DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2007 Páx. 84

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2006 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 16 de maio de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións para o fomento de infraestruturas turísticas no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2006.

De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 78.8º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 16 de maio de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións para o fomento de infraestruturas turísticas no medio rural e se procede á súa convocatoria para o ano 2006 e, que superan os 3.000 euros.

Finalidade da axuda: a subvención dos gastos das accións encamiñadas a fomentar o turismo no medio rural que pola súa conceptuación como actividade turística se considera incentivable ao abeiro do Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Norma reguladora: Orde do 16 de maio de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións para o fomento de infraestruturas turísticas no medio rural e se procede á súa convocatoria para o ano 2006 (DOG nº 101, do 29 de maio).

Crédito orzamentario: 1.000.000 A na aplicación orzamentaria 10.06.651A.770.0, distribuídos en 3 anualidades, no ano 2006, 400.000 A, no ano 2007, 300.000 A e no ano 2008, 300.000 A.

Beneficiarios da subvención cunha contía superior a 3.000 euros, e importe da axuda concedida a cada un deles expresada en euros, por orde alfabética:

ANEXO

Subvención

Beneficiario200620072008Total

Explot. Cinegético Tur. Río Limia, S.L.28.299,4233.015,9933.015,9994.331,4

Total28.299,4233.015,9933.015,9994.331,4

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2006.

Fernando X. Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria