DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2007 Páx. 173

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2006, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación do texto do acordo subscrito polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT), Confederación Intersindical Galega (CIG) e Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-CSIF), representadas na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e no Comité Intercentros do Persoal Laboral, así como na Comisión da Concesión das Axudas de Acción Social do ano 2006, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 21 de decembro de 2006, sobre criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o persoal da Xunta de Galicia para o ano 2006.

Visto o texto do acordo subscrito o 15 de decembro de 2006, polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais CC.OO., UGT, CIG e CSI-CSIF, representadas na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e no Comité Intercentros do Persoal Laboral, así como na Comisión da Concesión das Axudas de Acción Social do ano 2006, e de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, do 12 de xuño.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais acorda:

Primeiro.-Ordenar a inscrición de dito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2006.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acordo sobre criterios de repartición do Fondo

de Acción Social para o exercicio de 2006

En Santiago de Compostela o 15 de decembro de 2006, os representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais CIG, CC.OO., UGT e CSI-CSIF, representadas na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e no Comité Intercentros do Persoal Laboral, así como na Comisión de Concesión das Axudas de Acción Social do ano 2006, adoptan os seguintes acordos:

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o exercicio do ano 2006.

Normas xerais:

1. Ámbito persoal.

Primeira.-Poderá causar dereito ás distintas axudas que se recollen nesta resolución o seguinte persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia:

a) O persoal funcionario de carreira, persoal interino, contratado administrativo, persoal laboral fixo e persoal laboral temporal incorporados á Xunta de Galicia con anterioridade ao 1-1-2007. Así mesmo,

poderá causar dereito ás distintas axudas o persoal transferido do ISM.

b) O persoal referido no parágrafo anterior deberá estar en situación de activo na Administración da Xunta de Galicia no prazo establecido para a presentación da solicitude.

Segunda.-Quedan excluídos do ámbito de aplicación deste acordo:

O persoal ao servizo de entes autónomos que se rexan polos seus propios orzamentos e estatutos (universidades, TVG, Igaope, Consello de Contas, CIXTEC, etc.), o persoal funcionario ao servicio da Administración de xustiza, o persoal estatutario do Sergas, así como o persoal procedente dos centros sanitarios Hospital Médico-Cirúrxico Provincial de Santiago, Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, Hospital Provincial Sta. Mª Nai de Ourense, Hospital Municipal Nicolás Peña de Vigo, Hospital Xeral Provincial de Pontevedra, Hospital Psiquiátrico Provincial O Rebullón de Pontevedra e Hospital Militar da Coruña, e ademais todo o persoal que non estea organicamente integrado na Xunta de Galicia e, polo tanto, non ocupe un posto incluído na relación de postos de traballo.

Terceira.-Para os efectos de aplicar o baremo por unidade familiar que se fixa nas axudas de «discapacitados, estudos de fillos, fillos menores, estudos do traballador, maiores a cargo e vivenda», indícase seguidamente a documentación necesaria e a norma común para a valoración das rendas familiares:

Cálculo da renda per cápita.

A renda per cápita (RPC) é a cantidade que determina a porcentaxe e os límites da axuda, a partir das táboas de baremación que se especifican en cada caso. O seu importe é o cociente de dividir a renda familiar total polo número de membros da unidade familiar.

Unicamente serán considerados membros da unidade familiar os fillos e o cónxuxe ou parella de feito.

1. A renda familiar total calcularase sumando as seguintes retribucións de diñeiro íntegras (brutas) por rendementos de traballo seguintes:

a) As do solicitante obtidas da declaración do IRPF do ano 2005. Se non tivo que facer declaración do IRPF, presentará certificación de Facenda da dita circunstancia onde constarán os ingresos íntegros que tivo no dito ano.

b) Se for o caso, as do cónxuxe ou parella de feito, obtidas da mesma forma.

c) Se for o caso, as correspondentes aos fillos maiores de idade, obtidas da mesma forma.

d) Se for o caso, as correspondentes aos copropietarios da compra da vivenda, obtidas da mesma forma.

2. O número de membros da unidade familiar obterase sumando as seguintes persoas:

a) O solicitante.

b) Se é o caso, o cónxuxe ou parella de feito.

c) Se é o caso, os fillos que figuren no libro de familia.

d) Se é o caso, os dos copropietarios da compra da vivenda.

Documentación:

a) De todos os membros da unidade familiar maiores de 18 anos: declaración da renda do ano 2005. Se non tivo que facer declaración do IRPF, presentará certificación de Facenda da dita circunstancia onde constarán os ingresos íntegros que tivo no dito ano.

b) Se for o caso, certificado de pensións, negativo ou positivo, do Instituto Nacional da Seguridade Social.

c) De ser o caso, vida laboral da Tesourería Territorial da Seguridade Social dos membros da unidade familiar, maiores de 18 anos, que non obtiveron ingresos no ano 2005.

d) Libro de familia da unidade familiar.

e) No suposto de non convivencia de ambos os proxenitores deberase acreditar que o solicitante convive cos fillos (certificado de convivencia do concello).

Cuarta.-Débense cumprir, ademais, os requisitos e a presentación dos documentos que se determinan nas normas específicas para cada modalidade de axuda.

Quinta.-Todas as fotocopias que presenten os solicitantes, como documentación requirida das distintas axudas, deben estar debidamente lexibles e cotexadas.

Sexta.-O Servizo de Relacións Laborais poderá solicitar calquera outro tipo de documentación complementaria que considere necesaria, para os efectos de ter constancia dos integrantes e ingresos da unidade familiar.

2. Incompatibilidades.

a) As modalidades de axuda obxecto deste acordo son incompatibles coa percepción doutras de natureza similar concedidas pola Xunta de Galicia ou por outro organismo oficial ou empresa privada, salvo que fosen de contía inferior; nese caso, se se acredita documentalmente a súa natureza e contía, poderase solicitar a diferenza ata a cantidade que, en cada caso, corresponda.

En todo caso, deberá presentarse certificación do importe anual percibido expedido polo organismo oficial ou empresa privada correspondente.

3. Solicitudes e documentación.

a) Os interesados deben presentar a solicitude conforme o modelo oficial establecido debidamente cuberta e asinada.

b) Será causa de denegación toda solicitude que non veña certificada polas unidades seguintes de acordo co destino de cada traballador:

-Servizos centrais: secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, das consellerías respectivas.

No referente ao persoal funcionario ou laboral do Sergas: subdirección xeral ou xefatura de servizo da Dirección Xeral da División de Recursos Humanos que teña atribuídas funcións en materia de persoal.

-Servizos periféricos: secretarios provinciais das delegacións territoriais, provinciais e comarcais, ou funcionarios que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, das consellerías respectivas.

Unicamente para estes efectos poderán certificar os directores ou secretarios de centros de educación dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con respecto ao persoal con destino nos centros.

No referente ao persoal funcionario ou laboral do Sergas que preste os seus servizos nas direccións provinciais do organismo ou nos distintos hospitais ou centros de atención primaria: o secretario da dirección provincial do organismo ou o secretario da delegación da Consellería de Sanidade dependendo do ámbito de dependencia funcional do interesado.

c) Naqueles supostos en que dous suxeitos beneficiarios incluídos no ámbito de aplicación deste acordo teñan causa ou causantes comúns, soamente un deles poderá causar dereito.

d) Os solicitantes deben xuntarlle á petición os documentos que se exixen en cada unha das axudas e xustificar mediante certificación os feitos que se aleguen.

e) Carecerán de validez os documentos achegados con emendas ou riscadelas.

f) A Comisión de Repartición rexeitará toda axuda solicitada que non cumpra cos requisitos exixidos.

4. Falsidade nas solicitudes.

A ocultación de datos, a falsidade na documentación achegada ou a omisión da requirida darán lugar á denegación da axuda solicitada ou á perda da concedida, coa devolución, neste último caso, das cantidades indebidamente percibidas, con independencia das responsabilidades a que houber lugar.

5. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos (selada e rexistrada cada solicitude pola oficina onde se efectúe a presentación), de acordo co establecido no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificado pola Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), dirixidas á directora xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano, nº 1, 15771, Santiago de Compostela), desde o día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e ata o 15 de febreiro de 2007.

Todo isto de acordo cos modelos anexos das solicitudes.

6. Distribución dos créditos.

1. En aplicación do orzamento da Xunta de Galicia para o ano 2006, destínase na partida orzamentaria

04 05 121A 162.04 a cantidade de 6.663.140 euros para as axudas do Fondo de Acción Social que recolle este acordo segundo a seguinte repartición:

1. Xubilación: 12,02%, 800.909,42 euros.

2. Discapacitados: 16,66%, 1.110.079,12 euros.

3. Fillos menores: 22,00%, 1.465.890,80 euros.

4. Estudos fillos: 24,91%, 1.659.788,17 euros.

5. Est. traballador: 4,15%, 276.520,32 euros.

6. Vivenda: 14,41%, 960.158,47 euros.

7. Maiores a cargo: 3,87%, 257.863,52 euros.

8. Gastos sanitarios: 2,36%, 131.930,18 euros.

Total: 100%, 6.663.140,00 euros.

2. Por proposta da Mesa Xeral de Negociación ou comisión designada por ela, poderanse modificar as contías asignadas a cada axuda nunha mesma porcentaxe, se á vista das solicitudes presentadas non se puidesen respectar os topes mínimos nas axudas que así o establezan.

3. Nas axudas que teñen a modalidade de baremo este poderá, na mesma proporción, modificarse nos importes que se percibirán por cada tramo sempre e cando sexa insuficiente o orzamento establecido para atender a axuda de que se trate.

Os remanentes que houber, despois de aplicar as normas específicas de cada unha das prestacións ou axudas, incrementarán o orzamento da axuda de fillos menores e maiores a cargo nun 60% e 40%, respectivamente.

Procedemento:

1. Recibidas as solicitudes, procederase ao estudo e cualificación destas polo Servizo de Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública que, unha vez ultimada a xestión, elevará proposta de concesión a favor dos que reúnan os requisitos desta resolución.

2. Mediante resolucións da Dirección Xeral da Función Pública publicarase anuncio da exposición das listaxes provisionais de admitidos e excluídos no Diario Oficial de Galicia contra as que os interesados poderán formular as reclamacións que sexan procedentes, no prazo de dez días hábiles. Así mesmo, durante este prazo deberán emendarse, se é o caso, os defectos causantes da exclusión provisional. Finalizado este, elevaranse aqueles a definitivos coas modificacións a que houber lugar.

A estimación ou desestimación da solicitude producirase coa publicación no dito diario do anuncio de exposición das listaxes de admitidos e excluídos con indicación neste último caso da/s causa/s de exclusión.

3. O aboamento das axudas concedidas efectuarase por transferencia bancaria aos beneficiarios.

4. O prazo máximo para resolver as solicitudes especificadas nesta orde será de cinco meses que se poderán prorrogar no caso de que o elevado número de solicitudes así o requira, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Se no prazo establecido non se resolvese o expediente, entenderase desestimada a solicitude.

Calquera interpretación, aclaración ou dúbida que xurda sobre as presentes bases será resolta pola Comisión de Repartición do Fondo de Acción Social.

Normas específicas:

1) Axudas á xubilación.

Beneficiarios:

O persoal ao servizo da Xunta de Galicia xubilado ou en invalidez permanente no ano 2006 (desde o 1-1-2006 ata o 31-12-2006).

A Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitirá certificación do persoal docente xubilado no ano 2006, así como dos importes percibidos ao abeiro da disposición transitoria novena da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo e orde autonómica do 28 de febreiro de 2000, xa que son incompatibles con este fondo social.

A División de Recursos Humanos da Consellería de Sanidade remitirá certificación do persoal funcionario e laboral xubilado no ano 2006, agás o persoal recollido na norma xeral 1. Ámbito persoal, segunda, do ámbito persoal que os afecta e que non teñen dereito ao Fondo de Acción Social.

De acordo co punto 2 a) das normas xerais, o persoal xubilado que teña a condición de mutualista sometido ao campo de aplicación de Muface, deberá solicitarlle á dita mutualidade o subsidio de xubilación e presentar, se é o caso, certificación denegatoria de non ter dereito ao devandito subsidio, ante esta dirección xeral e antes do 16-1-2007.

A mutualidade Muface remitirá, por petición da Dirección Xeral da Función Pública, certificación de todos os seus mutualistas solicitantes do subsidio de xubilación con feito causante do ano 2006, con indicación dos importes percibidos por cada solicitante ou motivos do seu rexeitamento.

O persoal xubilado no ano 2006, que tendo a condición de mutualista de Muface, figurase nas listaxes de excluídos coa clave: «Falta importe percibido por Muface ou calquera outra mutualidade ou organismo público», quedará excluído do Fondo de Acción Social, elevándose a correspondente proposta de aprobación da axuda, se é o caso, cando o xubilado presente certificación do importe percibido, aboándose, de existir diferenza, con cargo ao orzamento do Fondo de Acción Social do ano 2007, se non fose posible facelo con cargo ao de 2006 por estar este xa executado.

Contido:

Repartición da contía sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo cos seguintes topes:

Tope mínimo-máximo de 3.500 euros.

Esta axuda é prioritaria e polo orzamento xeral do Fondo de Acción Social respectarase o tope mínimo-máximo establecido.

Documentación:

a) Non necesita presentación de solicitudes.

b) A concesión faraa de oficio a Administración.

2) Axudas para a atención a discapacitados.

Beneficiarios:

O persoal ao servizo da Xunta de Galicia recollido no punto 1. Ámbito persoal, que teñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo as súas expensas consorte, fillos e ascendentes de 1º grao por consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme, discapacitados físicos, psíquicos ou sensoriais, recoñecidos como tales antes do 1-1-2007 e cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%, polos organismos que a continuación se relacionan, e que os ingresos do discapacitado non superen o salario mínimo interprofesional anual de 7.572,60 euros correspondentes ao ano 2006:

-Área de Servizos Sociais da Consellería de Traballo e Servizos Sociais ou Sanidade e Servizos Sociais, Asuntos Sociais ou Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

-Instituto Nacional de Servizos Sociais.

Esta axuda concédese unicamente baixo a modalidade de baremo.

Contido:

Repartición da contía en cómputo anual, sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo, cos seguintes topes dependendo da renda familiar per cápita e do grao de minusvalidez:

Renda familiar per cápita do ano 2005, eurosImportes axuda

Minusvalidez

do 33% ao

65,99%

Minusvalidez

do 66% ao

89,99%

Minusvalidez

desde o 90%

Ata 5.0002.000 euros2.300 euros2.800 euros

De 5.000,01 ata 8.5001.700 euros2.000 euros2.500 euros

De 8.500,01 ata 12.0001.400 euros1.700 euros2.200 euros

Desde 12.000,011.298,18 euros1.500 euros1.956 euros

No caso de que o orzamento establecido para esta axuda non fose abondo para a aplicación dos importes que sinala a anterior táboa de baremo, estes importes serán minguados nunha mesma porcentaxe ata que o importe global das solicitudes aprobadas non supere o importe establecido para esta axuda, respectando, en todo caso, o importe mínimo establecido na dita táboa, en relación aos porcentaxes da axuda.

No caso de que desde a data da cualificación da minusvalidez non teña o ano completo ratearase a contía da dita axuda.

Ao persoal laboral solicitante desta axuda aboaráselle unicamente a diferenza, aplicando a escala anterior, do que tivese dereito a percibir polo artigo 35 do IV Convenio colectivo unico da Xunta de Galicia, sempre que o grao da minusvalidez do causante sexa igual ou superior ao 33%.

Solicitude:

Normalizada e única para todos os causantes discapacitados polos que solicita esta axuda.

Documentación:

Toda a que se detalla no punto terceiro do ámbito persoal e ademais:

Para os fillos causantes:

a) Copia da cualificación oficial de minusvalidez, expedida polos centros anteriormente sinalados. En

caso de renovación ou alteración da porcentaxe de minusvalidez no ano 2006, as dúas cualificacións.

b) Copia de todas as follas do libro de familia onde figuren serie e número, cónxuxes e todos os fillos.

c) Se o diminuído ten idade laboral deberá presentar certificado de vida laboral desde o 1-1-2005 da Tesourería Territorial da Seguridade Social e, se for o caso, certificación de Facenda dos ingresos íntegros do ano 2005.

d) O persoal laboral solicitante, de ser o caso, presentará certificado do habilitado da súa consellería relativo aos meses que non percibirá esta axuda e por que causas.

Para os ascendentes, consortes ou tutelados por sentenza xudicial firme:

a) Copia da cualificación oficial da minusvalidez, expedido polos centros anteriormente indicados. No caso de renovación ou alteración da porcentaxe da minusvalidez no ano 2006, as dúas cualificacións.

b) Copia do DNI do discapacitado.

c) Copia do certificado de convivencia do concello do discapacitado co solicitante.

d) Copia da fe de vida do discapacitado.

e) Vida laboral do discapacitado da Tesouraría Territorial da Seguridade Social desde o 1º de xaneiro de 2005 e, se é o caso, certificación de Facenda dos ingresos íntegros no ano 2005.

f) Certificado negativo ou positivo de pensións do Instituto Nacional da Seguridade Social do discapacitado.

g) Xustificación do parentesco do discapacitado co solicitante.

h) O persoal laboral solicitante, se é o caso, presentará certificado do habilitado da súa consellería relativo aos meses que non percibirá esta axuda e por que causas.

3) Axudas por fillos menores.

Beneficiarios:

O persoal ao servizo da Xunta de Galicia, recollido no punto 1. Ámbito persoal, que teñan fillos nados con anterioridade ao ano 2007 e que non alcancen a idade obrigatoria para os estudos de primaria no curso 2006/2007, é dicir, nados desde o 1-1-2001 ao 31-12-2006.

O solicitante poderá ou non acollerse ao baremo da renda per cápita enviando ou non a documentación que se sinala na epígrafe terceira do ámbito de persoal.

Se desexa acollerse á fórmula de baremo deberá sinalalo no punto correspondente da solicitude, xa que, en caso contrario a comisión entenderá, para todos os efectos, que se acolle ao importe inferior que teña ou que terá a táboa da renda per cápita.

Os solicitantes-beneficiarios que se acollan á modalidade de baremo e figuren excluídos unicamente por causas de baremo e non emenden estas causas percibirán o importe máis inferior da táboa da renda per cápita resultante.

Contido:

Repartición da contía sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo, unha vez aplicada a renda per cápita da unidade familiar do ano 2005, tal e como se indica a seguir:

Renda familiar per cápita do ano 2005Importe por fillo

Ata 5.000 euros400 euros

De 5.000,01 ata 8.500 euros300 euros

De 8.500,01 ata 12.000 euros200 euros

Desde 12.000,01 euros150 euros

No caso de que o orzamento establecido para esta axuda non fose abondo para a aplicación dos importes que sinala a anterior táboa de baremo, estes importes serán minguados nunha mesma porcentaxe ata que o importe global das solicitudes aprobadas non supere o importe establecido para esta axuda.

Solicitude:

Normalizada e única para todos os fillos menores causantes.

Documentación:

a) Copia da totalidade das follas do libro de familia onde figuren serie e número, cónxuxes e fillos, agás os causantes aprobados no ano 2005, sempre que non se acollan á modalidade de baremo.

b) Se o solicitante opta pola renda per cápita da unidade familiar deberá enviar ademais toda a documentación común prevista na norma xeral terceira do ámbito persoal.

4) Axuda para estudos por fillos.

Beneficiarios:

O persoal ao servizo da Xunta de Galicia, recollido no punto 1. Ámbito de persoal, que teñan fillos ao seu cargo nados antes do 1-1-2001 e que cursen estudos de primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos, universitarios e outros de carácter oficial segundo o Real Decreto 56/2005, do 21 de xaneiro, que dean lugar á obtención de títulos académicos oficiais estendidos pola Administración pública, todos eles durante o curso académico 2006/2007.

No ámbito universitario, queda excluído desta axuda o persoal que teña a matrícula do fillo subvencionada.

O solicitante poderá ou non acollerse á fórmula de baremo da renda per cápita enviando ou non a documentación que se sinala no punto terceiro do ámbito de persoal.

Se desexa acollerse á fórmula de baremo deberá necesariamente sinalalo no punto correspondente da solicitude, xa que no caso contrario a comisión entende, para todos os efectos, que se acolle ao importe mínimo.

Os solicitantes-beneficiarios que non se acollan á modalidade de baremo percibirán o importe mínimo da táboa de baremo.

Os solicitantes-beneficiarios que soliciten a modalidade de baremo e figuren excluídos unicamente por causas de baremo e non emenden estas causas, percibirán o importe mínimo da táboa de baremo.

Contido:

Repartición da contía sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo, unha vez aplicada a renda per cápita da unidade familiar do ano 2005, tal e como se indica a seguir:

Renda familiar per cápita do ano 2005Importe

Ata 5.000 euros300 euros

De 5.000,01 ata 8.500 euros250 euros

De 8.500 ata 12.000 euros150 euros

Desde 12.000,01 euros70 euros

No caso de que o orzamento establecido para esta axuda non fose abondo para a aplicación dos importes que sinala a anterior táboa de baremo, estes importes serán minguados nunha mesma porcentaxe ata que o importe global das solicitudes aprobadas non supere o importe establecido para esta axuda, respectando, en todo caso, o importe mínimo establecido na dita táboa.

Se ao finalizar o prazo de presentación de solicitudes ou o prazo de reclamacións o solicitante non puidese, por non estar aberto o prazo de inscrición, presentar o documento de ter aboada a matrícula do curso 2006/2007, poderá ser beneficiario da axuda e aboaráselle con cargo ao fondo social do ano 2007.

Solicitude:

Normalizada e única para todos os fillos polos que solicita esta axuda.

Documentación:

a) Copia da matrícula referente ao curso 2006/2007, debendo figurar o importe pagado. Non se necesita en estudos obrigatorios.

b) De ser o caso, documentación acreditativa de ter aboada a matrícula do curso 2006/2007, despois do día seguinte ao prazo de reclamacións, antes do 30-9-2007 co fin de poder elevar a correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ao Fondo de Acción Social do ano 2007.

c) Copia da totalidade das follas do libro de familia onde figuren as anotacións de serie e número, cónxuxes e fillos, agás os causantes aprobados no ano 2005, sempre que non se acollan á modalidade de baremo.

d) Se o solicitante opta pola renda per cápita da unidade familiar deberá enviar ademais toda a documentación común prevista na norma xeral terceira do ámbito persoal.

5) Axuda estudos do traballador.

Beneficiarios:

O persoal ao servizo da Xunta de Galicia recollido no punto 1. Ámbito de persoal, que curse estudos de primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos, universitarios e outros de carácter oficial segundo o Real decreto 56/2005, do 21 de xaneiro,

que dean lugar á obtención de títulos académicos estendidos pola Administración pública, todos eles durante o curso académico 2006/2007.

O persoal que teña a condición de mutualista de Muface quedará excluído coa clave «Falta importe percibido por Muface...», ata que a dita mutualidade remita certificación dos seus mutualistas que obtiveran este tipo de axuda.

No ámbito universitario, queda excluído desta axuda o persoal que teña a matrícula subvencionada.

O solicitante poderá ou non acollerse á fórmula de baremo da renda per cápita enviando ou non a documentación que se sinala no punto terceiro do ámbito de persoal.

Se desexa acollerse á fórmula de baremo deberá necesariamente sinalalo no punto correspondente da solicitude, xa que no caso contrario a comisión entende, para todos os efectos, que se acolle ao importe mínimo.

Os solicitantes-beneficiarios que non se acollan á modalidade de baremo percibirán o importe mínimo da táboa de baremo.

Os solicitantes-beneficiarios que soliciten a modalidade de baremo, e figuren excluídos unicamente por causas de baremo e non emenden estas causas percibirán o importe mínimo da táboa de baremo.

Contido:

Repartición da contía sinalada para esta axuda no punto 6 entre todos os solicitantes beneficiarios segundo os seguintes criterios:

Renda familiar per cápita do ano 2005Importe euros

Ata 5.000 euros700 euros

De 5.000,01 ata 8.500 euros400 euros

De 8.500 ata 12.000 euros300 euros

Desde 12.000,01 euros180 euros

No caso de que o orzamento establecido para esta axuda non fose abondo para a aplicación dos importes que sinala a anterior táboa de baremo, estes importes serán minguados nunha mesma porcentaxe ata que o importe global das solicitudes aprobadas non supere o importe establecido para esta axuda, respectando, en todo caso, o importe mínimo establecido na dita táboa.

Se ao finalizar o prazo de presentación de solicitudes ou o prazo de reclamacións o solicitante non puidese, por non estar aberto o prazo de inscrición, presentar o documento de ter pagada a matrícula do curso 2006/2007, poderá ser beneficiario da axuda e aboaráselle con cargo ao fondo social do ano 2007.

Solicitude: normalizada.

Documentación:

a) Copia cotexada da matrícula referente ao curso académico 2006/2007.

b) Xustificación do importe pagado.

c) De ser o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente.

d) De ser o caso, documentación acreditativa de ter aboada a matrícula do curso 2006/2007 despois do día seguinte ao prazo de reclamacións, antes do 30-9-2007 co fin de poder elevar a correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ao Fondo de Acción Social do ano 2007.

e) Deberá enviar ademais toda a documentación común prevista na norma xeral terceira do ámbito persoal.

Se desexa acollerse á fórmula de baremo deberá necesariamente sinalalo no punto correspondente da solicitude xa que no caso contrario a comisión entenderá, para todos os efectos, que se acolle ao importe mínimo da táboa de baremo.

Os solicitantes-beneficiarios que se acollan á modalidade de baremo e figuren excluídos unicamente por causas de baremo, de non emendar estas causas, percibirán o importe máis inferior da táboa da renda per cápita.

6) Axuda por adquisición de vivenda.

Beneficiarios:

O persoal ao servizo da Xunta de Galicia recollido no punto 1. Ámbito persoal, que adquira individualmente ou en copropiedade a súa única vivenda no ano 2006 para a unidade familiar e por única vez.

Quedan excluídos desta axuda os solicitantes que pertenzan ou pertencesen a unha unidade familiar, agás fillos emancipados, en que algún dos seus membros percibise esta axuda do Fondo de Acción Social en anos anteriores.

Quedan excluídos desta axuda as unidades familiares que teñan outra/s vivenda/s ademáis da vivenda da solicitude.

Non terán dereito a esta axuda:

-O persoal interino docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-O persoal interino posterior ao 31-5-1990.

-O persoal laboral non fixo.

Para efectos da axuda de vivenda, a unidade familiar está constituída polos cónxuxes non separados legalmente, ou parella de feito, convivente, copropietario, solteiro/a, viúvo/a, divorciado/a, separado/a legalmente, irmáns ou persoas que convivan co solicitante.

Contido:

Baremada, esta axuda concédese unicamente baixo a modalidade de baremo.

Tope máximo por unidade familiar: 2.500 euros.

Repartición da contía sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo, unha vez aplicada a renda per cápita do ano 2005 tal e como se indica a seguir:

Renda familiar per cápita do ano 2005Importe

Ata 5.000 euros2.500 euros

De 5.000,01 ata 8.500 euros2.200 euros

De 8.500 ata 12.000 euros2.000 euros

Desde 12.000,01 euros1.532 euros

No caso de que o orzamento establecido para esta axuda non fose abondo para a aplicación dos importes que sinala a anterior táboa de baremo, estes importes serán minguados nunha mesma porcentaxe ata que o importe global das solicitudes aprobadas non supere o importe establecido para esta axuda.

Documentación:

Toda a que se detalla na epígrafe terceira do ámbito persoal e ademais:

a) Solicitude normalizada por unidade familiar.

b) 1. Unidade familiar onde todos os seus membros estean afiliados ao réxime de cotización da Seguridade Social: copia notarial do acto da formalización de compravenda ou obra nova escriturada ante notario no ano 2006.

2. Unidade familiar onde algún dos seus membros pertenza ao réxime de cotización de Muface, Mugeju ou Isfas, suxeitos ao réxime de clases pasivas:

2.1. Compra de vivenda: copia do acto de formalización da compravenda escriturada ante notario no ano 2006.

2.2. Construción propia de vivenda: certificado final de obra con data do ano 2006, expedido polo facultativo competente, visado polo Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos e polo Colexio de Arquitectos.

c) Copia do DNI do solicitante e persoa que integre con el a unidade familiar.

d) Copia da libreta de afiliación á Seguridade Social, Muface, Mugeju, Isfas, etc. do solicitante e da persoa que integre con el a unidade familiar.

e) Informe de propiedades a nivel nacional emitido polo Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España por petición do solicitante no Rexistro da Propiedade correspondente e, se for o caso, do cónxuxe, parella de feito ou copropietario. Remitir este informe coa solicitude.

f) Se figuran propiedades no informe de propiedades a nivel nacional emitido polo Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España sinalado na letra anterior, deberán solicitar nos rexistros que sinale este informe: certificación ou nota simple informativa de dominio, sen especificación de car

gas, soamente das vivendas que teñan neses rexistros.

Nas certificacións ou notas simples informativas estendidas e seladas polos rexistros da propiedade debe constar, entre outras, a expresión: «...o certificado ou o informado anteriormente é o único que teñen neste rexistro...».

g) Declaración do solicitante, baixo a súa responsabilidade, de non ser beneficiario nin el nin o seu cónxuxe ou parella de feito ou copropietario de axuda de igual natureza por parte de ningún organismo público ou empresa privada, agás as que prevé o último punto desta norma específica.

h) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente.

i) De acordo co punto 2 a) das normas xerais o persoal solicitante ou o que constitúa con el a unidade familiar, que teñan a condición de mutualistas sometidos ao campo de aplicación de Muface, Mugeju ou Isfas, deberán solicitarlle á devandita mutualidade, dentro do prazo establecido, a axuda por compra de vivenda ou obra nova, xa que é preceptiva a referida solicitude para poder acceder ao Fondo de Acción Social.

j) Copia da solicitude de vivenda que se indica na letra anterior i).

Por petición da Dirección Xeral da Función Pública, as delegacións de Muface, Mugeju ou Isfas remitirán certificación de todos os seus mutualistas solicitantes da axuda por compra de vivenda ou obra nova do ano causante 2006, con indicación dos importes percibidos ou causas de rexeitamento.

Os solicitantes da axuda de vivenda que figuren nas listaxes que publique a Dirección Xeral da Función Pública unicamente coa clave de exclusión, de prazo flexible, «Falta importe percibido por Muface, Mugeju ou Isfas», deberán presentar resolución do seu expediente por estas mutualidades co fin de poder elevar proposta de aprobación, de ser o caso, da axuda con cargo ao orzamento do Fondo de Acción Social do ano 2007, se non fose posible facelo con cargo ao de 2006 por estar este xa executado.

Son compatibles coas previstas no Decreto 199/2002, do 6 de xuño, da Xunta de Galicia (DOG nº 113, do 13 de xuño, e disposicións para o desenvolvemento do referido decreto e Orde do 10 de febreiro de 2004, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG nº 31, do 13-2-2004).

7) Axuda de maiores a cargo.

Beneficiarios:

O persoal ao servizo da Xunta de Galicia previsto no punto 1. Ámbito persoal, que teñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas, familiares de 1º ou 2º grao por consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme

que teñan 65 ou máis anos e que os seus ingresos íntegros non superen o salario mínimo interprofesional anual de 7.572,60 euros correspondentes ao ano 2006.

Esta axuda é incompatible coa axuda deste fondo social de discapacitados.

Contido:

Repartición da contía en cómputo anual, sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo, cos seguintes topes dependendo da renda familiar per cápita e dos anos que teña o maior causante:

Renda familiar per

cápita do ano 2005

Idade 65 a 75

anos

Idade 76 a 85

anos

Idade desde 86

anos

Ata 5.000500 euros600 euros800 euros

De 5.000,01 ata 8.500400 euros500 euros700 euros

De 8.500,01 ata 12.000300 euros400 euros600 euros

Desde 12.000,01200 euros300 euros500 euros

No caso de que o orzamento establecido para esta axuda non fose abondo para a aplicación dos importes que sinala a anterior táboa de baremo, estes importes serán minguados nunha mesma porcentaxe ata que o importe global das solicitudes aprobadas non supere o importe establecido para esta axuda, respectando, en todo caso, o importe mínimo establecido na dita táboa, en relación coas idades dos causantes e desta axuda.

Solicitude:

Normalizada e única para todos os causantes maiores da unidade familiar polos cales solicita esta axuda.

Documentación:

a) Toda a que se detalla na epígrafe terceira do ámbito persoal, agás os solicitantes que optan por non baremo.

Se desexa acollerse á fórmula de baremo deberá necesariamente sinalalo no punto correspondente da solicitude xa que, en caso contrario, a comisión entenderá, para todos os efectos, que se acolle ao importe mínimo da táboa do baremo.

Os solicitantes-beneficiarios que se acollan á modalidade de baremo e figuren excluídos unicamente por causas de baremo, de non enmendar estas causas, percibirán o importe máis inferior da táboa da renda per cápita.

b) Copia da declararación ou certificación fiscal de Facenda da renda do ano 2005 do solicitante e do causante. Se non tiveron que facer a declaración da renda, presentará certificación de Facenda da dita circunstancia, onde constarán os ingresos íntegros que tivo no dito ano.

c) Certificado de convivencia-empadroamento, expedido polo concello, de todas as persoas que conviven no domicilio do solicitante.

d) Documento nacional de identidade do maior causante.

e) Certificación de pensións (negativo ou positivo) do Instituto Nacional da Seguridade Social.

f) Xustificación do parentesco do causante co solicitante.

8) Axuda por gastos sanitarios.

Beneficiarios:

O persoal ao servizo da Xunta de Galicia recollido no punto 1. Ámbito persoal.

Obxecto:

a) Axudas para o traballador, por tratamentos e próteses buco-dentais e/ou adquisición de próteses audiovisuais, que se acreditarán coa correspondente factura que deberá ter un importe mínimo de 200 euros.

b) Axudas para o traballador, cónxuxe e fillos destinadas á adquisición de produtos específicos para a alimentación de enfermos celíacos e trastornos similares de intolerancia a alimentos de carácter xenérico, sempre que acrediten esta necesidade co informe do facultativo especialista da sanidade pública.

Estas axudas corresponderán aos gastos aboados durante o ano 2006.

O importe máximo a percibir por esta axuda polo conxunto dos tratamentos e/ou próteses será de 50 euros.

No caso de que o orzamento establecido para esta axuda non fose abondo para respectar o importe sinalado anteriormente, este será minguado ata que o importe global das solicitudes aprobadas non supere o orzamento establecido para esta axuda.

Solicitude: normalizada.

Documentación:

Fotocopias compulsadas das facturas orixinais nas cales deberá constar:

-Persoa que recibe o tratamento ou adquire a prótese.

-Custo do tratamento e/ou prótese e datas en que se recibiu e/ou adquiriu.

-Nome ou razón social, NIF ou CIF, domicilio e localidade de quen as estenda.

Pola Administración:

Presidenta: Mª del Mar Rodríguez Fernández, directora xeral da Función Pública.

Secretario: Víctor Gallego Víncent, subdirector xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais.

Dirección Xeral da Función Pública:

Sonia Piñeiro Saá, xefa do Servizo de Relacións Laborais.

Generosa Yáñez Salgado, xefa de Negociado de Relacións Laborais.

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar:

Elena García González,

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

Eduarda Varela Castro.

Consellería de Economía e Facenda:

María Blanco Aller.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes:

María Chas de la Calle.

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

Marina García Valeiras.

Consellería de Innovación e Industria:

Concepción Outeriño Quintas.

Consellería do Medio Rural:

Mª Socorro Fernández-Sanmamed Lestón.

Consellería de Cultura e Deporte:

Carme Álvarez Rodríguez.

Consellería de Sanidade:

Luisa Fernanda Mediero Lago.

Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Juan Carlos Campaña Figueira.

Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible:

Mª Dolores Veiga Gondelle.

Consellería de Traballo:

Víctor Manuel Tubío Villar.

Consellería de Vivenda e Solo:

Jorge Picouto Delgado.

Polas organizacións sindicais:

CIG:

Isolino Carrera Villar.

CC.OO.:

Emilio Doforno Guzmán.

UGT:

Antonio Pais Andrade.

CSI-CSIF:

Álvaro Fernández Baamonde.