DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2007 Páx. 613

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 28 de decembro de 2006 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións dos órganos superiores da Presidencia da Xunta de Galicia.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado no que operen, sen prexuízo de que excepcionalmente se poidan aplicar subvencións reguladoras, logo de emitido o informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, para seren publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato, e despois de emitir o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas polos órganos superiores da Presidencia da Xunta de Galicia que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2006.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza

ANEXO

-A Gaita Gallega: repinica muiñeiras, alboradas e fandangos, unha vez ó mes: A Habana (1885-1889): 9 A.

-A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire: 6 A.

-Alma gallega: (Órgano de la Sociedad Casa de Galicia): Montevideo 1919-1967: 16 A.

-Arazua: Boletín de la Asociación Protectora de la Cultura Gallega; Raza celta: Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo: 20 A.

-Cadernos de Fraseoloxía Galega 7: 9 A.

-Cadernos de Fraseoloxía Galega 8: 7,5 A.

-Cadernos Ramón Piñeiro: (cadernos galegos de pensamento e cultura), IX . Sobre o humor de Cervantes no Quixote: 6 A.

-Cadernos Ramón Piñeiro VIII. Diálogos na Néboa: Álvaro Cunqueiro e Ramón Piñeiro na xénese da literatura galega de posquerra: 5 A.

-Cholo e Nela polo medio: 3 A.

-Escritos sobre Federalismo e Galeguismo: 6,58 A.

-Galicia Nueva : semanario regional: 4 A.

-Galicia: Revista del Centro Gallego. Caracas (1958-1954): 17 A.

-La Unión Gallega. Montevideo (1881-1892) (CD): 3,22 A.

-Niveis de competencia en lingua galega: 3 A.

-O nome e símbolo dos elementos químicos: 6 A.

-Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega: 6 A.

-Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega: Administración: 3 A.

-Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega: Economía: 3 A.

-Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega: Educación, Familia e Mocidade: 3 A.

-Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega: Medios de comunicación e industrias culturais: 3 A.

-Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega: Proxección exterior da lingua: 3 A.

-Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega: Sanidade: 3 A.

-Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega: Sociedade: 3 A.

-Universitarios. Revista de la FUE. Santiago de Compostela (1932-1933): 7,50 A.

-Xosé Otero Espasandín: Obra galega: 6,41 A

-Yunque: periódico de vanguardia política. Lugo (1931-1932): 14 A.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES