DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2007 Páx. 84

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2006 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 27 de abril de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a empresas privadas para a creación, reforma e mellora da infraestrutura hoteleira sita en núcleos históricos en áreas de rehabilitación integral, e se procede á súa convocatoria para o ano 2006.

De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 78.8º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 27 de abril de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a empresas privadas para a creación, reforma e mellora da infraestrutura hoteleira sita en núcleos históricos en áreas de rehabilitación integral e se procede á súa convocatoria para o ano 2006, e que superen os 3.000 euros.

Finalidade da axuda: a subvención dos gastos das accións encamiñadas a fomentar a creación de establecementos hoteleiros en atención ás súas característica arquitectónicas e patrimoniais, así como a súa localización en núcleos históricos, entendendo o concepto de núcleo histórico como área de rehabilitación integral (ARI) así declarada pola Consellería de Vivenda e Solo.

Norma reguladora: Orde do 27 de abril de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a empresas privadas para a creación, reforma e mellora da infraestrutura hoteleira sita en núcleos históricos en áreas de rehabilitación integral e se procede á súa convocatoria para o ano 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 87, do 8 de maio).

Crédito orzamentario: 744.153 A na aplicación orzamentaria 10.06.651A.770.2, distribuídos en 3 anualidades, no ano 2006, 217.291 A, no ano 2007, 206.462 A e no ano 2008, 320.400 A.

Beneficiarios da subvención cunha contía superior a 3.000 euros, e importe da axuda concedida a cada un deles expresada en euros, por orde alfabética:

ANEXO

Subvención

Beneficiario200620072008

Aura Hostelería del Noroeste, S.C.51.757,8051.757,80103.515,60

Rey Suárez, Mª del Rosario28.749,8428.749,8457.499,68

80.507,6480.507,64161.015,28

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2006.

Fernando X. Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria