DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 2007 Páx. 117

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2006 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de decembro de 2006 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Presidencia da Xunta de Galicia.

A aprobación da relación de postos de traballo da Presidencia da Xunta de Galicia xustifícase pola necesidade de adecuala aos cambios organizativos introducidos polo Decreto 231/2005, do 11 de agosto, polo que se establecen os órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e polo Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, así como pola necesidade de integrar determinados postos de traballo procedentes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da extinta Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

En consecuencia, por proposta da Presidencia da Xunta de Galicia, consultadas as organizacións sin

dicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da comunidade autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e un de decembro de dous mil seis, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aprobar a relación de postos de traballo da Presidencia da Xunta de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo ao presente acordo.

Segundo.-Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte un de decembro de dous mil seis, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Presidencia da Xunta de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2006.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza

Código - Descrición das titulacións académicas.

2001 Arquitectura superior.

2010 Enxeñaría de telecomunicación.

2019 Enxeñaría superior.

2024 Lic. ciencias da información.

2062 Licenciado en dereito.

2071 Filoloxía galega.

2079 Filolox. hispán. (galaico-portuguesa).

2276 Preferent. ldo. económ. ou empresar.

2998 Titulado superior.

3001 Arquitectura técnica.

3005 Enx. técn. industrial.

4083 FP2 - Electric./electrón. (elect. comuni.).

6001 Certificado escolaridade.

6003 Segundo convenio.

Código - Descrición das formacións específicas.

007 Exp. xestión orzamentaria.

009 Exp. xestión económica.

020 Coñecementos informática nivel usuario.

030 Coñecementos inglés.

032 Coñecementos francés.

055 Coñec. lexislación s/fundacións.

067 Exper. materia de persoal.

069 Exper. xestión persoal.

151 Coñecementos outros idiomas comunitarios.

157 Curso linguaxe administrativa.

159 5 Anos de experiencia en labores de mantemento das instalacións de edificios públicos (sistemas de calefacción, climatización, aire acondicionado, enerxía eléctrica en baixa, media e alta tensión (R.I.).

161 Experiencia en políticas comunitarias.

392 Nivel intermedio riscos laborais (R.I.).

394 Técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais nas súas tres especialidades: seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada (R.I.).

460 Filoloxía galega (mérito).

461 Filoloxía hispánica (galaico-portuguesa) (mérito).

462 Mestre (coa habilitación de lingua galega, Orde do 25-11-1997, DOG nº 246) (mérito).

494 Licenciado en socioloxía (mérito).

499 Titulado superior (mérito).

501 Lcdo. dereito (mérito).

524 Diploma de inspector.

640 Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

641 Para persoal doutra Administración, curso de iniciación de galego (R.I.).

649 Experiencia tradución entre galego e castelán.

651 Exp. serv. of. traduc.

970 Licenciado/a en biblioteconomía (mérito).

Código - Descrición doutras administracións.

A11 Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

A12 Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e Administración local.

A17 Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e persoal docente con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

A20 (1) Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e persoal funcionario da Administración e servizos da universidade.

AXG Adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES