona intermareal rochosa entre punta Canaval e punta Couso.

Días máximos de extracción: 50.

Puntos de control: Subrido e porto de Cangas.

Puntos de venda: lonxa de Cangas.

Época probable de extracción: de maio a outubro, cunha veda reprodutiva en agosto e setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea e con subminintro de aire desde a superficie.

Artigo 10º.-Algas.

Segundo o disposto no artigo 16 do Decreto 423/1993 modificado polo Decreto 237/2002 do 11 de xullo, apróbanse os plans de extracción presentados polas entidades, que se relacionan a seguir:

-Confraría de pescadores da Coruña.

Zona de traballo: zona VII.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: Portiño, Suevos, Lorbé, Mera, Ares e peirao da Coruña.

Época probable de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Camariñas.

Zona de traballo: punta Roda a punta Villueira e de punta Villueira a punta Gallada.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control e venda: confraría de Camariñas.

Época probable de extracción: de xaneiro a a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé e con mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Camelle.

Zona de traballo: punta Morelo a punta Gallada.

Días máximos de extracción: 145.

Puntos de control: peirao de Camelle.

Puntos de venda: lonxas autorizadas.

Época probable de extracción: de abril a outubro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Lira.

Zona de traballo: de punta Insua a punta Larada.

Días máximos de extracción: 40.

Puntos de control e venda: lonxa da confraría

Épocas probables de extracción: abril a xullo.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Confraría de pescadores de Corcubión.

Zona de traballo: desde a desembocadura do río Xallas ata punta Arnela.

Días máximos de extracción: 40.

Puntos de control: peirao de Corcubión.

Puntos de venda: lonxa de Corcubión e outras autorizadas.

Épocas probables de extracción: abril a outubro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Confraría de pescadores de Muros.

Zona de traballo: de punta Uía a punta Insua.

Días máximos de extracción: 8.

Puntos de control: zona de traballo: e peiraos de Muros e Esteiro.

Puntos de venda: lonxas de Muros e Esteiro.

Época probable de extracción: marzo a xuño.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Confraría de pescadores de Ribeira.

Zona de traballo: zonas de autorización, as restantes zonas resolverase nas resolucións de apertura.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: zona de traballo: e peirao de Ribeira.

Puntos de venda: lonxa de Ribeira.

Época probable de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: peirao do Grove ata punta Faxilda.

Días máximos de extracción: 156.

Puntos de control: lonxa do Grove e zona de extracción.

Punto de venda: lonxa do Grove.

Época probable de extracción: marzo a outubro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Confraría de pescadores de Portonovo, Raxó, Pontevedra, Bueu, Marín e Lourizán.

Zona de traballo: de punta Faxilda a punta Centolo. De punta Galera a punta Couso. Cara ao oeste das illas Ons e Onza, e de punta Couso a punta Preguntoiro.

Días máximos de extracción: 148.

Puntos de control: lonxa das confrarías.

Puntos de venda: lonxas autorizadas.

Época probable de extracción: de marzo a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Aldán.

Zona de traballo: punta Couso a punta Preguntoiro cara ao interior da ría de Aldán.

Días máximos de extracción: 103.

Puntos de control: edificio da lonxa.

Punto de venda: lonxa da confraría.

Época probable de extracción: de xaneiro a maio.

Arte ou técnica de extracción: con mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Cangas.

Zona de traballo: de praia Canaval a punta Couso e illas Cíes.

Días máximos de extracción: 145.

Puntos de control: faro Borneira, Pedra Cantareira, praia de S. Martiño e rampla de descarga do peirao de Cangas e lonxa de Cangas.

Puntos de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a xullo.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores da Guarda.

Zona de traballo: de punta Orelludas ata punta dos Picos.

Días máximos de extracción: 32.

Puntos de control: lonxa da Guarda, Tio Rincho e río Covo.

Puntos de venda: lonxa da confraría da Guarda.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Algamar, C.B.

Zona de traballo: Muros e perímetro da Illa de Arousa.

Días máximos de extracción: 50.

Puntos de control: zona de traballo:

Época probable de extracción: de xaneiro a xullo.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Empresa Conservas porto Muíños.

Zona de traballo: toda a costa de Galicia.

Días máximos de extracción: 180.

Época probable de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Empresa Conservas e Ahumados Lou, S.L.

Zona de traballo: Ribeira e Porto do Son.

Días máximos de extracción: 36.

Época probable de extracción: de maio a agosto.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Empresa Ceamsa.

Zona de traballo:

Lugo: Viveiro, Cervo, Foz, Burela, Cedeira, Celeiro, Ribadeo, Espasante e Cariño.

A Coruña: Ribeira, Aguiño, Porto do Son, Lira, porto Quilmas, O Pindo, Touriñana, Muxía, Laxe, Ponte do porto, Camariñas, Camelle, Arou, Barizo, Malpica, Corme, Ferrol, Cariño e Ortigueira.

Pontevedra: A Guarda, Mougás, Baredo, Canido, Cangas, Beluso, Noalla, O Grove .

Días máximos de extracción: 96.

Época probable de extracción: marzo a outubro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

De acordo co establecido no artigo 4 do decreto citado deberá solicitarse ante o delegado territorial cunha anticipación mínima de 15 días autorización para desenvolver a actividade extractiva.

Disposicions adicionais

Primeira.-Presentación solicitude de plan para o ano 2008.

1. As solicitudes dirixiranse á conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos segundo o modelo que figura no anexo II desta orde. Presentarase no rexistro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos ou no de calquera das súas delegacións territoriais e comarcais, e en calquera dos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de 1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro de 1999.

A solicitude virá acompañada do plan de explotación orixinal, catro copias, mais unha copia en soporte informático. No caso de que o plan se desenvolva no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas ou zona de protección ambiental engadirase unha copia para informe da administración ambiental competente.

As solicitudes virán asinadas polo representante legal da entidade. Se a solicitude é para un plan conxunto, deberá ser asinado por todos os representantes ou constar o acordo de delegación expresa de nomeamento de representante.

2. As delegacións territoriais, como órganos responsables da tramitación da solicitude, comprobarán que reúnen todos os requisitos; en caso contrario poráselles de manifesto por escrito aos interesados, para que nun prazo de dez (10)días remitan cantos datos, documentos complementarios e aclaracións

se consideren necesarios para poder avaliar o plan. Se así non o fixeren, considerarase que desistiron da súa petición. A documentación requirida para a emenda da solicitude deberá ser presentada no rexistro da delegación territorial da Consellería de Pesca á que corresponda a tramitación, salvo que no escrito de requirimento se sinale outra cousa, A documentación presentada nun rexistro distinto poderá ser inadmitida, a menos que teña entrada naquel dentro do prazo inicial de 10 días conferido para a súa entrega.

3. Non se aplicará o disposto no parágrafo anterior ás solicitudes que non veñan acompañadas como mínimo dos aspectos sinalados no artigo 4 do Decreto 423/1993. (Anexo I do devandito decreto), que poderán ser inadmitidas.

Segunda.-As solicitudes a que se refiren os artigos 4 e 8 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, axustaranse aos modelos que figuran como anexos (III, IV e V) desta orde. «As aperturas mensuais estarán condicionadas a que os recursos extraídos cumpran estritamente a normativa vixente en materia de seguranza alimentaria».

Terceira.-Os rastros remolcados, definidos nos artigos 120 a 123 do regulamento da actividade pesqueira, das artes e aparellos permitidos en Galicia, aprobado polo Decreto 424/1993, do 17 de decembro, no seu capítulo X, só poderán capturar un 10% de especies acompañantes sempre e cando estas especies non estean sometidas a un plan específico aprobado pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Cuarta.-Segundo o disposto no artigo 2.1. do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, a extracción de marisco e a recolección de algas en augas da Comunidade Autónoma de Galicia só poderá ser exercida polas persoas e embarcacións que estean en posesión do preceptivo permiso de explotación, non sendo recoñecidas como válidas aquelas autorizacións emitidas polas propias entidades marisqueiras.

Quinta.-Con carácter xeral, autorízase a extracción de marisco nas vésperas de festivos durante todo o ano 2007, sempre e cando o estado dos recursos o permita.

Sexta.-A Dirección Xeral de Recursos Mariños poderá, por proposta do sector, aprobar o Plan de explotación para a centola (Maia squinado), con medidas de xestión de carácter experimental diferentes ás establecidas no artigo 6º desta orde.

Sétima.-Segundo a orde do 23 de abril de 1999, modificada pola do 13 de xuño de 2001, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se regula o exercicio do mergullo profesional, a apro

bación dos plans de explotación con arte ou modalidade o mergullo implica a autorización para realizar do mergullo nas zonas e período de vixencia daqueles, segundo as resolucións de apertura que sexan ditadas pola delegación territorial, sen prexuízo da correspondente aprobación para efectos de seguranza, outorgada pola capitanía marítima correspondente, de acordo co establecido na orde do 14 de outubro de 1997, do Ministerio de Fomento, que establece as normas de seguranza para o exercicio de actividades subacuáticas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Os plans de explotación presentados polas entidades marisqueiras que serviron de base para esta orde estarán dispoñibles nos servizos centrais, delegacións territoriais correspondentes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, así como na sede das entidades responsables destes.

Segunda.-Autorízase ao director xeral de Recursos Mariños para o desenvolvemento desta orde, que entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2007.

Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO I

-Ría do Barqueiro: dentro da liña imaxinaria trazada entre punta Cova Baixa e punta do Santo.

-Ría de Viveiro: zona interna da liña imaxinaria trazada entre punta do Cabalo a punta Morago.

-San Cibrao: dentro da liña imaxinaria formada pola punta crebaondas do dique norte da Alúmina e a punta oeste do illote da Anxuela.

-Burela: dentro da liña imaxinaria trazada entre punta de Cabo Burela a Faro Pedra e de Faro Pedra a punta Areoura.

-Nois: demora NE punta Nois a demora NE no extremo oeste da praia de Arealonga.

-Foz: entre as demoras N e NE de Portovello en fondos inferiores a sete brazas.

-Gahito: demora N punta Promontorio a N illa Moledo, en fondos inferiores a sete brazas.

-Rinlo: demora N punta Corbeira/N punta Leixón, en fondos inferiores a sete brazas.

-Ribadeo: demora N punta Piñeira/N illote Corva en fondos inferiores a sete brazas.

-Enseada de Santa Marta ou de Cariño: a zona comprendida entre punta Espasante e punta do Seixo.

-Cedeira: a zona comprendida entre punta Castrelo e punta de Sarridal.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA