DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2007 Páx. 82

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

DECRETO 251/2006, do 14 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na AC-211 San Pedro (N-VI)-A Pasaxe (N-VI), treito O Burgo-A Pasaxe. (Clave AC/06/035.06).

O 17 de novembro de 2006 o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes aprobou o proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na AC-211 San Pedro (N-VI)-A Pasaxe (N-VI), treito: O Burgo-A Pasaxe. Clave: AC/06/035.06.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, considerándose xustificada a referida declaración pola súa influencia na seguridade viaria, xa que se trata dun treito de concentración de accidentes, actuando de xeito importante na reforma de varias interseccións.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día catorce de decembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo ins-

truído, para efectos de expropiación no proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na AC-211 San Pedro (N-VI)-A Pasaxe (N-VI), treito: O Burgo-A Pasaxe. Clave: AC/06/035.06.

Santiago de Compostela, catorce de decembro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes