DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2007 Páx. 161

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2007 pola que se prorrogan 29 bolsas de colaboración nos distintos proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

A dinámica de traballo dun centro de investigación como o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que conta con proxectos de investigación encadrados na área das humanidades, require dun persoal academicamente cualificado que colabora na elaboración dos proxectos e pola súa vez adquire oficio e experiencia nos problemas que se derivan do labor de investigación. Isto, naturalmente, require tempo, polo que as bolsas, renovables cada ano, abranguen como máximo, unha duración de tres anos con carácter non renovable.

A Orde do 18 de decembro de 2003 (DOG nº 249, do 24 de decembro) convocou catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación, que foron adxudicadas pola Orde do 22 de marzo de 2004 (DOG nº 63, do 31 de marzo). No ano 2004, por Orde do 4 de marzo de 2004 (DOG nº 56, do 22 de marzo), convocáronse outras doce bolsas, logo concedidas pola Orde do 17 de xuño de 2004 (DOG nº 125, do 30 de xuño). Pola Orde do 29 de novembro de 2004 (DOG nº 236, do 3 de decembro) convocáronse dez bolsas de colaboración que foron adxudicadas pola Orde do 25 de febreiro de 2005 (DOG nº 44, do 4 de marzo). No ano 2005 foron convocadas catro bolsas de colaboración pola Orde do 28 de marzo de 2005 (DOG nº 67, do 8 de abril) que foron adxudicadas pola Orde do 27 de xuño (DOG nº 129, do 6 de xullo). Ademais, pola Orde do 16 de decembro de 2005 (DOG nº 248, do 28 de decembro) convocáronse trece bolsas de colaboración que foron adxudicadas pola Orde do 14 de marzo de 2006 (DOG nº 55, do 20 de marzo). Tamén

pola Resolución do 7 de xuño de 2006 (DOG nº 114, do 15 de xuño) convocánronse oito bolsas de colaboración adxudicadas pola Resolución do 20 de setembro (DOG nº 197, do 11 de outubro).

As bases terceiras e cuartas prevén a concesión de prórrogas aos bolseiros e bolseiras que presten a súa colaboración nalgún dos proxectos de investigación que se están realizando no centro. Estas cláusulas fan referencia ás prórrogas, xa que as bolsas rematan todas a 31 de decembro do ano en curso e coa indicación de que se poderán prorrogar anualmente ata un máximo total de tres anos á vista do traballo realizado polo bolseiro ou bolseira, sempre

que o proxecto ao que estea vinculado/a requira do seu labor e así o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.

En todo caso, o gasto proxectado queda sometido á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente para tal fin nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 e ao disposto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

Na súa virtude e de acordo co establecido nas bases das citadas ordes, e do punto c da disposición adicional segunda do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, esta secretaría

RESOLVE:

Primeiro.-Concédeselles prórroga para desfrutar da bolsa para a colaboración en proxectos de investigación a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro ata o 31 de marzo de 2007 ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución, ata o 30 de xuño de 2007 ás persoas que se relacionan no anexo II, e ata o 31 de decembro de 2007 ás persoas que se relacionan no anexo III desta resolución. Os efectos desta resolución quedan condicionados ata a aprobación do crédito que vaia amparar o gasto, de conformidade coa orde anteriormente citada, do 11 de febreiro de 1998.

Segundo.-A contía da bolsa individualmente durante o período de prórroga será de 900 euros mensuais. O total das bolsas ascende a trescentos catro mil cento cincuenta e cinco euros (304.155 A) 286.200 A correspondentes ás mensualidades e 17.955 A á asistencia sanitaria, da partida orzamentaria 04.60.151A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 condicionados como se mencionou ata a aprobación do crédito que vaia amparar o gasto, de conformidade coa orde anteriormente citada, do 11 de febreiro de 1998.

Terceiro.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta disposición. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2007.

María Sol López Martínez

Secretaria xeral de Política Lingüística

ANEXO I

Nome dos beneficiarios/as NIF

Iglesias Iglesias, Gonzalo José 36140875D
González Miranda, Marta 76909129G

ANEXO II

Nome dos beneficiarios/as NIF

Vázquez Recarey, Susana 79314435Q
Rodríguez Prieto, Mª Ángeles 34966409S

ANEXO III

Nome dos beneficiarios/as NIF

Coiradas Martínez, Inés 78792422B
López Macías, Marta 34970692C
Vega Vázquez, Isabel 44815955H
Vilariño Suárez, María 53168239J
Cañizo Durán, Leopoldo 44467453N
Caamaño Varela, Maruxa 44814518F
López Bodaño, Antonio 36126105M
García Merino, Mª José 44816682D
Fresco Barbeito, Víctor 36141491G
Fernández Seoane, Paula 44826486S
Mayer Mayer, Iria 44838413M
Lourido Hermida, Isaac 32685152J
Moreda Leirado, María Luisa 34637247Y
Vizcaíno Pena, Beatriz 33351683G
Ocampo González, Brais 36105831V
López Suárez, María Pilar 32686146H
Martínez Rodríguez, Francisca 76721091Z
López López, Yolanda 34977988W
Bravo Pérez, Irene 44828903V
García Seijas, Nazareth 77594889L
Castro García, Silvana 47360137D
Teijeiro Ares, Óscar 33342168B
Porto Cacheiro, Isabel 44089092R
Fuentes Ríos, Aránzazu 53171852S
Salgueiro Veiga, Emma 32687228L