A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandado, e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único.
1. Queda aprobado o prezo de venda ao público das publicacións editadas polo Servizo Galego de Saúde e que se relacionan no anexo.
2. Este prezo entenderase, de ser o caso, con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2006.
Mª José Rubio Vidal
Conselleira de Sanidade
ANEXO I
Alternativa. Programa de prevención dirigido a jóvenes con denuncias por consumo o tenencia de drogas en lugares públicos: 5 euros.
Alternativa. Programa de prevención dirigido a jóvenes con denuncias por consumo o tenencia de drogas en lugares públicos. Manual do profesor: 7 euros.
Alternativa. Programa de prevención dirigido a jóvenes con denuncias por consumo o tenencia de drogas en lugares públicos. Caderno do alumno: 6 euros.