DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2007 Páx. 614

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de xaneiro de 2007 pola que se concede a prórroga das cinco bolsas de colaboración en diversos proxectos de museísmo pedagóxico, que se están a desenvolver no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega).

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 14 de febreiro de 2006 (DOG nº 39, do 24 de febreiro), corrixida por outra de 10 de marzo (DOG nº 54, do 17 de marzo), apróbanse as bases que rexerán o concurso público de cinco bolsas de colaboración en diversos proxectos de museísmo pedagógico, que se están a desenvolver no Museo Pedagógico de Galicia (Mupega), e se anuncia a súa convocatoria.

Por Orde do 23 de xuño de 2006, DOG do 3 de xullo publicouse a relación de solicitantes que resultaron adxudicatarios das cinco bolsas convocadas.

A base terceira da mencionada orde di que a concesión das bolsas será ata o 31 de decembro de 2006, e que se poderá prorrogar anualmente ata un máximo total, incluídas as prórrogas, de tres anos á vista do traballo realizado polo/a bolseiro/a, sempre que o proxecto ao que estea vinculado requira do seu labor e así o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.

Tal e como consta no informe do coordinador científico, os proxectos aos que están vinculados os bolseiros requiren do seu labor, e ningún deles esgotou o período máximo previsto na convocatoria, incluindo esta.

Á vista da proposta formulada polo secretario xeral desta consellería

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder as prórrogas das cinco bolsas de colaboración en diversos proxectos de museísmo pedagóxico que se están a desenvolver no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), ás persoas que se relacionan nos anexos I, II e III, polo período que media entre a data 1 de xaneiro de 2007 a 31 de decembro de 2007.

Segundo.-A dotación de cada bolsa será a mesma que o ano 2006, polo que o resultado total das 5 bolsas a 900 euros/mes ascende a 54.000 euros.

Os custos do seguro de asistencia médica e de accidentes para todos os bolseiros ascenderán a 1.200 euros.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 14 de febreiro de 2006 suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Cuarto.-As subvencións faranse efectivas aos beneficiarios por mensualidades vencidas, logo de presentación dun informe do coordinador científico do Mupega.

Antes do último pagamento deberán presentar ademais declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos entes ou sociedades.

Quinto.-Contra a presente orde poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2007.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Nome e apelidos: Ana Belén Justo Rajo.

Tipo de bolsa: proxecto de inventario e catalogación de fondos mobles do Mupega.

Nome e apelidos: Ana Martínez Arenaz.

Tipo de bolsa: proxecto de inventario e catalogación de fondos mobles do Mupega.

ANEXO II

Nome e apelidos: Montserrat Gómez Fuentes.

Tipo de bolsa: proxecto de catalogación dos fondos bibliográficos e documentais do Mupega.

ANEXO III

Nome e apelidos: Luis Valle Regueiro.

Tipo de bolsa: proxecto de investigación e documentación histórico-educativa.

Nome e apelidos: Alicia Díaz Balado.

Tipo de bolsa: proxecto de investigación e documentación histórico-educativa.