DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2007 Páx. 568

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 3 de xaneiro de 2007 pola que se establecen e convocan axudas de prevención e apoio a familias en situacións carenciais graves para a preservación dos menores no seu contorno.

Advertido erro na orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 8, do xoves, 11 de xaneiro de 2007, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 464, no artigo 4º, epígrafe d), onde di: «d) Que os ingresos da unidade familiar no ano en que se perciba a axuda non excedan a metade da cantidade establecida como salario mínimo interprofesional para o ano 2007 en cómputo anual.», debe dicir: «d) Que a renda per cápita da unidade familiar no ano en que se perciba a axuda non exceda a metade da cantidade establecida como salario mínimo interprofesional para o ano 2007 en cómputo anual».