DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2007 Páx. 488

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

CORRECCIÓN de erros.-Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.

Advertidos erros no texto da devandita lei, remitido para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia número 249, do venres 29 de decembro de 2006, cómpre a súa corrección nos seguintes termos:

Na páxina 18.965, onde di: «Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 Exposición de motivos»; debe dicir: «Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007».

Na páxina 18.973, columna esquerda, táboa de orzamentos das entidades públicas, Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia, columna de capital, onde di: «47.043»; debe dicir: «47.073».

Na mesma páxina, Fundación Pública Hospital Comarcal do Salnés, na columna de explotación, onde di: «18.156»; debe dicir: «18.516».

Na páxina 18.985, columna esquerda, artigo 29, punto un, letra a), onde di: «artigo 8 da Lei orgánica 5/2001»; debe dicir: «artigo 3 da Lei orgánica 5/2001».

Na letra b), segundo parágrafo do mesmo artigo, onde di: «Para estes efectos, inclúese a posición neta debedora de todos os organismos autónomos, sociedades mercantís e entidades de calquera condición, que conforme a normativa aplicable en materia de estabilidade orzamentaria estean incluídos dentro do sector das administracións públicas e consoliden o seu endebedamento co da Comunidade Autónoma conforme as normas do sistema europeo de contas nacionais e rexionais. Independentemente do anterior, o endebedamento da Comunidade Autónoma poderá incrementarse coa finalidade de amortizar o endebedamento dos organismos autónomos, sociedades mercantís e entidades indicados no parágrafo precedente, no mesmo importe que se amortice, co obxecto de optimizar a carga financeira global. Os ingresos derivados deste aumento de endebedamento da Comunidade Autónoma deberán xerar créditos no capítulo VIII do orzamento de gastos da Administración xeral, e conseguintemente poderánselles outorgar

préstamos polos mesmos importes ás entidades aludidas»; debe dicir: «Para estes efectos, inclúese a posición neta debedora de todos os organismos autónomos, sociedades mercantís e entidades de calquera condición, que conforme a normativa aplicable en materia de estabilidade orzamentaria estean incluídos dentro do sector das administracións públicas e consoliden o seu endebedamento co da Comunidade Autónoma conforme as normas do sistema europeo de contas nacionais e rexionais.

Independentemente do anterior, o endebedamento da Comunidade Autónoma poderá incrementarse coa finalidade de amortizar o endebedamento dos organismos autónomos, sociedades mercantís e entidades indicados no parágrafo precedente, no mesmo importe que se amortice, co obxecto de optimizar a carga financeira global. Os ingresos derivados deste aumento de endebedamento da Comunidade Autónoma deberán xerar créditos no capítulo VIII do orzamento de gastos da Administración xeral, e conseguintemente poderánselles outorgar préstamos polos mesmos importes ás entidades aludidas».

No punto cinco, do mesmo artigo 29, onde di: «... en función das necesidades de financiamento da débeda pública, da concertación de créditos...»; debe dicir: «... en función das necesidade de financiamento da Comunidade Autónoma. Estas operacións poderán instrumentarse mediante a emisión de débeda pública, a concertación de créditos ...».

Na páxina 18.990, columna esquerda, artigo 48, onde di: «272.070.578 euros»; debe dicir: «275.263.360 euros».

Na mesma páxina e columna, artigo 49, onde di: «1.157.305.638 euros»; debe dicir: «1.160.498.420 euros».

Na páxina 18.994, columna dereita, liña 27, artigo 50, punto dous, número 32), onde di: «1,50 A por mes e día»; debe dicir: «1,50 A por mesa e día».

Na páxina 19.000, anexo I, sección Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar (TIVE), columnas de prezos e total, onde di: «6176.137»; debe dicir: «616.037».

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA