DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2007 Páx. 173

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 21 de decembro de 2006 pola que se establece a convocatoria pública para a programación de cursos do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2007.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia do xoves, 28 de decembro de 2006, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Nos anexos I e II, incluídos nas páxinas 18.929 e 18.930, onde di: «solicitude de accións formativas dirixidas a desempregados (Fondo Social Europeo)», debe dicir: «solicitude para a programación de cursos do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional (FIP)».

Nos anexos V e VI, incluídos nas páxinas 18.938 e 18.939, as referencias feitas ao artigo 8 da orde do 21 de decembro de 2006 ( FSE) deben entenderse feitas ao artigo 9 da orde do 21 de decembro de 2006 ( FIP).