DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 2007 Páx. 143

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

ORDE do 28 de decembro de 2006 pola que se convocan as subvencións que se poderán outorgar no exercicio 2007 ao abeiro do Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, que regula o programa de vivenda en aluguer.

O Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, polo que se regula o programa de vivenda en aluguer, constitúe o marco normativo polo que se regulan as subvencións para o arrendamento e rehabilitación de vivendas desocupadas na nosa comunidade autónoma.

O seu artigo 3.2º dispón que estas subvencións se atenderán a través de convocatorias anuais polas que se cuantificarán as dispoñibilidades orzamentarias que se poidan consignar para cada exercicio.

A súa disposición derradeira primeira faculta a Conselleira de Vivenda e Solo para ditar, no marco das súas competencias, as disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación do referido decreto.

En uso da referida autorización,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Dispoñibilidade económica.

Para os efectos do disposto no artigo 3.2º do Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, determínase:

1. A aplicación do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 e 2008 onde figuran os créditos con cargo aos que serán atendidas as subvencións ao arrendamento do Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, é a 17.01.451B.480.1.

2. A aplicación do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 onde figuran os créditos con cargo aos que serán atendidas as subvencións para a rehabilitación de vivendas e posterior arrendamento dentro do programa de vivenda en aluguer do Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, é a 17.01.451A.780.1

3. O importe máximo das subvencións ao arrendamento que se poderán outorgar dentro do exercicio orzamentario de 2007 será de 4.342.350 A e, dentro do exercicio orzamentario de 2008, será de 3.713.250 A.

4. O importe máximo das subvencións para a rehabilitación de vivendas e posterior arrendamento que se poderán outorgar dentro do exercicio orzamentario de 2007 será de 2.700.000 A.

5. O importe máximo destas subvencións poderá incrementarse en función das solicitudes e en función das dispoñibilidades orzamentarias con cargo ás mesmas aplicacións. De producirse incremento nas dotacións orzamentarias destinadas á concesión destas subvencións publicarase no Diario Oficial de Galicia o importe polo que resultarán finalmente dotadas as aplicacións que as financien.

Artigo 2º.-Solicitudes de subvención ao arrendamento.

1. Asinado o contrato de arrendamento no marco do programa regulado no Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, o inquilino poderá solicitar a subvención ao aluguer regulada nel. Trámite que se poderá realizar mediante o modelo de solicitude de subvención recollido como anexo desta orde.

2. As solicitudes de subvención para o arrendamento reguladas no Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, poderán presentarse do 1 de xaneiro ata o 10 de decembro

de 2007 no rexistro da Consellería de Vivenda e Solo ou no das súas delegacións provinciais.

3. No presente exercicio terán lugar procedementos de concesión de subvención cada mes natural, de tal xeito que as solicitudes de subvención presentadas ata o día 10 de cada mes serán resoltas antes do último día do mesmo mes.

4. As solicitudes presentadas a partir do día 10 de cada mes serán resoltas no procedemento de concesión do mes próximo.

5. A concesión da subvención producirá efectos desde o día de presentación da solicitude.

Artigo 3º.-Procedementos de concesión.

No exercicio 2007 realizaranse 12 procedementos de concesión de subvencións para o arrendamento. Por cada procedemento de concesión ditarase antes do último día do mes unha resolución que conterá o importe das subvencións que se concedan en cada mes e que non poderán superar os seguintes importes:

MesesImporte

exercicio 2007

MesesImporte

exercicio 2008

Xaneiro-decembro592.500 A------

Febreiro-decembro543.125 AXaneiro-xaneiro 49.375 A

Marzo-decembro493.750 AXaneiro-febreiro 98.750 A

Abril-decembro555.975 AXaneiro-marzo 179.625 A

Maio-decembro494.200 AXaneiro-abril 239.500 A

Xuño-decembro432.425 AXaneiro-maio 299.375 A

Xullo-decembro359.250 AXaneiro-xuño 359.250 A

Agosto-decembro299.375 AXaneiro-xullo 419.125 A

Setembro-decembro239.500 AXaneiro-agosto 479.000 A

Outubro-decembro184.125 AXaneiro-setembro 552.375 A

Novembro-decembro98.750 AXaneiro-outubro 493.750 A

Decembro-decembro49.375 AXaneiro-novembro543.125 A

Totais4.342.350 ATotais3.713.250 A

Artigo 4º.-Solicitudes de subvención para a rehabilitación:

As solicitudes de subvención para a rehabilitación reguladas no Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, poderán presentarse desde o 1 de xaneiro ata o 15 de decembro de 2007 no rexistro da Consellería de Vivenda e Solo ou no das súas delegacións provinciais.

Artigo 5º.-Documentación.

A solicitude de novas subvencións ao arrendamento, unha vez esgotados os doce meses da que tiñan concedida, exixirá a presentación de toda a documentación requirida nos artigos 5 e 15 da orde de desenvolvemento do Decreto 48/2006. Esta documentación presentarase dentro dos dez primeiros días dos trinta anteriores ao do vencemento da anterior subvención.

Disposición adicional

Única.-Incorporadas ao programa un número de vivendas con obras de rehabilitación que poidan comprometer o crédito que sustenta a concesión das subvencións para a rehabilitación, se denegará a incorporación ao programa de vivendas que precisen as ditas obras ata a seguinte convocatoria anual.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2006.

Teresa Táboas Veleiro

Conselleira de Vivenda e Solo

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA